Pavo ou Pavón [ 1] é unha constelación do Hemisferio sur . A constelación foi unha das doce constelacións creadas por Pieter Dirkszoon Keyser e Frederick de Houtman entre 1595 e 1597 , e apareceu por primeira vez no libro Uranometria de Johann Bayer do 1603 .
Estrelas
Estrelas principais
α Pavonis (Peacock ), a estrela máis brillante da constelación con magnitude 1,94, é unha estrela binaria espectroscópica de cor azul a 183 anos luz de distancia.
γ Pavonis , anana amarela de magnitude 4,21 a 30 anos luz da Terra . Algo máis quente e significativamente máis antiga co Sol , é un dos obxectivos prioritarios dentro da procura de planetas terrestres .
δ Pavonis , de magnitude 3,55, estrela amarela da secuencia principal ou subxigante a só 20 anos luz de distancia.
κ Pavonis , estrela variable W Virginis , cun brillo que varía entre magnitudes de 3,91 e 4,78.
φ Pavonis , denominación que atinxe a dúas estrelas distintas: φ1 Pavonis , estrela de magnitude 4,8, e φ² Pavonis , anana amarela cun planeta no confirmado orbitando ó seu redor.
HD 181433 , anana laranxa onde foron atopados un planeta extrasolar do tipo "Super-Terra " e un planeta do tipo xigante gaseoso .
SCR 1845-6357 , sistema formado por unha anana vermella e unha anana marrón a 12,57 anos luz de distancia da Terra.
Obxectos Notables do espazo profundo
Historia
Constelacións de Ara, Altar e Pavo, o Pavo Real.
Dado que foi creada no século XVII e non foi visible para culturas mediterráneas, non hai mitoloxía asociada a esta constelación.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas