San Mamede de Lousada é unha parroquia que se localiza no concello de Carballedo, na comarca de Chantada. Segundo o IGE en 2011 tiña 90 habitantes (47 mulleres e 43 homes), distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 125 habitantes. En 2016 tiña 67 habitantes, 33 mulleres e 34 homes, segundo o INE.
O topónimo fai referencia a un santo, haxiotopónimo, en latín Manmetis. Lousada vén do latín lausata: casas con teitos de lousado.[2]
A igrexa parroquial, situada no lugar de San Mamede, data do último cuarto de século XVIII. Figura como mestre de obras Alonso de Fraguas.[3]
Faíl | Galegos | Lulás | San Mamede | Veiga | Vilagarcía
Aguada (Santa Baia) | Buciños (San Miguel) | Carballedo (Santa María) | Cartelos (Santo Estevo) | Castro (San Cristovo) | Chouzán (Santo Estevo) | A Cova (San Xoán) | Erbedeiro (San Pedro) | Furco (San Gregorio) | Lobelle (San Cristovo) | Lousada (Santiago) | Marzás (Santa María) | Milleirós (San Xoán) | Oleiros (San Miguel) | Pradeda (Santiago) | San Mamede de Lousada (San Mamede) | San Romao de Campos (San Romao) | San Salvador de Búbal (San Salvador) | Santa Baia de Búbal (Santa Baia) | Santa Cristina de Asma (Santa Cristina) | Santa Mariña do Castro (Santa Mariña) | Temes (Santa María) | Veascós (Santa Mariña) | Vilaquinte (Santa María)