Rango 19°
(magnitude < 3)
(magnitude ap. 2,1)
Andromédidas (Biélidas)
lindeiras
Mellor visibilidade ás 21:00 (9 p.m.) durante o mes de novembro
Andrómeda[1] é unha constelación boreal situada ó Sur de Cassiopeia e preto de Pegasus. Toma o seu nome da princesa Andrómeda. As súas estrelas non son de gran brillo. Comparte unha estrela coa constelación de Pegaso, é a estrela branco-azulada da esquina noroeste do cadrado de Pegaso, denominada Alpheratz ou Sirrah e é a Alfa Andromedae. O obxecto astronómico máis importante da constelación é a Galaxia de Andrómeda que se atopa a máis de 2 millóns de anos luz e é visible a simple vista.
Casiopea e Cefeo, reís de Etiopía eran os pais de Andrómeda. A raíña Casiopea facía alarde da beleza da súa filla, e comparábaa coaás Nereidas, fillas do deus do mar Poseidón. As deusas mariñas, en resposta a esta afronta, exisíronlle a Poseidón vinganza e foi así coma este enviou o monstro mariño (Ceto) a asola-las costas do país.
Cefeo acudiu ó oráculo de Zeus, que lle aconsellou coma a única forma de calma-la ira dos deuses e librarse do monstro era sacrificando a súa filla Andrómeda atándoa a unha pena no acantilado para que o monstro a collese.
Nese intre Perseo viña de regreso da súa expedición contra a Gorgona, e vendo á vítima, namorou dela. Acudiu ó rei e propusolle libera-la súa filla a cambio da súa man. Perseo matou o monstro amosándolle a cabeza de Medusa, que traía coma trofeo da súa última aventura, converténdoo en coral.
Fineo, tío da princesa e con quen estaba comprometida en matrimonio, xurou vingarse de Perseo e cos seus partidarios acurralaron ó heroe para matalo. Este non tivo máis recurso que utiliza-la cabeza de Medusa converténdoos en pedra, con tan mala fortuna que os pais de Andrómeda tamén se converteron en pedra.