A lingua cayuga (cuxo autoglotónimo é gayogo̱hó꞉nǫˀ) é unha lingua da familia iroquesa falada polo pobo cayuga. Pertence ao subgrupo iroqués do norte das linguas das "Cinco Nacións" e fálase na Reserva das Seis Nacións, Ontario, por unhas 240 persoas, e na reserva de Cattaraugus, no estado de Nova York, por menos de 10 persoas.
A lingua cayuga atópase en perigo crítico de desaparecer, xa que só 115 persoas do pobo cayuga tiñan esta lingua como lingua nai segundo o censo canadense de 2021. O pobo cayuga está a traballar na súa revitalización lingüística.[3] Como exemplo disto, o Six Nations Polytechnic desenvolveu aplicacións en iOS e programas de estudo en cayuga, oneida, mohawk e outras.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
- Dyck, Carrie, Frances Froman, Alfred Keye & Lottie Keye. LIN 6050 Structure of Cayuga. Course Package.. Ms. Memorial University of NL and Woodland Cultural Centre.
- Froman, Frances; Keye, Alfred; Keye, Lottie; Dyck, Carrie (2002). English-Cayuga/Cayuga-English Dictionary. Toronto: University of Toronto Press.
- Mithun, Marianne (1999). The Languages of Native North America. Cambridge University Press. ISBN 0-521-29875-X.
- Mithun, Marianne; Henry, Reginald (xaneiro de 2007). Wadęwayę́stanih: A Cayuga Teaching Grammar (PDF) (2nd ed.). Brantford, ON: Woodland Indian Cultural Educational Centre. ISBN 978-0-919775-00-8. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 2012-10-09.
- Rijkhoff, Jan (2002). The Noun Phrase. Oxford University Press. ISBN 0-19-823782-0.