As sete marabillas do mundo (ou as sete marabillas do mundo antigo) son as máis belas e maxestosas obras artísticas e arquitectónicas realizadas na Antigüidade.
Velaquí a lista das sete marabillas do mundo antigo, ordenadas por data de construción.
A orixe da lista é dubidosa, pero atribúeselle ao poeta grego Antípatro de Sidón, que escribiu sobre estas obras nun poema. Outro documento que contén a lista é o libro De Septem Orbis Miraculis, do enxeñeiro grego Filón de Bizancio. A lista tamén se coñece co nome grego de ta hepta thaemata (as sete cousas dignas de seren vistas). Esta catalogación das marabillas polos gregos debeuse producir entre os anos 150 e 120 aC.
De todas as sete marabillas, a única que resistiu até os días actuais foi a Gran Pirámide de Gizeh, construída hai máis de 4.000 anos. Dos outros monumentos podemos imaxinar o aspecto que tiñan, a partir de descricións en textos antigos e de reproducións estilizadas en moedas. Ese é o caso da estatua de Zeus Olímpico, construída en ouro e marfil, e con 40 pés de altura, do que conservamos ademais de descricións escritas detalladas, a súa reprodución nas moedas de Elis.
A comezos do século XXI o cidadán suízo Bernard Weber promoveu a selección das novas sete marabillas do mundo, que viría substituír esta lista. Esa decisión foi tomada pola Unesco o 7 de xullo de 2007.
Tal como con outras listas, non existe consenso sobre sete marabillas naturais. Unha das listas foi compilada pola CNN [1]: