Share to: share facebook share twitter share wa share telegram print page

Teatro dos Traballadores de Tampere

Teatro dos Traballadores de Tampere

Nome curtoTTT Editar o valor en Wikidata
Tipoteatro Editar o valor en Wikidata
Parte deHämeenpuisto Editar o valor en Wikidata
Localización
Mapa
 61°29′43″N 23°45′06″L / 61.4953, 23.7517
EstadoFinlandia
Axencia RexionalAxencia administrativa da rexión finesa central e occidental
RexiónPirkanmaa
ConcelloTampere Editar o valor en Wikidata
Datas
Fundación1901 Editar o valor en Wikidata
Persoas e organizacións
Arquitecto/aMartti Jaatinen (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Contacto
Páxina WEBttt-teatteri.fi Editar o valor en Wikidata
RedesFacebook: TampereenTyovaenTeatteri Twitter: ttteatteri Instagram: ttteatteri Editar o valor en Wikidata
Wikidata ]

O Teatro dos Traballadores de Tampere (en finés Tampereen Työväen Teatteri), tamén coñecido polas siglas TTT, é un teatro fundado en 1901 na cidade de Tampere, Finlandia. A súa sede está localizada en Hämeenpuisto nun edificio obra dos arquitectos Marjatta e Martti Jaatinen construído en 1985

Historia

Os inicios do Teatro dos Traballadores de Tampere remóntanse a un club de †eatro dirixido por Kosti Eklund (Elo) na Asociación de Traballadores. Se ben a idea de crear unha compañía de teatro foi formulada xa en marzo de 1901 por un traballador da fábrica de algodón chamado August Lindroos durante unha reunión da Asociación de Traballadores de Tampere, considérase o 27 de setembro de 1901 como a data da fundación coa representación de Anna Liisa da autora nada en Tampere Minna Canth.[1]

Os primeiros anos de inestabilidade finalizaron en 1905, cando a Asociación de Traballadores de Tampere tomouno baixo a súa protección e alugou un novo espazo para as representacións. Un ano despois, en 1906 comezaba o camiño cara á profesionalización cando a actriz do Teatro de Tampere Tilda Vuori foi elixida como directora do teatro.[1]

En 1985 construíuse o edificio que acolle na actualidade o teatro. Localizado en Hämeenpuisto, no centro da cidade, foi obra dos arquitectos Marjatta e Martti Jaatinen[2]

Notas

  1. 1,0 1,1 "MISSIO JA HISTORIA" (en finés). Tampereen Työväen Teatteri. Consultado o 23 de febreiro de 2021. 
  2. "Hämeenpuisto" (en finés). Museovirasto. Consultado o 23 de febreiro de 2021. 

Véxase tamén

Ligazóns externas

Prefix: a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z 0 1 2 3 4 5 6 7 8 9

Portal di Ensiklopedia Dunia

Kembali kehalaman sebelumnya