--
---
nhc
A lingua náhuatl de Tabasco é unha variedade da lingua náhuatl falada por unhas 30 persoas do pobo náhuatl en Cupilco, no estado mexicano de Tabasco. A lingua pertence á rama oriental do grupo de linguas nahuas e presenta unha serie de características diverxentes.[2] Está relacionada coas variedades de Mecayapan, Tatahuicapan de Juárez, Cosoleacaque e tamén está emparentado coa lingua pipil do Salvador.[3]
É a variante máis oriental en territorio mexicano, da cal quedan arredor de 30 falantes que residen na comunidade de Cupilco, no concello tabasqueño de Comalcalco. Está clasificado segundo o centro de investigacións Ethnologue na categoría de “8b”, é dicir, case extinto.[4]