O Grupo A da Copa do Mundo de Fútbol de 2014, realizada no Brasil, estivo composto por catro equipos que se enfrontaron entre si nun total de seis encontros: a anfitrioa Brasil, xunto con Croacia, México e o Camerún. Ao termo dos mesmos os dous con maior cantidade de puntos, Brasil e México, con 7, clasificaronse á seguinte fase. Quedarían eliminadas Croacia, con 3 puntos, e Australia, que non conseguiu puntuar.
Na última clasificación Mundial da FIFA antes do Mundial, que viu a luz o 5 de xuño de 2014, Brasil ocupaba o terceiro posto, Croacia o lugar número dezaoito, México o vinte e Camerún o cincuenta e seis. A media do grupo correspondía ao lugar número vinte e catro, sendo con exclusión da selección con peor coeficiente, o Camerún, o rango medio de catorce.[1]
Participantes
O Grupo A está composto polas seguintes seleccións:[2]
A fase de grupos constou de seis partidos, cun total de tres partidos xogados por cada selección. Segundo o sistema de competición da FIFA, cada equipo acumulaba unha puntuación en función dos seus resultados: 3 puntos por vitoria (até 1994 eran só 2), 1 por empate, 0 por derrota. De acordo coa mesma, o catro equipos foron ordenados en forma descendente. No caso de que houbese dous ou máis con igual cantidade de puntos, os criterios de desempate foron os seguintes:
Maior diferenza de goles.
Maior número de goles anotados.
Maior número de puntos obtidos nos partidos disputados entre os equipos empatados.
Maior diferenza de goles nos partidos disputados entre os equipos empatados.
Maior número de goles anotados nos partidos disputados entre os equipos empatados.