O Museo Lauri Viita (en finés Lauri Viita -museo) é un museo adicado ao escritor Lauri Viita, está situado no barrio de Ylä-Pispala, na cidade de Tampere (Finlandia). O museo encóntrase na casa na que o autor pasou a súa infancia e nela pode apreciarse a súa vida e a vida en xeral das persoas de clase traballadora de Pispala nos anos 1920 e 1930.[1]
A casa foi construída en 1900 polo pai de Lauri Viita, Emil Viita, e o seu sogro Juho Nikander. A familia trasladouse á vivenda en 1920, catro anos despois do nacemento de Lauri.[1]
A casa renovouse e transformouse en museo en 1977, e ata 2003 este só contaba cunha habitación e a cociña. Foi nese ano cando grazas á axuda financiamentos locais oo museo ampliouse cunha nova estancia cunha exposición permanente adicada á vida e obra do autor.[1]
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
|
---|
Inmobles e lugares senlleiros | |
---|
Prazas e rúas | |
---|
Museos | |
---|
Estadios | |
---|
Artes escénicas | |
---|
Parques e xardíns | |
---|
Pontes | |
---|
Lugares de ocio | |
---|