Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:
Cernada.
A Cernada é un lugar da parroquia de San Xosé de Ribarteme no concello pontevedrés d'As Neves. Segundo o Instituto Galego de Estatística do ano 2008 ten 26 habitantes (16 homes e 10 mulleres).
Situada na aba do monte San Nomedio, é a aldea da parroquia a maior altitude.
Toponimia
O topónimo galego Cernada (da voz medieval *cinerata, do latín cinis) indica unha terra queimada para o seu poboamento.[1]
Lugares e parroquias
Lugares de San Xosé de Ribarteme
Parroquias das Neves
Notas