Peggy Lee (1950) |
|
Nacemento | (en) Norma Deloris Egstrom 26 de maio de 1920 Jamestown, Estados Unidos de América |
---|
Morte | 21 de xaneiro de 2002 (81 anos) Os Ánxeles, Estados Unidos de América |
---|
Causa da morte | infarto agudo de miocardio Diabetes mellitus |
---|
Lugar de sepultura | Westwood Village Memorial Park Cemetery (pt) |
---|
Outros nomes | Peggy Lee Susan Melton |
---|
|
Ocupación | actriz de cinema, locutora de radio, actriz de dobraxe, actriz de televisión, músico de jazz, cantante, compositora de cancións, actriz, artista discográfico |
---|
Período de actividade | 1937 - 2000 |
---|
Membro de | |
---|
Xénero artístico | Música pop e Jazz |
---|
Tesitura | Contralto
|
---|
Instrumento | Voz |
---|
Selo discográfico | Decca Records Capitol Records |
---|
|
Cónxuxe | Dewey Martin (1956–1958) Brad Dexter (1953–1953) Dave Barbour (1943–1951) |
---|
|
|
|
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
---|
Sitio web | peggylee.com |
---|
|
Norma Deloris Egstrom, nada en Jamestown (Dacota do Norte) o 26 de maio de 1920 e finada nos Ánxeles o 21 de xaneiro de 2002, coñecida como Peggy Lee, foi unha cantante de jazz e de música popular estadounidense, así como compositora e actriz.
Lee foi citada como influencia por artistas tan diversos como Bobby Darin, Paul McCartney, Bette Midler, Madonna, k.d. lang, Elvis Costello, Dusty Springfield ou Dr. John. Como compositora colaborou co seu marido, Dave Barbour, Sonny Burke, Victor Young, Francis Lai, Dave Grusin, John Chiodini e Duke Ellington, quen afirmou:
Se eu son o Duke (duque), entón Peggy é a raíña
Como actriz foi candidata ao premio Oscar polo seu papel en Canción triste de Pete Kelly.
Traxectoria
Inicios
Lee era a máis nova de sete irmáns, e atopou na música un escape dos arrebatos da súa madrasta, Min. Comezou a cantar profesionalmente coa radio KOVC en Valley City, Dacota do Norte, e axiña tivo unha serie radiofónica propia co apoio dun restaurante local que lle pagaba o salario con comida. Durante a súa época no instituto aceptou todo tipo de traballos, dende camareira ata cantante noutras emisoras locais. A personalidade radiofónica Ken Kennedy, de WDAY en Fargo, Dacota do Norte[1] (a emisora máis oída do estado) cambiou o seu nome polo de Peggy Lee.[2] Cansa dos abusos da súa madrasta, abandonou o domicilio e viaxou aos Ánxeles aos dezasete anos.
Volveu a Dacota do Norte para que lle fixesen unha amigdalectomía e finalmente foi a Chicago para actuar en The Buttery Room, un club no Ambassador Hotel West, onde chamou a atención do clarinetista Benny Goodman. Uniuse á banda de Goodman en 1941 e permaneceu nela durante dous anos.[3][4]
Carreira discográfica
A comezos de 1942, Lee conseguiu o seu primeiro número 1, "Somebody Else Is Taking My Place," seguido en 1943 por "Why Don't You Do Right?" (orixinalmente cantado por Lil Green), canción que vendeu máis dun millón de copias e a fixo famosa. Cantou con Goodman en dous filmes de 1943, Stage Door Canteen e The Powers Girl.
En marzo de 1943, Lee casou con Dave Barbour, guitarrista da banda de Goodman.[1] Cando Lee e Barbour deixaron a banda, a idea era que el traballase nos estudios e ela se dedicase ás tarefas domésticas e criar a súa filla, Nicki. Finalmente ela ocupouse na composición e en sesións ocasionais de gravación para Capitol Records en 1944, para quen produciu unha longa cadea de éxitos, moitos deles con letra e música de Lee e Barbour, incluíndo "I Don't Know Enough About You" e "It's a Good Day" (1946). Cando gravou o seu número 1 e récord de vendas de 1948 "Mañana", o seu retiro estaba esquecido.
En 1948 uniuse a Perry Como e Jo Stafford como unha das anfitrioas do programa musical da NBC Radio Chesterfield Supper Club.[5][6] Participou tamén regularmente no programa da NBC Jimmy Durante Show na temporada 1947-48. Deixou Capitol durante uns anos a inicios da década de 1950, mais volveu á compañía en 1957. Foi célebre a súa versión do éxito de Little Willie John "Fever",[5][6] á que engadiu as súas propias letras, e a súa interpretación do tema de Jerry Leiber e Mike Stoller "Is That All There Is?" A súa relación co selo Capitol abrangueu case tres décadas, xunto a un breve pero artisticamente rico período en Decca Records (1952-1956),[7] onde gravou un dos seus álbums máis aclamados Black Coffee (1956). Estando con Decca, Lee conseguiu grandes éxitos coas cancións "Lover" e "Mr. Wonderful".
Composición
Lee foi tamén coñecida como compositora de éxitos como as canción do filme de Disney Lady and the Tramp, para o que interpretou a voz e o canto de catro personaxes.[8] Entre os seus colaboradores escribindo cancións, ademais de Barbour, estiveron Laurindo Almeida, Harold Arlen, Sonny Burke, Cy Coleman, Gene DiNovi, Duke Ellington, Dave Grusin, Dick Hazard, Quincy Jones, Francis Lai, Jack Marshall, Johnny Mandel, Marian McPartland, Willard Robison, Lalo Schifrin, Hubie Wheeler, o guitarrista Johnny Pisano e Victor Young.
Nun momento en que a mocidade comezaba a afeccionarse ao rock and roll, ela foi un dos principais piares das gravacións de Capitol. Foi a primeira da "vella garda" en recoñecer ese novo xénero, como se evidencia nas súas gravacións de The Beatles, Randy Newman, Carole King, James Taylor e outros músicos. Dende 1957 ata o seu último disco para a compañía en 1972, normalmente producía dous ou tres álbums anuais, incluíndo estándar (a miúdo producido nun estilo diferente do orixinal), as súas propias composicións, e material de artistas mozos.
Lee foi candidata a doce Grammy, gañando o premio á mellor interpretación vocal pop feminina polo seu éxito de 1969 "Is That All There Is?". En 1995 recibiu o Grammy á carreira artística.
Escribiu entre outras as letras das seguintse cancións:
- "I Don't Know Enough About You"
- "It's a Good Day", composed by Dave Barbour
- "I'm Gonna Go Fishin'", composed with Duke Ellington
- "The Heart Is a Lonely Hunter"
- "Mañana (Is Soon Enough for Me)"
- "Bless You (For the Good That's in You)", composta con Mel Tormé
- "What More Can a Woman Do?"
- "Don't Be Mean to Baby"
- "New York City Ghost", composta con Victor Young
- "You Was Right, Baby"
- "Just an Old Love of Mine"
- "Everything's Movin' Too Fast"
- "The Shining Sea"
- "He's a Tramp"
- "The Siamese Cat Song"
- "There Will Be Another Spring"
- "Johnny Guitar", composta con Victor Young
- "Sans Souci", composed con Sonny Burke
- "So What's New?"
- "Don't Smoke in Bed"
- "I Love Being Here with You"
- "Happy with the Blues" with Harold Arlen
- "Where Can I Go Without You?", composta con Victor Young
- "Things Are Swingin'"
- "Then Was Then", composta con Cy Coleman
Carreira como actriz
Lee tamén actuou en varios filmes. En 1952 traballou con Danny Thomas no filme The Jazz Singer, remake de The Jazz Singer e en 1955 foi unha abatida e alcoholizada cantante de blues en Canción triste de Pete Kelly, papel polo que foi candidata ao Oscar á mellor actriz secundaria.
Retiro e falecemento
Continuou a actuar na década de 1990, ás veces en cadeira de rodas,[9] cautivando o público e a crítica. Tras anos de mala saúde, faleceu a causa das complicacións dunha diabetes e dun infarto agudo de miocardio aos 81 anos.[10] Está enterrada no Cemiterio Westwood Village Memorial Park en Westwood, Os Ánxeles.[11]
Discografía
Álbums
Capitol Records
- 1948 Rendezvous with Peggy Lee
- 1952 Rendezvous with Peggy Lee
Decca Records
- 1953 Black Coffee (Versión de dez polgadas)
- 1954 Songs in an Intimate Style
- 1954 White Christmas soundtrack (con Bing Crosby e Danny Kaye)
- 1955 Songs from Pete Kelly's Blues' (con Ella Fitzgerald)
- 1956 Black Coffee (Versión de doce polgadas)
- 1957 Dream Street
- 1957 Songs from Walt Disney's "Lady and the Tramp"
- 1958 Sea Shells (gravado en 1955)
- 1959 Miss Wonderful (gravado en 1956)
Capitol Records
- 1957 The Man I Love
- 1959 Jump for Joy
- 1959 Things Are Swingin'
- 1959 I Like Men!
- 1959 Beauty and the Beat!
- 1960 Latin ala Lee!
- 1960 All Aglow Again!
- 1960 Pretty Eyes
- 1960 Christmas Carousel
- 1960 Olé ala Lee
- 1961 Basin Street East Proudly Presents Miss Peggy Lee
- 1961 If You Go
- 1962 Blues Cross Country
- 1962 Bewitching-Lee
- 1962 Sugar 'N' Spice
- 1963 Mink Jazz
- 1963 I'm a Woman
- 1964 In Love Again!
- 1964 In the Name of Love
- 1965 Pass Me By
- 1965 Then Was Then - Now Is Now!
- 1966 Guitars A là Lee
- 1966 Big $pender
- 1967 Extra Special!
- 1967 Somethin' Groovy!
- 1968 2 Shows Nightly
- 1969 A Natural Woman
- 1969 Is That All There Is?
- 1970 Bridge Over Troubled Water
- 1970 Make It With You
- 1971 Where Did They Go
- 1972 Norma Deloris Egstrom from Jamestown, North Dakota
Álbums posteriores
- 1974 Let's Love
- 1975 Mirrors
- 1977 Live in London
- 1977 Peggy
- 1979 Close Enough for Love
- 1988 Miss Peggy Lee Sings the Blues
- 1990 The Peggy Lee Songbook: There'll Be Another Spring
- 1993 Love Held Lightly: Rare Songs by Harold Arlen (gravado en 1988)
- 1993 Moments Like This
Filmografía
- The Powers Girl (1943)
- Stage Door Canteen (1943)
- Banquet of Melody (1946) (curtametraxe)
- Jasper in a Jam (1946) (curtametraxe, voz)
- Midnight Serenade (1947) (curtametraxe)
- Peggy Lee and the Dave Barbour Quartet (1950) (curtametraxe)
- Mr. Music (1950)
- The Jazz Singer (1952)
- Lady and the Tramp (1955) (voz)
- Canción triste de Pete Kelly (1955)
- Celebrity Art (1973) (curtametraxe)
Notas
- ↑ 1,0 1,1 Ciment, James; Russell, Thaddeus (2007). The Home Front Encyclopedia: United States, Britain, and Canada in World Wars I and II. ABC-CLIO. p. 654. ISBN 978-1-57607-849-5. Consultado o 11 de agosto de 2013.
- ↑ McMorrow, Merle W. (decembro de2010). A Long Short Life: The Trials, Tribulations, Travels, and Trivia of an 88 Year Old Kid. Trafford Publishing. p. 146. ISBN 978-1-4269-4938-8. Consultado o 11 de agosto de 2013.
- ↑ Balliett, Whitney (2006). American Singers: Twenty-Seven Portraits in Song. Univ. Press of Mississippi. p. 88. ISBN 978-1-57806-835-7. Consultado o 11 de agosto de 2013.
- ↑ Mackin, Tom (1 de xuño de 2008). Brief Encounters: From Einstein to Elvis. AuthorHouse. p. 230. ISBN 978-1-4343-8561-1. Consultado o 11 de agosto de 2013.
- ↑ 5,0 5,1 Dunning, John (7 de maio de 1998). On the Air: The Encyclopedia of Old-Time Radio. Oxford University Press, US. pp. 152–. ISBN 978-0-19-507678-3. Consultado o 28 de xuño de 2010.
- ↑ 6,0 6,1 Music As Written. Nielsen Business Media. 19 de xuño de 1948. pp. 21–. Consultado o 6 de abril de 2011.
- ↑ Strom, Robert (2005). Miss Peggy Lee: A Career Chronicle. McFarland. p. 52. ISBN 978-0-7864-1936-4. Consultado o 11 de agosto de 2013.
- ↑ "Lady and the Tramp – 50th Anniversary Edition". PeggyLee.com. 28 de febreiro de 2006. Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2016. Consultado o 01 de setembro de 2018.
- ↑ Holden, Stephen (7 de agosto de 1992). "Sounds Around Town". The New York Times.
- ↑ Fordham, John (23 de xaneiro de 2002). "Obituary: Peggy Lee". Theguardian.com. Consultado o 5 de decembro de 2017.
- ↑ Gavin, James (11 de novembro de 2014). Is That All There Is?: The Strange Life of Peggy Lee. Atria Books. pp. 540–. ISBN 978-1-4516-4180-6. Consultado o 5 de decembro de 2017.
Véxase tamén
Bibliografía
- Peggy Lee, Miss Peggy Lee: An Autobiography, 2002, Bloomsbury (UK), ISBN 0-7475-5907-4
- Peter Richmond, Fever: The Life and Music of Miss Peggy Lee, 2006, Henry Holt and Company, ISBN 0-8050-7383-3
- Robert Strom, Miss Peggy Lee: A Career Chronicle, 2005, McFarland Publishing, ISBN 0-7864-1936-9
Ligazóns externas