O Teatro de Comedia de Tampere un teatro fundado en 1991 na cidade de Tampere, Finlandia. A súa sede está localizada no Juhlatalo, un edificio construído en 1897 na rúa Lapintie no barrio de Tampella no centro da cidade.
O Teatro de Comedia de Tampere foi fundado en 1991 por Esko Raipia e Tapio Parkkinen. Inicialmente as representacións celebrábanse no patio da antiga fábrica Frenckell, na Praza Central e na sala de celebracións da Universidade de Tampere. En 1994 trasladouse ao Juhlatalo, un edificio que anteriormente era empregado para festas por parte da compañía Tampella, pasando así a dispoñer dun espazo propio.[1]
No ano 2000 o escenario exterior derrubouse polo peso da neve e tivo que ser reconstruído e doutouse ao escenario e á zona de butacas de teito e paredes fixas.[1] En 2006 púxose en funcionamento o novo escenario principal, un auditorio con 256 asentos renovado baixo a dirección do arquitecto Pertti Neva. O teatro situado no xardín tamén foi ampliado en 2012,[2] pasando a ter capacidade para 800 persoas.[3]
Dende outubro de 2011 o edificio do teatro emprega enerxía xeotérmica. Durante anos empregou a enerxía eólica e no verán de 2015 colocáronse 44 paneis solares.[2]