Monica Bellucci, nada en Citta di Castello (Perugia), o 30 de setembro de 1964, é unha modelo e actriz italiana.
Traxectoria
Os seus primeiros pasos profesionais foron encamiñados a exercer a avogacía, aínda que decidiu exercer de modelo para poder pagarse os estudos na Universidade de Perugia, se ben abandonou os seus estudos de dereito.
En 1988, trasladouse a un dos puntos neurálxicos da moda europea, Milán, firmando para a prestixiosa firma Elite Model Management. En 1989 xa era unha modelo aclamada en París e incluso ao outro lado do Atlántico, Nova York. Posou para Dolce & Gabbana e para a marca francesa Elle entre outras. Ese mesmo ano, Monica, toma clases de interpretación, para converterse en actriz.
Monica Bellucci, domina varios idiomas ademais do italiano, a súa lingua natal, coma o francés e o inglés. Isto valeulle para poder actuar en diversos idiomas sen dificultade.[1]
Está casada co tamén popular actor Vincent Cassel, co quen coincidiu en numerosos filmes e do que ten unha filla de nome Deva, nacida no ano 2004.
Filmografía
Notas
Véxase tamén