--
---
nhm
A lingua náhuatl de Morelos (en náhuatl: Morelos nahuatlahtolli) é unha variedade da lingua náhuatl falada polo pobo náhuatl no estado de Morelos, en México. En Morelos, o náhuatl fálase nas comunidades de Cuentepec, Hueyapan, Santa Catarina, Xoxocotla, Atlacholoayan e Tetelcingo. Porén, o náhuatl de Tetelcingo é adoita considerarse unha variedade separada pola súa fonoloxía altamente innovadora, e por ter unha intelixibilidade mutua moi baixa coas outras variantes de Morelos. Ethnologue tamén considera que as variedades de San Felipe Tocla e Alpanocan pertencen ao grupo de dialectos do náhuatl de Morelos aínda que están situadas no estado de Puebla.[2] O náhuatl de Morelos pertence ás variedades centrais moi relacionados co náhuatl clásico.[3]