Unha anana marrón é un astro de composición similar á das estrelas que non alcanzou a masa suficiente para desencadea-lo proceso de fusión nuclear de hidróxeno ordinario a helio, pero si do deuterio e, no caso das de máis masa, do litio.
Poden considerarse astros intermedios entre os planetas xigantes gasosos (como Xúpiter) e as estrelas, xa que adoitan ter entre 13 e 80 veces a masa do xigante gasoso.
A pesaren do seu nome, estas estrelas poden variar a súa cor dependendo da súa temperatura, sendo as máis quentes vermellas e laranxas, e as máis frías dunha cor morada ou maxenta. Estas cores adoitan ser moi tenues, xa que a maioría da luz emitida por estes astros está no espectro de luz infravermella.