Ivan Perišić, nado en Split o 2 de febreiro de 1989, é un futbolista profesional croata que xoga de extremo e o seu club actual é o Tottenham Hotspur FC da Premier League inglesa. Ademais, é internacional na selección de Croacia.
Traxectoria profesional
Con tan só 17 anos, Perišić, que xogaba nas categorías inferiores do Hajduk Split, recibiu o interese dun gran número de clubs, coma Anderlecht, PSV, Ajax, Trabzonspor, Hertha BSC e Hamburgo, antes de fichar polo FC Sochaux. En 2009, foi cedido a metade de tempada ó KSV Roeselare da liga belga.
O 26 de agosto de 2009, o Club Brugge fichou por tres anos a Perišić por 250.000€.
O 23 de maio de 2011, Perišić asinou un contrato de cinco anos co Borussia Dortmund da Bundesliga. O Borussia pagou cinco millóns de euros a cambio da súa fichaxe.[1]
O 6 de xaneiro de 2013, o VfL Wolfsburg pagou 8 millóns de euros pola fichaxe de Perišić.
Palmarés
Club
- Borussia Dortmund
- 2011–12
- 2011–12
- VfL Wolfsburgo
- 2014–15
- 2015
- Bayern München
- 2019–20
- 2019–20
- 2019–20
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas