Latis é o nome de dúas divindades celtas adoradas na Britania romana. Un é a deusa Dea Latis e o outro é o deus Deus Latis, e ámbolos dous son coñecidos por unha única inscrición.
Etimoloxía
O nome 'Latis' pode estar relacionado coas palabras protocelta *lati-, que significa 'licor', *lat- 'día', ou *lāto- 'luxuria'.[1]
Dea Latis
A dedicación a Dea Latis foi atopada no Forte Romano Birdoswald, en Cumbria, Inglaterra, en 1873. Nela lese simplemente:
- DIE LATI
- "Á deusa Latis"[2]
É coñecida como unha deusa da auga e da cervexa.[3] O seu culto pode asociarse tamén co dos ríos.[4]
Deus Latis
A dedicación a Deus Latis, foi atopada nunha pedra altar no Forte Romano de Aballava, Burgh-by-Sands (tamén en Cumbria):
- DEO LATI LVCIVS VRSEI
- "Ó deus Latis, Lucius Ursei [dedícalle isto]."[5]
A pedra altar a Deus Latis foi atopada a carón dun deus con cornos chamado Belatucadros.
Notas