Díxolle o millo á liñaza: "Ándate tí, espepitada, que ós tres días estás nada". E a liñaza respondeulle: "Seica coma tí, borrón, que tardas sete semanas en salires do torrón".
En Santiago e agosto estroupelear, que é tempo do liño mazar.
"¡Erte, dormiñón, que pasas un mes sen saír a ve-lo sol!", díxolle a liñaza ó millo. "¡Cala trigudilla: pola mañán sementada e pola noite nascida!", díxolle o millo á liñaza[6].
↑Saudade nº 3, maio 1943, 24-25. No orixinal: vel-o, o millo, a liñanza (sic).
↑Fálase máis normalmente das frebas de marzo, nome que se dá ós primeiros días deste mes que adoitan ser tan crus como os do mes de febreiro anterior. Eladio Rodríguez González, s. v. febreiro.
↑Saudade nº 3, maio 1943, 24-25. No texto: éla, ainda.
↑Xaquín Lorenzo Fernández, 55. Tomentos son os restos da limpeza do liño, de ruín calidade; poñer a raiar é poñelos ó sol para que branquexen.
↑Xaquín Lorenzo Fernández, 71. A bagaña é a cápsula, pequena e esférica, que con tén as sementes do liño.
↑Xaquín Lorenzo Fernández, 73. No orixinal: Eih. Despois de arrigar o liño, ponse en feixes e lévase a unha poza onde se mete en auga durante un tempo.
↑Xaquín Lorenzo Fernández, 85. No orixinal: fun do mar. Engade Xaquín Lorenzo que, segundo Bouza Brey, se trata dunha fala de animais na que o paxaro chamado lavandeira dille ó labrego que ten que fiar o liño durante o inverno, mentres el migra ó mar; ademais debe facer que cada suco sexa un regeiro para asegurar que a planta estea sempre mollada.
↑Xaquín Lorenzo Fernández, 89. No orixinal: arriguéi, paséi, erba. Entre a arraiga do liño e o momento de fiar ten que pasar un tempo e distintas operacións para o poñer en condicións de ser fiado.
↑Xaquín Lorenzo Fernández, 90. No orixinal: mazalo.
↑Xaquín Lorenzo Fernández, 235. No orixinal: paséi, erba. Xaquín Lorenzo localízara en Reigosa, pero non identifica este lugar.
↑Xaquín Lorenzo Fernández, 97. Daquela era posible a redención do servizo militar mediante o pago dunha cantidade de diñeiro.
↑Xaquín Lorenzo Fernández, 101. No orixinal: fialo, ven.
↑Xaquín Lorenzo Fernández, 106. O ripanzo é o aparato en forma de peite co que se quita a bagaña do liño; ramallosa é un monte de ramas cortadas das árbores.
↑Xaquín Lorenzo Fernández, 106). Tascar, fiar e asedar son operacións relacionbadas coa preparación do liño.
↑Xaquín Lorenzo Fernández, 118. No orixinal: tocaremolo.
↑Xaquín Lorenzo Fernández, 137. Unha estriga é un pequeno feixe de liño que se pon na roca para fiar. Recarei é lugar da parroquia e concello de Bande.
↑Xaquín Lorenzo Fernández, 252. Xaquín Lorenzo non localiza estes lugares, alleos á Limia Baixa.
↑A Laxe é lugar de Arealonga, parroquia de Vilagarcía; Cornazo é outra parroquia de Vilagarcía. Fonte: Bouza Brey, 179. No texto: mais, c-unha, todal-as.