Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:
As Pedriñas.
As Pedriñas é un lugar da parroquia de San Xosé de Ribarteme no concello pontevedrés das Neves. Segundo os datos do Instituto Galego de Estatística do ano 2008 atópase despoboado.
Conta cunha ermida do século XIX restaurada na década de 1990, mais pechada ao público. Tamén foi restaurada a vella escola adxacente co obxectivo de a converter nun centro social para a parroquia que nunca chegou a abrir. Desde o eirado que rodea a estas dúas construcións pódese enxergar unha vista panorámica da parroquia.
Lugares e parroquias
Lugares de San Xosé de Ribarteme
Parroquias das Neves