Linguas bérberes

Bérber
Tamaziɣt / Tamazight
Falado en: Norte de África
Rexións: Melilla, Marrocos, Alxeria, Níxer, Malí, Burkina Faso, pequenas comunidades en Tunisia, Libia, Exipto e Mauritania. Comunidades de inmigrantes en Francia, Bélxica, Países Baixos, España, Estados Unidos.
Total de falantes: 30 millóns
Familia: Linguas afroasiáticas
 Bérber
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ber
ISO 639-3: ber
Mapa

     Tmaziɣt (Rifeño)      Tamaziɣt (Tamazight de Marrocos central)      Tacelḥit (Shilha)      Tuḍḍungiyya (Zenaga      Tamaceq (Tuareg)      Tacenwit (Shenwa)      Taqbaylit (Cabila)      Tacawit (Shawiya)      Tanfusit (Nafusi)      Outras (wargli,
        mozabite, Siwa, etc.)

Status

O bérber[1] (tamazight) forma un grupo de variedades ou linguas derivadas do antigo bérber, separado en dúas ramas: linguas bérberes do Norte e do Sur. Estas linguas esténdense desde Marrocos ata Exipto, pasando por Alxeria, Tunisia, Libia, Níxer e Malí. Coñécense unha trintena de variantes dialectais. Posúe un sistema propio de escrita, que os tuaregs conservaron: o tifinagh. As linguas bérberes asimilaron préstamos variados: do fenicio, do latín, do turco, do árabe, do francés e do español.

Non hai cifras oficiais sobre o número de falantes, mais estímase que andará arredor dos 20 millóns.

Condicións sociais

Coa islamización dos bérberes e a inmigración de tribos árabes orientais, o bérber tivo de competir desigualmente co árabe, pois o árabe clásico, como lingua do Corán, considerábase sagrado. Despois da independencia dos países norteafricanos, o árabe foi adoptado, de novo, como a lingua do Estado, mais o bérber continuou marxinado.

Desde a sanguenta revolta popular da Cabilia, no ano 1980, causada pola suspensión gobernamental dunha conferencia sobre poesía bérber, o movemento bérber mostrou dimensións políticas e supranacionais. En 1994, o rei de Marrocos, Hasan II, decidiu introducir o bérber na escola primaria. Pero esta decisión non se chegou a completar nunca. No ano 2001, o novo monarca, Mohamed VI, creou o Instituto Real da Cultura Amazigh, que tiña como algúns dos obxectivos definir un bérber estándar, e promover o seu uso.

Actualmente, o bérber é estudado en 300 escolas, sobre todo en zonas berberófonas. Existen noticiarios televisivos nas tres variantes marroquís e constitúe unha lingua oficial en Marrocos.

Fonética e fonoloxía

Dada a grande extensión dos territorios nos que se fala este complexo lingüístico, non é posíbel sintetizar todas as características fonéticas. Apuntaranse só algunhas das máis salientábeis.

Vogais

Gran parte dos dialectos bérberes coñecen un sistema vocálico extremamente reducido, coa presenza de tres únicas vogais fonolóxicas: /i/, /a/, /u/. Os dialectos do tuareg, por contra, gozan dun sistema vocálico moito máis rico e articulado, que comprende tamén: /e/ e /o/, e máis dúas vogais "breves" /ə/ e /ă/. É posíbel que esta situación derive da orixinaria, na que tres vocais breves /*i/, /*a/, /*u/ convivían con tres vocais longas /*i:/, /*a:/, /*u:/, como se transparenta nas grafías máis antigas de textos bérberes en caracteres árabes. Hai tamén outras variacións particulares postas en evidencia pola lingüística histórica (mantemento dalgunhas "vocais breves" en zenaga, orixe de sons "labiovelares" proximidade do antigo u breve etc.).

Como fose, hoxe o tratamento da "lonxitude vocálica" é distintivo só en tuareg, onde mesmo algúns cren ver unha serie de vogais "hiperlongas" en certos contextos como no denominado "perfeito resultativo" ou en certos "imperfeitos" ("aoristos intensivos").

Consoantes

O consonantismo bérber presenta diversas características interesantes:

  • ausencia, no patrimonio fonolóxico común, de numerosos sons posteriores (farínxeos e larínxeos), que son por contra típicos do árabe e que, porén, aparecen nos sistemas fonolóxicos dos falares do Norte a consecuencia da forte influencia arábiga;
  • repartición das consoantes en tres series xorda-sonora-enfática (un trato característico de moitas linguas afroasiáticas)
  • en conxunto, os dialectos bérberes pódense clasificar, sobre a base das realizacións das oclusivas, en "falas oclusivas" contra "falares de tendencia aspirante". Estas últimas falas presentan fricativas alí onde outras mostran oclusivas. Por exemplo [θ] por [t], [ð] por [d], [v] por [b] etc.
  • tendencia a realizar as consoantes "longas" (ou "xeminadas") cunha maior tensión que as consoantes simples, o que con frecuencia as leva a comportarse como oclusivas (ou africadas) e xordas a respecto de consoantes simples fricativas e sonoras. Por exemplo, [ɣ] xeminado non se realiza como [ɣɣ] senón como [qq], [ḍ] xeminado non da [ḍḍ] mais si [ṭṭ]. Debe advertirse aínda, en moitos dialectos, a substitución das semivogais "longas" [ww] con [bbw] / [ggw] e [yy] con [gg] / [ggy]
  • presenza, en moitos dialectos, de sons "labiovelares": [kw], [gw].

Gramática

Desde un punto de vista tipolóxico, o bérber é unha lingua flexiva (con máis precisión "introflexiva"), cunha orde sintáctica básica VSO (Verbo - Suxeito - Obxecto), que alterna frecuentemente con SVO (Suxeito - Verbo - Obxecto).

Morfoloxía

A morfoloxía introflexiva, típica de gran parte das linguas afroasiáticas, supón mutacións vocálicas, no interior da palabra, con valor morfolóxico. Por exemplo:

  • adrar "monte", pl. idurar
  • gulleɤ "xurou" mais (ad) galleɤ "xurará".

Ademais da alternancia vocálica, a morfoloxía fai uso ben de prefixos ben de sufixos. Por outra banda, un tratamento abondo característico da súa morfoloxía é o da presenza de numerosos "morfemas descontinuos" (circunfixos), é dicir, afixos que "circundan" a base que modifican, coa presenza ao mesmo tempo dun prefixo e un sufixo. Por exemplo:

  • te-ggull-eḍ "ti xurache"
  • amellal "branco" (m.), mais ta-mellal-t "branca" (f.)
  • yexdem "traballou", mais: wer yexdim ara "non traballou".

Nome

Os nomes en bérber expresan por norma:

  • o número (singular vs. plural)
  • o xénero (masculino vs. feminino)
  • o "estado" ("estado libre" vs. "estado de anexión")

Esta última categoría é típica das palabras do estrato bérber, mentres non se encontra en nomes provenientes doutras linguas, de xeito particular nos numerosos préstamos do árabe. Esta de feito está na orixe de modificacións fonéticas sucesivas coa incorporación nos nomes do "artigo", ausente por contra na maior parte dos préstamos (aínda que tamén o pode conter).

Algúns exemplos:

singular
amɣar "vello" (masculino singular, estado libre) / wemɣar (masc. sg., estado de anexión)
tamɣart "vella" (feminino singular, estado libre) / temɣart (fem. sg., estado de anexión)
lebḥer "mar" (masc. sing., indiferente a respecto do estado: empréstimo do árabe bahr "mar")
plural
imɣaren "vellos" (masculino plural, estado libre) / yemɣaren (masc. pl., estado de anexión)
timɣarin "vellas" (femminino plural, estado libre) / temɣarin (fem. pl., estado de anexión)
lebḥur "mares" (masc. pl., indiferente a respecto do estado: empréstimo do árabe)

Verbo

O verbo bérber presenta tres "tempos" principais:

  • o perfecto (ou "completo")
  • o aoristo (a miúdo acompañado de "partículas")
  • o imperfecto (ou "aoristo intensivo")

Polo demais, existen formas de

  • perfecto negativo
  • imperfecto negativo

que son usados (case) só en contextos negativos.

Todo "tempo" está caracterizado por un tema propio, que polo corrente está formado simplemente mediante apofonía (mutación vocálica) no que respecta ao perfecto e ao aoristo, mentres o imperfecto fórmase a partir do aoristo con variados medios morfolóxicos como redobramento consonántico ou co uso de prefixos. As diferentes persoas fórmanse con prefixos, sufixos e circunfixos que son os mesmos en cada "tempo".

Un exemplo co verbo af "encontrar"

persoaa Aoristo Perfecto Imperfecto
1 sg. (ad) af-eɤ ufi-ɤ ttaf-eɤ
2 sg. (ad) t-af-eḍ t-ufi-ḍ te-ttaf-eḍ
3 sg. masc. (ad) y-af y-ufa ye-ttaf
3 sg. fem. (ad) t-af t-ufa te-ttaf
1 pl. (ad) n-af n-ufa ne-ttaf
2 pl. masc. (ad) t-af-em t-ufa-m te-ttaf-em
2 pl. fem. (ad) t-af-met t-ufa-mt te-ttaf-met
3 pl. masc. (ad) af-en ufa-n ttaf-en
3 pl. fem. (ad) af-ent ufa-nt ttaf-ent
"encontrarei"
"encontrarás"
etc.
"encontraba"
"encontrabas"
etc.
"encontrei"
"encontraste "
etc.

O imperativo fórmase co tema simple do aoristo, sen desinencias para o singular, cos sufixos -t (masc.) e -emt (fem.) para o plural. O imperativo, é o que fornece a forma máis breve do verbo, sendo utilizada como "forma de citación" dos verbos nos dicionarios, en vez do infinitivo ou outras persoas e tempos.

A variedade de mutacións vocálicas nos diversos tempos é grande e dá lugar a numerosas conxugacións (na súa gramática do tuareg, Charles de Foucauld constatou máis de cen).

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para bérber.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!