O nacionalismo romanés (en romanés: Naționalism românesc) é o nacionalismo que afirma que os romaneses son unha nación e que promove a unidade cultural dos romaneses.[1][2] A súa variación extremista é o ultranacionalismo romanés.[3] Unha das ideas defendidas polo nacionalismo romanés é a da Gran Romanía,[4][5] cuxo principal obxectivo é a creación dun estado nación que incorpore a todos os falantes de lingua romanesa.[6][7][8][9][10] En 1920, despois da incorporación de Transilvania, Bucovina, Besarabia e partes de Banato, Crișana e Maramureș, o estado romanés acadou a súa máxima extensión en tempos de paz da súa historia (295 049 km²). Hoxe en día, o concepto da Gran Romanía serve como principio para a unificación de Romanía e Moldova.
Nota: As formas de nacionalismo baseado principalmente no grupo étnico están recollidos enriba. Isto non implica que tódolos nacionalistas do grupo étnico subscriban esa forma de nacionalismo étnico.