O metacarpo é unha formación ósea do membro superior humano, pertencente á man. É un conxunto de cinco ósos que forman o esqueleto da palma da man, un por cada dedo. Os cinco posúen tres porcións, unha base, que é o elemento máis superior; un corpo; e unha cabeza, situada na parte máis inferior do óso.
Articulacións co carpo
Cada metacarpiano artéllase por encima cos ósos do carpo, constituíndo as articulacións carpometacarpianas:
Articulacións coas falanxes
Cada metacarpiano artéllase cunha falanxe correspondente, formando as articulacións metacarpofalánxicas:
- O primeiro metacarpiano artéllase coa falanxe proximal do polgar.
- O segundo metacarpiano artéllase coa falanxe proximal do segundo dedo ou dedo índice.
- O terceiro metacarpiano artéllase coa falanxe proximal do terceiro dedo ou dedo medio.
- O cuarto metacarpiano artéllase co cuarto dedo ou dedo anular.
- O quinto metacarpiano artéllase co quinto dedo ou maimiño.
Véxase tamén
Bibliografía
- Gray. Anatomía para estudiantes. Miembro superior (en castelán)