--
---
ngu
A lingua náhuatl de Guerrero é unha variedade da lingua náhuatl falada no estado de Guerrero en México por unhas 125.000 persoas do pobo náhuatl. Tamén é coñecida como azteca de Guerrero. Fálase en varios concellos do Río Balsas incluíndo Tepecoacuilco de Trujano, Huitzuco de los Figueroa, Atenango del Río, Copalillo, Mártir de Cuilapan, Zitlala, Tixtla de Guerrero, Mochitlán, Quechultenango, Chilapa de Álvarez, Ahuacuotzingo, Olinalá, Atlixtac, Zapotitlan Tablas, Ayutla de los Libres, Cualác, Huamuxtitlán, Xochihuehuetlán, Tlapa de Comonfort, Alpoyeca, Xalpatláhuac e Alcozauca de Guerrero. Escríbese en alfabeto latino. Existen materiais de vídeo para o ensino da lingua, ademais dun dicionario nesta lingua. É unha lingua coa estrutura suxeito-verbo-obxecto. As palabras tenden a ser longas con afixos e clíticos.
O náhuatl de Guerreiro non é tonal. Un 'l' longo pronúnciase 'j'l (hl) na variedade de Guerrero, polo que a palabra para 'casa', que é 'calli' noutras variedades do náhuatl, pronúnciase 'calli' ou 'káhli' en Guerrero.[2]