Refraneiro galego sobre o porco
Abre o porco, verás o teu corpo
A todo porco chégalle o seu San Martiño
San Antonio co seu porco ía por un camiño, i o porco ía decindo: non me comas o touciño.
A bo porco, boa landra [ 1] .
A cada porco chégalle o seu San Martiño [ 2] [ 3] .
A cada porco lle chega o seu San Martiño [ 3] .
A quen porcos lle faltan, touzas lle roncan [ 4] .
A todo porco chégalle o seu San Martiño .
A todo porquiño lle chega o seu san Martiño .
A tódolos porcos lles chega o seu San Martiño .
Abre o porco, verás o teu corpo .
Abril mata o porco no cobil e maio mátao dun ano [ 5] .
¡Alegría alegrote, que o rabo do porco está no pote!
Anaco de touciño pide trago de viño [ 6] .
Ano acabado e porco cebado, son contento e regalo [ 7] .
Ano de landras, ano de graxas [ 7] [ 8] [ 9] .
Antes de pan viño, antes de viño touciño, e antes touciño que liño .
Antes o pan que o viño e antes o touciño que o viño [ 10] .
Antes pan que viño, antes viño que touciño, e antes touciño que liño [ 10] .
Ao lacón e ao touciño, grolos de viño [ 11] .
As verzas quéroas untadas; as patacas, fariñentas e pra compango do porco, quero costelas salpresas [ 12] .
Auga de maio, mata o porco dun ano .
Auga en maio mata o porco dun ano [ 13] .
Ave por ave, o porco, se voase [ 14] .
Bacoriño no celeiro non quer compañeiro [ 15] .
Ben boa vida pasa o porco, e máis dorme no cortello [ 1] .
Bicos de porco non chegan ó ceo .
Cabrito de mes, porco de tres, muller de dezaoito e home de vinte e tres .
Cada porco ten o seu san Martiño [ 1] .
Caldo sin grasa, pan sin tasa [ 16] [ 17] .
Ceba o porco dende agosto se queres que estea gordo [ 1] .
Ceba o teu porco dende agosto se queres que teña bo lombo .
Ceba o teu porco dende o mes de agosto, se queres que teña bo lombo [ 1] .
Ceba o teu porco polo agosto se queres ter bo porco [ 1] .
Coa axuda dos veciños, sóbense os gatos os touciños [ 6] .
Coas xarapadas de abril, mexa o porco no cubil [ 18] .
Comer osos da soá, barba untada e barriga vá [ 19]
Comerás do porco e mudarás de acordo [ 1] .
Comerciante e porco, despois de morto [ 1] .
Dálle ó porco do caldeiro, e non do Ribeiro [ 1] .
Das carnes o carneiro, dos peixes o mero, das aves a perdiz e mellor a "codorniz" e se o porco voara a todos lle ganara .
Dazasete de xaneiro, Santo Antón lacoeiro .
De Lestrobe, nin bo porco nin bo home [ 20] [ 21]
De pais porcos, fillos marranos [ 22] .
De rabo de porco nunca bo virote [ 23] .
Despois de Santa María, non tóque-lo porco da ría [ 24] .
Día de santo Tomé, colle o porco polo pé [ 25] .
Día de santo Tomé ó porco polo pé [ 1] .
Díxolle o touciño ó viño: ben veñas, amigo [ 1] .
Do mar, o salmón, e da terra, o lacón [ 26] .
En abril, a sardiña val pernil [ 27] .
En abril inda está o porco no cubil [ 28] .
En abril, mata o porco no cubíl, e en maio, mátao dun ano [ 29] .
En abril ronca o porco no cubil .
En agosto, o porco pon o entrecosto [ 30] .
En maio o porco vai ó tallo .
En maio, nin xantar á mesa sin viño nin pote ó lume sin touciño .
En martes, nin porco mates, nin churra botes que pitos saque [ 31] .
En martes nin te cases nin te embarques nin o teu porquiño mates [ 27] .
En martes non te cases nin te embarques, nin o teu cocho mates, nin o teu pan cozas, nin a túa tea urdas, nin a túa filla cases, nin dos da túa casa te apartes .
En martes non te cases, nin te embarques, ni o teu porquiño mates [ 31] .
En xaneiro media arca e medio palleiro e o porco enteiro .
Entrecostos e soás, son honra das mesas e ósos pros cás [ 32] .
Febreiro curto, cos teus días vinteoito, se duraras máis catro, non quedaba can nin gato. Pois deixa, que agora vén meu irmau abril que che ha de matar o porco dun ano no cubil [ 33] .
Fillo de porco, marrau de seguro .
Home sen fortuna: parto de porca en maio e da muller na seitura .
Hoxe, cabaleiro, e onte porqueiro [ 34] .
Marzo marzán, pola mañán cara de porco e pola tarde cara de can .
Marzo marzoso, pola mañán cara de porco, polo serán cara de vran [ 35] .
Muller gobernadeira, domingo de Antroido lava a salgadeira .
Nadal sen porco non veñan moitos .
Namentras capo non asubío [ 15] .
No abril, mata o porco no cubil, e no maio mátao dun ano [ 28] .
No mes de Santos sacha a horta e capa o rancho .
No mes dos mortos mata os teus porcos .
No mes dos Santos e Defuntos mata os teus porcos e vai facendo bo caldo cos untos .
No mes morto nin sáche-lo horto nin cápe-lo porco .
No Nadal, alegrote, alegrote, que hai viño na cuba e chourizos no pote .
No san Martiño, porco e viño .
No san Xoán deixa o touciño e come pan .
No santo Tomé, agarra o porco polo pé .
Non dá morcilla o que non mata porco .
Non hai cocho bon nin ruín que non lle chegue o seu sanmartín .
Non quero bácoro que ande con chocallo [ 36] .
Non se fixo o mel pró fuciño do porco [ 37] .
Non ten entrecosto o que non mata porco [ 32] .
Ó ano torto, horto; ó torto torto, cabra e horto; e ó torto retorto, cabra, horto e porco [ 7] .
O boi e o leitón, en xaneiro crían riñón .
O caldo, engrolado, pros porcos é un bo bocado [ 17] .
O can afeito ó touciño, anque lle pele o fuciño [ 38] .
Ó chegar o San Martiño, mátase o porco e próbase o viño [ 3] .
O cocho, no agosto pon o entrecosto [ 39] .
O día de San Lucas mata o teu porco e barra as túas cubas [ 40] [ 41] .
O frío de abril mata o porco no cubil .
O frío de abril mata o porco no seu cubil [ 28] .
O home e o porco non se conocen ata despois de morto .
Ó lacón e ó touciño, tragos de viño [ 42] .
O máis ruín porco topa unha boa landra [ 1] .
Ó matar o porco, praceres e xogos; ó comer as morcillas trouladas e risas; e ó pagar o porco, pesares e choros [ 1] .
Ó matar os porcos, praceres e xogos; ó comer as morcillas, praceres e risas; e ó pagar os diñeiros, doos choriqueiros .
O neno i o bacoriño, van a onde lle dan un bocadiño [ 43] .
O pato e o leitón, canto máis axiña vai á cazola, millor [ 44]
Ó porco dalle de comer se o has de manter [ 1] .
O porco de maio coa súa nai vai ó tallo .
O porco débelo manter se ti o has de comer [ 1] .
O porco do mes de maio vai ó tallo .
O porco en agosto pon o entrecosto .
O porco i o sogro quixéraos mortos [ 1] .
Ó porco i o xenro ábrelle a porta, que xa él virá cedo [ 1] .
Ó porco manteno, e non lle contes o tempo [ 1] .
O porco no agosto pon o entrecosto [ 1] .
O porco que é pró lobo non hai san Antón que o garde [ 1] .
O porco sarnento revolve o cortello [ 1] .
O que non mata porco, non da morcilla nin entrecosto [ 1] .
O que nunca tivo nada, e chega ter un cochiño, anda sempre pola rúa, currí, currí, currichiño .
O que nunca tivo nada, e agora ten un porquiño, anda todo o día, currichí, currichiño .
O que porco nace porco morre .
Ó que porcos lle faltan, touzas lle roncan .
O que queira ter bo entrecosto que cebe no agosto [ 32] .
O que queira un bo entrecosto que o meta no mes de agosto .
O rico que queira empobrecer, que cebe porcos pra vender .
O sogro e o porco soio son bos despois de mortos .
O touciño fai o caldo [ 6] .
Ó touciño, mételle tragos de viño [ 6] .
Onde coidas que hai touciños, hai estacas [ 6] .
Onde hai touciños non hai corres [ 6] .
Onde pensas que hai touciños, non hai tornos pra colgalos [ 6] .
Os aires de abril fan meter o porco no cubil .
Os porcos e os grelos, peores se marelos .
Ós porcos non se lle dá, préstaselle .
Ósos de soán, barba untada e barriga en van .
Pola santa Lucía xa o caldo alumía .
Polo abril ronca o porco no cubil [ 28] .
Polo san Andrés agarra o porco polos pés, e se non o queres matar, déixao para Navidá .
Polo san Andrés hai porcos gordos para vender .
Polo san Andrés mata o teu porco coma o tes .
Polo san Andrés mata o teu porco como é .
Polo san Lucas, mata o teu porco e barra as túas cubas [ 1] .
Polo san Lucas solta os bois, mata os porcos e tapa as cubas [ 45] .
Polo san Martiño, mata o teu porquiño .
Polo San Martiño mata o teu porquiño e bebe o teu viño [ 3] .
Polo san Martiño, mete o porco no cortelliño.
Polo San Miguel sabe o touciño a mel [ 46] .
Polo San Simón proba o viño, i o porco polo San Martiño [ 47] .
Polo san Tomé colle o porco polo pé [ 1] .
Polo san Tomé dálle ó porco polo pé .
Polo santo Tomé, dálle polo pé e se non é groso, nunca é .
Por san Andrés, agarra o porco polos pés; e se non o queres matar, déixao pra Navidá [ 1] .
Por san Andrés, quen non ten porco, mata a muller .
Por San Andrés, toma o porco polo pé [ 48]
Por san Lucas, alza o boi da suca, mata o porco e tapa a cuba .
Por san Martiño mata o teu porquiño e proba o teu viño .
Por san Pedro, o cocho no medio .
Por san Simón e por san Xudas, mata ó teu porco e atesta as túas cubas .
Por san Simón e san Xudas, mata o teu porco e atesta as túas cubas .
Por Santos, sacha a horta e capa o rancho [ 49] .
Porca de xaneiro vai ca súa mai ó fumeiro .
Porca no maio vale máis nos comenzos que no cabo [ 50] .
Porco agostado é medio cebado .
Porco de febreiro vai co seu pai ó fumeiro [ 1] [ 51] .
Porco de xaneiro vai ca súa mai ó fumeiro .
Porco fiado ronca todo o ano [ 1] .
Porco fiado, inverno e verau malo [ 1] .
Porco limpo nunca engorda [ 1] .
Porco que está sen cebar non se debe matar [ 1] .
Porco que se está cebando, non hai San Antón que poida gardalo [ 1] .
Porcos e xenros, Dios os acerte .
Pra matar o porco tanto ten o día de santa Lucía como pró outro día .
Pra o porco e a galiña, que pase a Santa Mariña .
Pro ruín porco sempre hai unha boa castaña [ 1] .
Quen porco nace, porco morre .
Quen soilo ten un porco faino gordo [ 1] .
San Antón a san Roque meteulle preito porque ó seu porquiño traboullo o cadelo .
San Antonio co seu porco ía por un camiño, i o porco ía decindo: non me comas o touciño .
San Simón proba o viño e o porco san Martiño .
San Xoán come pan e san Andresiño touciño .
San Xoán garda a chave do pan, san Martiño a do viño e san Andrés a do porquiño .
Santa Lucía anda co porco á porfía .
Santiago manda o pan, san Migueliño manda o viño, san Francisco manda a landre e san Andrés o touciño .
Santo Tomé, agarra o cocho polo pé .
Se no Samartiño non matas cocho ou año, coa fame levarate o diaño .
Se non matas porco, non terás entrecosto [ 1] .
Se o deixaran, vendía o porco de san Antón [ 52] .
Se o porco voara non houbera ave que coel se igualara .
Se queres colle-lo entrecosto, empeza a cebar en agosto .
Se queres graxiña, cébao na santa Mariña .
Se queres ter bo lombo, ceba o porco desde agosto .
Se queres ter un bo porco, cébao no mes de agosto .
Sempre ó porco máis ruín halle tocar unha castaña boa .
Sempre un porco ruín atopou unha belota boa [ 53] .
Sempre un porco ruín ha topar cunha boa castaña .
Si comes porco en febreiro, frío polo invernadeiro .
Sol de xaneiro, porco ó bulleiro [ 54] .
Tallada de touciño quer gulapo de viño [ 6] .
Tanto dá touciño como soá [ 6] .
Teña eu porcos anque non teña ollos [ 1] .
Ti dona i eu dona, ¿quén botará o porco fóra? [ 55] .
Tres anos hai que me casei, e que porco non matei: este ano, i o pasado i o ano que me casei [ 1] .
Un porco é unha botica [ 1] .
Unto de porco e mel das abellas fervidos en viño e ... ¡fóra catarreira!
Veñen os porcos do monte botarnos da nosa corte [ 1] .
Viño acedo, touciño vello e pan centeo, sosteñen a casa en peso [ 47] .
Notas
↑ 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 1,10 1,11 1,12 1,13 1,14 1,15 1,16 1,17 1,18 1,19 1,20 1,21 1,22 1,23 1,24 1,25 1,26 1,27 1,28 1,29 1,30 1,31 1,32 1,33 1,34 1,35 1,36 1,37 Eladio Rodríguez González, s. v. porco .
↑ En sentido figurado, significa que ó final todo o mundo ten o seu merecido.
↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 Eladio Rodríguez González, s. v. San Martiño .
↑ Cando se busca algo con moito interese, calquera cousa nos fai pensar que xa o atopamos. Elixio Rivas Quintas (1978).
↑ Juan Sobreira Salgado: Papeletas . No texto: mayo , matô .
↑ 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 6,6 6,7 6,8 Eladio Rodríguez González, s. v. touciño .
↑ 7,0 7,1 7,2 Eladio Rodríguez González, s. v. ano .
↑ Real Academia Galega, s. v. ano .
↑ Eladio Rodríguez González, s. v. landra .
↑ 10,0 10,1 Eladio Rodríguez González, s. v. pan .
↑ X. L. Franco Grande, s. v. lacón .
↑ No texto: berzas .
↑ Eladio Rodríguez González, s. v. auga .
↑ Eladio Rodríguez González, s. v. ave .
↑ 15,0 15,1 Saudade nº 3, maio 1943, 24-25.
↑ Marcial Valladares Núñez (1884), s. v. caldo .
↑ 17,0 17,1 Eladio Rodríguez González, s. v. caldo .
↑ Elixio Rivas Quintas (1978). Define xarapada como chuvieira forte e fría.
↑ Eladio Rodríguez González, s. v. soá .
↑ Angueira, Anxo (2012). Iria . Vigo : Xerais . p. 239.
↑ Angueira, Anxo (2002). Terra de Iria. Viaxe ó país de Rosalía de Castro . Vigo: A Nosa Terra . p. 56.
↑ Elixio Rivas Quintas (1988).
↑ Eladio Rodríguez González, s. v. rabo .
↑ Santa María, 15 de agosto. O refrán refírese ó mexillón e outros mariscos e está relacionado co consello de non comer marisco nos meses con r , que comezan, precisamente, ó rematar agosto.
↑ Santo Tomé, 21 de decembro.
↑ Clodio González Pérez, 142.
↑ 27,0 27,1 Lino Lema Bouzas, 4.
↑ 28,0 28,1 28,2 28,3 Eladio Rodríguez González, s. v. abril .
↑ Real Academia Galega, s. v. abril . No texto: mayo , matao , de un .
↑ Eladio Rodríguez González, s. v. agosto . No texto: pón .
↑ 31,0 31,1 Eladio Rodríguez González, s. v. martes .
↑ 32,0 32,1 32,2 Eladio Rodríguez González, s. v. entrecosto .
↑ Elixio Rivas Quintas (1978).
↑ Eladio Rodríguez González, s. v. cabaleiro .
↑ Eladio Rodríguez González, s. v. marzo .
↑ Eladio Rodríguez González, s. v. bácoro .
↑ Eladio Rodríguez González, s. v. mel .
↑ Eladio Rodríguez González, s. v. can .
↑ Real Academia Gallega, s. v. agosto .
↑ "Barrar as cubas " é tapar calquera greta ou abertura que poida ter a cuba para asegurar a súa hermeticidade. Facíase con lama ou pez.
↑ Eladio Rodríguez González, s. v. día.
↑ Eladio Rodríguez González, s. v. lacón .
↑ Eladio Rodríguez González, s. v. neno .
↑ Eladio Rodríguez González, s. v. pato .
↑ Eladio Rodríguez González, s. v. San Lucas .
↑ Eladio Rodríguez González, s. v. San Miguel .
↑ 47,0 47,1 Eladio Rodríguez González, s. v. viño .
↑ San Andrés, 30 de novembro.
↑ Eladio Rodríguez González, s. v. Santos .
↑ Chámase porca de maio ó temporal que adoita producirse nese mes (Elixio Rivas Quintas 1988).
↑ O fumeiro e a estrutura de paus ou táboas que se coloca na cambota da lareira para curar ou secar chourizos
↑ Disque este refrán se aplicaba a un crego moi amigo dos cartos.
↑ Porque a peor xente é a que máis sorte ten. Elixio Rivas Quintas (1978).
↑ Bulleiro é terra chea de lama.
↑ Eladio Rodríguez González, s. v. dona .
Véxase tamén
Bibliografía
ANÓNIMO: Saudade. Verba Galega nas Américas , México 1942-1953. Ed. facsímile do Centro do Ramón Piñeiro 2008.
FRANCO GRANDE, Xosé Luís : Diccionario galego-castelán , 2ª ed., Galaxia, Vigo 1972.
GONZÁLEZ PÉREZ, Clodio : “O refraneiro do mar”, en Coloquio de etnografía marítima , cap. 12. Museo do Pobo Galego 1988, 137-147.
LEMA BOUZAS, Lino (compilador): Ditos e cantigas mariñeiras . I Encontro de embarcacións tradicionais, Galicia 1993.
RIVAS QUINTAS, Elixio : Frampas, contribución al diccionario gallego , CEME, Salamanca 1978.
RIVAS QUINTAS, Elixio : Frampas II, contribución al diccionario gallego , Alvarellos, Lugo 1988.
RODRÍGUEZ GONZÁLEZ, Eladio : Diccionario enciclopédico gallego-castellano , Galaxia, Vigo 1958-1961.
SOBREIRA, Juan : Papeletas de un diccionario gallego (1792-1797), ed. de J. L. Pensado Tomé, Instituto de Estudios Orensanos, Ourense 1979.
VALLADARES NÚÑEZ, Marcial : Diccionario gallego-castellano , Santiago, Imp. Seminario Conciliar 1884.
Etnografía galega
Meses do ano Cores Animais Alimentos Vexetais Outros