Vide, As Neves

Vide
Igrexa de Santa María de Vide
ConcelloAs Neves[1]
ProvinciaPontevedra
Coordenadas42°05′00″N 8°23′31″O / 42.0832951, -8.3919168
Área3,4 km²
Poboación404 hab. (2017)
Densidade118,82 hab./km²
Entidades de poboación32[1]
editar datos en Wikidata ]

Santa María de Vide é unha parroquia que se localiza no concello das Neves. Segundo o padrón municipal de 2008 tiña 492 habitantes (262 mulleres e 230 homes), distribuídos en 26 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 2004 cando tiña 482 habitantes.

Xeografía

Colleita en Vide.

Vide limita ao leste coa parroquia de Sela (Arbo), ao oeste co río Termes, ao norte cos montes de San Fins e Odrago e ao sur co río Miño. É de terras chans.

Historia e patrimonio

No Coto do Galo, na parte alta da parroquia, hai varios petróglifos.

A igrexa parroquial é de orixe románica e foi reformada no 1782, sendo cura párroco Joaquín Cabeza de Vaca. No seu interior, a bóveda vai decorada cuns frescos. No muro do adro, sobre un fuste duns 3 metros de altura, hai un reloxo de sol de gran tamaño dividido en catro partes, formando ángulos rectos, que ata fai ben pouco servía como indicador das horas de rega. É do século XIII, da época da primeira construción da igrexa.

Os campos da parroquia están regados por unha cal que percorre 6 quilómetros, partindo desde o extremo norte da freguesía de San Xosé de Ribarteme. Segundo a tradición foi creada durante a romanización de Galicia.

Por esta parroquia pasa o camiño dos Frades, unha ruta de 15 km que sae da capela de San Manuel, en Medáns (Setados), e vai cara ao santuario da Franqueira (A Cañiza). O camiño foi percorrido pola raíña Sabela de Portugal no século XII como variante da vía portuguesa do camiño de Santiago. Desde Porto e Braga cruzando o Miño por unha antiga ponte de madeira no lugar da Barca Nova, en Medáns. A partir de aquí continuaba ata A Franqueira, onde descansaba no mosteiro para proseguir camiño cara a Pontevedra en dirección a Santiago de Compostela.

Festas

Tractorada de Vide 2011.

As festas patronais celébranse os días 14, 15 e 16 de agosto; e as dúas semanas anteriores organízanse actividades culturais como camiñadas, tractoradas ou maratóns.

Lugares e parroquias

Lugares de Vide

Lugares da parroquia de Vide no concello das Neves (Pontevedra)

A Adega | A Aldea | As Barreiras | Barxa | Bermuín | A Carrasqueira | O Casal | A Chan | A Chan de Vide | A Chanciña | A Costa | O Coto | A Escaravelleira | A Gandra | A Igrexa | O Lugar | Miranciños | Panchóns | As Pontaleiras | A Ponte | A Porteliña | Prado | Quinta | Requeixo | Riba do Eido | As Rozadas | O Souto | A Toxeira | A Val | As Viñas | O Xestal | Xestosa

Parroquias das Neves

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias das Neves

Batalláns (Santa Eulalia) | Cerdeira (San Xoán) | Liñares (Santa María) | As Neves (Santa María) | Rubiós (San Xoán) | San Cibrán de Ribarteme (San Cibrán) | San Pedro de Batalláns (San Pedro) | San Xosé de Ribarteme (San Xosé) | Santiago de Ribarteme (Santiago) | Setados (Santa Euxenia) | Taboexa (Santa María) | Tortoreos (Santiago) | Vide (Santa María)

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!