Refraneiro galego sobre o cabalo
Dous cabalos rifadores, non poden xuntos comer
Poldro
A besta amatada, de lonxe ve vir a albarda [ 1] .
Á besta axionllada ponlle máis carga [ 1] .
Á besta boa, dálle vara i espora [ 1] .
Á besta cargada, a cincha mátaa [ 1] .
Á besta comedora, pedras na cebada [ 1] .
A besta e a muller, que a preste quen quixer [ 1] .
Á besta golosa, taleiga de area [ 1] .
A besta leva ben a carga, mais non a sobrecarga [ 1] .
A besta mala, espora e vara [ 1] .
A besta non pregunta quen a monta [ 1] .
A besta pola carga, e o home pola palabra [ 1] .
A besta preñada cargala ata que para; e dispois de parida, cargala cada día [ 1] .
A cabaleiro novo, cabalo vello [ 2] .
A cabaleiro vello, cabalo novo [ 2] .
A cabalo alleo, espora propia [ 3] .
A cabalo cansado, mudarlle o prado [ 3] .
A cabalo comedor, ronzal curto [ 3] .
A cabalo dado non lle míres o dente [ 4] [ 5] .
A cabalo grande, esporas grandes [ 3] .
A cabalo morto, cebada ó rabo [ 3] .
A cabalo novo, cabaleiro vello [ 3] .
A cabalo regalado non lle miran o dente .
A cabalo regalado non se lle mira o dente .
A cabalo vello, pouca ferraia e moita cebada [ 3] .
A cabalo vello, pouco verde [ 3] .
A home parlanchín e faco relinchón, pouca cebada e moito albardón [ 6] .
A ida de Paio Gomes, fora a cabalo e veu nas alforxas .
A mala besta no bo camiño entropeza [ 1] .
A millor besta dá coa carga no chan [ 1] .
A millor besta, quer aguillón, e a millor muller, quer varón [ 1] .
A moza, pra festa; e pra casa, a besta [ 7] .
Á muller, á cabala e á mula, pola boca lle entra a fermosura .
A muller e a besta a ninguién se empresta [ 8] .
A muller e a besta que a empreste quen queira [ 8] .
A viña i o poldro que os críen outros [ 9] .
A vista do amo engorda o cabalo .
Abril chove prás xentes, e maio prás bestas [ 10] .
Agora que ten poldro parece outro [ 11] .
Amigo de verba, cabalo de herba e casa de terra, todo é merda .
Arrédate dos pés da besta, así da grande como da pequena [ 1] .
Azadós moi relocentes, escaleiras dos xuzgados, auntamentos con musgo, o panadeiro a cabalo, o médico de pé: o universo ben gobernado .
Ben sabe a besta a quen leva, i o demo a quen atenta [ 1] .
Besta alegre, deitada apasta [ 1] .
Besta de arrieiro vai sempre en recua e nunca sabe o que leva [ 1] .
Besta de herba, besta de merda [ 1] .
Besta de herba, besta de perda [ 1] .
Besta de Liñares, mora de Mellide, e troita de Furelos, arrenegar de todas as tres como de todos os demos [ 12] .
Besta do demo: ¿vas baleira e déitaste? [ 13] .
Besta grande, ande ou non ande [ 1] .
Besta mular, ou comer ou andar .
Besta na corte, non gana e come [ 1] .
Besta parada non fai xornada [ 1] [ 14] .
Besta que anda por calquera chan, pra min a quero, non pra meu irmán [ 1] .
Besta que anda por mal camiño, quéroa pra min e non pro meu veciño [ 1] .
Besta que non poidas manter débela vender [ 1] .
Besta que pouco anda, nunca falta quen a tanga [ 1] .
Besta que xeme, á carga non teme [ 1] [ 15] .
Besta sen cebada, nunca fixo boa cabalgada [ 1] .
Besta vella botala ós toxos [ 1] .
Besta vella non admite ensiño [ 16] .
Besta vella non entra en paso [ 1] .
Bestas en pelo, hainas en Monterroso [ 1] .
Boi corvo, burro combo e cabalo fondo .
Boi frontudo e cabalo cascudo .
Buscas un bo cabalo pra túa égoa, e dás a túa filla ó primeiro que chega [ 3] .
Cabaleiro, en bo cabalo; en ruín, nin bo nin malo [ 2] .
Cabalo á carreira, sepultura aberta [ 3] .
Cabalo alazán non o teñas contigo en San Xoán [ 3] .
Cabalo alleo non come nin se cansa; e se se cansa moito, alá o seu dono [ 3] .
Cabalo corredor, home rifador, vaso de vidro e tinalla de viño, sempre están en perigo [ 3] .
Cabalo de andadura, pouco dura [ 3] .
Cabalo de bamba, que non come, nin bebe nin anda [ 3] .
Cabalo farto, non ten fame [ 3] .
Cabalo grande, ande ou non ande [ 3] .
Cabalo que ha de ir á guerra, nin o come o lobo, nin o malpare a égoa [ 3] .
Cabalo que voa non precisa espora [ 3] .
Cabalo, galgo e fidalgo, bos, pero non medianos [ 3] .
Can, de can vello; e poldro, de cabalo novo [ 17] .
Casa de terra, cabalo de herba e amigo de pousada, non valen nada .
Casa, viño e poldro, fáganos outro .
Cebada do día non fai andar a cabalaría [ 18] .
Cebada do día non fai andar moito á cabalaría .
Cebada e regalo fan o bo cabalo [ 18] .
Come máis pan un día de sol de febreiro, que os cabalos de todo o reino [ 19] .
Come máis un día de sol en febreiro que cantos cabalos ten o reino .
Como come a besta, dío a besta [ 1] .
Couces de égoas non matan poldros .
Da besta, a mular, e do home, o de pouco falar .
De home maricas e de muller cabalón, libértanos Señor .
De pai bodegeiro, fillo cabaleiro e neto limosneiro .
Deus nos deixe andar a cabalo de quen o entende [ 3] .
Deus nos deixe andar dacabalo de quen non entende .
Dou ó demo a besta que non gana a cebada [ 1] .
Dou ó demo o poldro que en vendo égoas non relincha [ 11] .
Dous cabalos rifadores non poden xuntos comer [ 3] .
Dous poldros a un can, ben o morderán [ 11] .
Dúas cousas quere o cabalo: paso de andadura e pescozo de galo .
En Deza, nin boa besta nin boa peza [ 1] .
En Lugo, nin boa besta nin bo burro [ 1] .
En maio calquera besta é cabalo [ 20] .
En maio, o barrufeiro faise cabalo [ 21] .
Enxame de maio vale un bo cabalo [ 22] .
Hai cabalos tolos, e burros cordos [ 3] .
Home reñedor, cabalo corredor e pelexo de bon viño nunca fan moito camiño [ 23] .
Home rifador, cabalo corredor, xerro de bo viño e besta de andadura, nunca moito duran [ 6] .
Home viúvo, cabalo picado .
Horta e torta, moza, poldra e muller que mira mal, quérense saber tratar .
Hoxe, cabaleiro, e onte porqueiro [ 2] .
Ir e non vir, como os poldros á feira [ 24] .
Ir por besta e volver por burro é un viaxe papudo [ 1] .
Levou o demo a besta e mais quen a tangue [ 25] .
Mais val a besta que carrexa, que a besta que espoldrexa [ 1] .
Naide turra do rabo do poldro coma seu dono [ 11] [ 26] .
Negra é a pementa e cómena os fidalgos, branca é a neve e trípana os cabalos [ 27] .
Nin besta de soilo herba, nin home de moita verba [ 1] .
Ninguén turra do rabo do poldro coma o seu dono .
No maio, o barrufeiro vólvese cabalo [ 20] .
No mes de maio, nin égoa nin cabalo [ 20] .
No pisar conócese ó cabalo, e o cabaleiro no gobernalo [ 3] .
No seu esterco, o cabalo engorda cando ben repousa [ 3] .
Non amanses poldros nin chúfe-la muller doutro .
Non amanses poldros se queres ter ben os ósos .
Non cabalgues en poldro nin a túa muller gabes a outro .
Non hai besta sin freo nin espora [ 3] .
Non hai millor cabaleiro que don diñeiro [ 2] .
Non pesques con anzó de ouro nin montes poldro novo nin a túa muller gabes a outro .
Non podo dar na besta e mallo na albarda [ 1] .
Non prantes árbores nin amanses poldros, nin chúfe-la muller doutro .
Non prantes árbores nin amanses poldros, nin chúfe-la muller pouco nin moito .
Nunca amanses poldros nin chufes á muller doutro .
Ó amigo e ó cabalo non hai que cansalo .
Ó amigo e ó cabalo non o leves ó teu cabo .
O barrufeiro non lle acai ben ó bo cabaleiro [ 28] .
O barrufeiro, no maio vólvese cabalo [ 28] .
O bo cabaleiro non se axeita nun barrufeiro [ 2] .
O cabalo do mesquiño, farto de auga, mal mantido e ben corrido [ 3] .
O cabalo e a muller, a ninguén se han de ofrecer [ 3] .
O cabalo fai a égoa [ 3] .
O cabalo farto non é comedor [ 3] .
Ó cabalo regalado non se lle mira o dente .
Ó cabalo regalado, cólleo cos ollos pechados .
O cabalo, no seu esterco engorda, cando ben come e repousa .
O cabalo, pando, i o boi, corvado [ 3] .
O cabalo regalado, cólleo cos ollos pechados [ 3] .
Ó home e ó cabalo non hai que apuralo .
O millor penso do cabalo está no ollo do amo [ 3] .
O millor cabalo dá un tropezón [ 3] .
O ollo do amo engorda o cabalo [ 3] [ 29]
Ó poldro i ó mozo, albardón novo e apretado o bozo [ 11] .
O poldro, antes teu que doutro [ 30] .
O poldro, primeiro doutro [ 30] .
O que ameaza ó cabalo, ás veces faino malo [ 3] .
O que dí mal da égoa, ese é quen a merca .
O que fala mal da egua, é o que a leva .
O que non monte a cabalo, nunca se cae do cabalo .
O que soilo come o seu galo, só aparella o seu cabalo [ 31] .
O que ten besta e anda a pé ben burro é [ 1] .
O que ten besta e anda a pé máis besta é [ 1] .
O que ten besta e anda a pé, máis besta el é [ 32] .
O que ten besta soña coa albarda [ 1] .
O que ten bo cabalo, ten que saber montalo [ 3] .
O rocín de maio vólvese cabalo .
Odre de bo viño, cabalo saltador e home rifador, nunca duran moito co seu señor .
Onde égoas pacen, poldros nacen .
Onde hai eguas, nacen poldros .
Onde hai un crego enriba de albarda, sempre hai hora millorada [ 33] .
Onde poldros nacen, égoas pacen [ 11] .
Os couces das égoas non fan dano ós poldros .
Os poldros caíndo i os mozos brincando, van asisando [ 11] .
Pacen os poldros o mesmo us que outros [ 11] .
Para quen é o cabalo, chega ben a ferradura .
Poldro, de poldrela, becerro, de vaca vella [ 11] .
Poltro, de poltrela, e boi, de vaca vella [ 34] .
Polo Santiago non hai mal cabalo [ 35] .
Por un cravo pérdese un cabalo, por un cabalo, un cabaleiro, e por un cabaleiro, un reino .
Quen non monta a cabalo, nunca se cai do cabalo [ 3] .
Quen quer besta sin chata, a pé anda [ 1] .
Quen rico ser queira, estas cousas ha de ter: ovella e abella e a pedra que terbella, egua parideira e muller goberneira .
Quen rico ser queira, que teña egua parideira e muller goberneira .
Renego da besta que no inverno quer sesta
Se os cabalos corren pra Viana, culle os bois e vai á arada; se corren pra Quiroga, culle os naipes e xoga [ 36] .
Se queres saber o que valen os poldros, vende os teus e merca os de outros [ 11] .
Se queres ter un bo poldro, que cho amanse outro .
Se queres un bo poldro, que cho amanse outro [ 11] .
Seis galiñas e un galo comen a ración dun cabalo .
Sete pitas e un galo comen a cebada dun cabalo [ 37] .
Siñal é de boa besta a boa pata e a boa orella [ 1] .
Sogra, cabalo e león, son malos de corazón .
Unha besta non fai feira [ 1] .
Unha besta non quer outra [ 1] .
Xanes e bestas hainos en tódalas aldeas .
Zapato burgués, besta de andadura e amigo cruñés,/ pouco duran todos tres [ 4] .
Notas
↑ 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 1,10 1,11 1,12 1,13 1,14 1,15 1,16 1,17 1,18 1,19 1,20 1,21 1,22 1,23 1,24 1,25 1,26 1,27 1,28 1,29 1,30 1,31 1,32 1,33 1,34 1,35 1,36 1,37 1,38 1,39 1,40 1,41 1,42 1,43 1,44 1,45 1,46 1,47 Eladio Rodríguez González, s. v. besta .
↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 Eladio Rodríguez González, s. v. cabaleiro .
↑ 3,00 3,01 3,02 3,03 3,04 3,05 3,06 3,07 3,08 3,09 3,10 3,11 3,12 3,13 3,14 3,15 3,16 3,17 3,18 3,19 3,20 3,21 3,22 3,23 3,24 3,25 3,26 3,27 3,28 3,29 3,30 3,31 3,32 3,33 3,34 3,35 3,36 3,37 Eladio Rodríguez González, s. v. cabalo .
↑ 4,0 4,1 Real Academia Galega 1913.
↑ Eladio Rodríguez González, s. v. cabalo . No orixinal: mírelo .
↑ 6,0 6,1 Eladio Rodríguez González, s. v. home .
↑ Eladio Rodríguez González, s. v. moza .
↑ 8,0 8,1 Eladio Rodríguez González, s. v. muller .
↑ Eladio Rodríguez González, s. v. viña .
↑ Eladio Rodríguez González, s. v. abril .
↑ 11,00 11,01 11,02 11,03 11,04 11,05 11,06 11,07 11,08 11,09 11,10 Eladio Rodríguez González, s. v. poldro .
↑ J. Leite de Vasconcellos (1845).
↑ Eladio Rodríguez González, s. v. besta . No orixinal: valeira .
↑ Marcial Valladares Núñez. No orixinal: jornada .
↑ Marcial Valladares Núñez. No orixinal: Besta que gème à carga non teme .
↑ Saudade nº 3, maio 1943, 24-25. No orixinal: ademite .
↑ Eladio Rodríguez González, s. v. can .
↑ 18,0 18,1 Eladio Rodríguez González, s. v. cebada .
↑ Eladio Rodríguez González, s. v. febreiro .
↑ 20,0 20,1 20,2 Eladio Rodríguez González, s. v. maio .
↑ Barrufeiro é un cabalo ruín. Eladio Rodríguez González, s. v. maio .
↑ Eladio Rodríguez González, s. v. enxame .
↑ Saudade nº 3, maio 1943, 24-25.
↑ Eladio Rodríguez González, s. v. ir .
↑ Juan Sobreira Salgado: Papeletas . No orixinal: Lebou o demo a besta a mays quen a tangue .
↑ Marcial Valladares Núñez: Nuevo suplemento al Diccionario... . No orixinal: d'o rabo d'o poltro .
↑ Eladio Rodríguez González, s. v. negro .
↑ 28,0 28,1 Eladio Rodríguez González, s. v. barrufeiro.
↑ Eladio Rodríguez González, s. v. ollo .
↑ 30,0 30,1 Eladio Rodríguez González, s. v. poldro. No orixinal: de outro .
↑ Eladio Rodríguez González, s. v. galo .
↑ Marcial Valladares Núñez. No orixinal: tèn, á pè, mais, è .
↑ Eladio Rodríguez González, s. v. crego .
↑ Aníbal Otero Álvarez: Hipótesis .
↑ Eladio Rodríguez González, s. v. Santiago .
↑ Aquí os cabalos son metáfora por nubes.
↑ Elixio Rivas Quintas (2001).
Véxase tamén
Bibliografía
OTERO ÁLVAREZ, Aníbal : "Hipótesis etimológicas referentes al gallego-portugés", en Cuadernos de Estudios Gallegos .
PEREDA ÁLVAREZ, José María : "Aportaciones léxicas y folklóricas al estudio de la lengua gallega", en Douro Litoral 1953, 5ª série, VII-VIII, pp. 19-52.
Real Academia Galega (1913-1928). Diccionario gallego-castellano .
Elixio Rivas Quintas: Frampas III, contribución al diccionario gallego , 2001, no Dicionario de Dicionarios .
Rodríguez González, Eladio (1958-1961). Diccionario enciclopédico gallego-castellano . Vigo: Galaxia.
SOBREIRA, Juan : Papeletas de un diccionario gallego (1792-1797), ed. de J. L. Pensado Tomé, Instituto de Estudios Orensanos, Ourense 1979.
VALLADARES NÚÑEZ, Marcial : Diccionario gallego-castellano , Santiago, Imp. Seminario Conciliar 1884.
Marcial Valladares Núñez: "Nuevo suplemento al Diccionario gallego-castellano publicado en 1884 por D. M. Valladares Núñez", ed. de Mª Carme García Ares en Cadernos de Lingua , Real Academia Galega 2000.
Etnografía galega
Meses do ano Cores Animais Alimentos Vexetais Outros