As linguas iroquesas[1] son unha familia lingüística das Primeiras Nacións e nativos americanos de América do Norte. Son coñecidas pola súa carencia xeneralizada de consoantes labiais. As linguas iroquesas son polisintéticas e con marcaxe de núcleo.[2]
Hoxe en día, tódalas linguas iroquesas agás o cherokee e o mohawk están severamente ameazadas, con só uns poucos falantes anciáns.[3]
División familiar
- Iroqués do sur
- Cherokee
- Iroqués do norte
- Iroqués dos lagos
- Iroqueses e susquehannock
- Seneca–Onondaga
- Seneca–Cayuga
- Seneca (gravemente ameazada)
- Cayuga (gravemente ameazada)
- Onondaga
- Onondaga (gravemente ameazada)
- Mohawk–Oneida
- Oneida (gravemente ameazada)
- Mohawk
- Susquehannock
- Susquehannock (†)
- Hurón
- Wyandot (Huróns–petun) (†)
- Wenrohronon (†)
- Neutral (†)
- Erie (†)
- Tuscarora–Nottoway
- Tuscarora (case extinta)
- Nottoway (†)
- Clasificación non clara
- Laurentiano (†)
Notas