San Xosé de Ribarteme é unha parroquia que se localiza no concello das Neves. Segundo o padrón municipal de 2008 tiña 286 habitantes (138 mulleres e 148 homes), distribuídos en 19 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 2004 cando tiña 314 habitantes.
No tocante á súa xeografía posúe dous elementos relevantes: o monte San Nomedio, de 690 metros de altitude e que domina toda a parroquia, e o río Termes, afluente do Miño e que transcorre por ela.
Nesta parroquia naceu o sacerdote Manuel Gómez González.
Romarías
| Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Cada 29 de xullo celébrase a romaría de Santa Marta, que posúe como singularidade unha famosa procesión de cadaleitos arredor da igrexa parroquial. Dentro dos cadaleitos van persoas vivas que deste xeito agradécenlle á santa a súa axuda na cura dalgunha doenza. Trátase dunha das romarías máis antigas de Galiza. Segundo o xornal británico The Guardian trátase da segunda festa máis curiosa do mundo [2] e foi, ademais, obxecto dun documental que a produtora catalá Mago Productions encargou aos profesores australianos Claudia Terstappen e Greg Wallif[3]
Galería de imaxes
-
-
Bubela fotografada en San Xosé de Ribarteme
-
Igrexa
-
O Coto de Lobos
-
Lugares e parroquias
Lugares de San Xosé de Ribarteme
Parroquias das Neves
Notas
Véxase tamén
Outros artigos