Segundo Imperio Francés

Modelo:Xeografía políticaSegundo Imperio Francés

HimnoPartant pour la Syrie (en) Traducir Editar o valor en Wikidata

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 48°51′23″N 2°21′08″L / 48.8564, 2.3522
CapitalParís Editar o valor en Wikidata
Poboación
Lingua oficiallingua francesa Editar o valor en Wikidata
Datos históricos
Precedido por
Creación2 de decembro de 1852 Editar o valor en Wikidata
Disolución4 de setembro de 1870 Editar o valor en Wikidata
Sucedido porTerceira República Francesa Editar o valor en Wikidata
Organización política
Forma de gobernomonarquía constitucional
monarquía dual Editar o valor en Wikidata
• Xefe de estadoNapoleón III (1852–1870) Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoParlamento da França (pt) Traducir , Editar o valor en Wikidata
Moedafranco francés Editar o valor en Wikidata

O Segundo Imperio Francés foi un réxime imposto por Luís Napoleón Bonaparte en Francia entre 1852 e 1870, isto é entre a Segunda e Terceira República Francesa. Mentres que é Presidente da República, e en oposición coa Asemblea Nacional, Luís Napoleón Bonaparte organiza o Golpe de Estado do 2 de decembro de 1851, que permítelle impoñer unha nova Constitución, e impoñer o Segundo Imperio Francés. A primeira metade desta nova etapa é unha etapa autoritaria, mentres que a segunda metade tratase dun imperio máis liberal. A fin do Segundo Imperio chega trala guerra con Prusia de Otto von Bismarck, unha potencia ascendente en Europa fronte ao declive de Francia. Coa captura do emperador Napoleón III na batalla de Sedán se pon fin ao imperio. A Terceira República Francesa é declarada o 3 de decembro de 1870.

Historia

Desenvolvemento do Imperio

Napoleón III

O establecemento dun novo imperio foi aprobado nun referendo. A partir de aquí houbo unha gran represión sobre os grupos opositores. Ao igual que o Primeiro Imperio Francés, este foi contestado por boa parte da opinión pública. Para mantelo houbo que manter unha autoridade máis forte, polo que Napoleón III transformou o seu goberno nun réxime autoritario que conseguiu basearse no apoio do exército, que perdera boa parte das súas ideas liberais e quería títulos e compensacións. Tamén foi apoiado pola burguesía, que valoraba máis a nova orde social establecida así como a prosperidades económica do ámbito internacional. A Igrexa foi o terceiro apoio, pois viu favorecida unha nova alianza reflectida no apoio dado ao presuposto clereo e as escolas relixiosas. Durante o Segundo Imperio prodúcese un forte desenvolvemento dos medios de transporte, así como unha bonanza económica. Increméntase a rede bancaria e se firman acordos con Inglaterra en 1860 que fomentou o comercio internacional.

Deterioración e caída

A caída comeza cara 1860 por medidas de política interna, posto que aínda que tiñan o apoio dos republicanos e obreiros, chocaban cos católicos e a burguesía financeira. Ademais disto, a política exterior tivo unha serie de fracasos importantes; tamén se conta nese aspecto, que o declive do imperio comezou desde o inicio da expedición a México, xa que alí o imperio sufriu a súa primeira derrota militar (desde a batalla de Waterloo) na batalla de Puebla o 5 de maio de 1862, a mans de tropas mexicanas, pola que Francia se converteu en obxecto de burla de toda Europa. No aspecto militar, as cousas xa non serían iguais logo dese acontecemento, hai problemas en Italia, a estrepitosa derrota na guerra de México culminou coa execución de Maximiliano en 1867 e a terrible Guerra Franco-Prusa de 1870 coa que Napoleón III foi vencido totalmente.

As derrotas producíronse por falta dun exército preparado así como de aliados, ao igual que polas contradicións da política de Napoleón III (en contra das unificacións r en contra de Europa). O caso é que, en 1870, Napoleón capitula na Sedán e é feito prisioneiro.

A partir de aquí establecese un goberno provisional por parte das autoridades legais do Imperio, pero o sector republicano invade a Asemblea e proclama a Terceira República Francesa en 1870.

Casado con Eugenia de Montijo (condesa de Teba), unha nobre española de ascendencia escocesa e española, Napoleón III tivo un fillo, Napoleon Eugène, 18561879, que, á súa morte, se converteu en xefe da familia e foi chamado polos seus partidarios Napoleón IV.

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!