Belenus, tamén coñecido como Belinus, Belenos ou Belanus, é un deus da mitoloxía celta.
Características
Belenus significaba brillante ou refulxente e designaba un deus da luz, o Sol e o lume (todas elas enerxías renovadoras). Belenus era o nome tanto irlandés como galo e ástur. Os romanos reuniron baixo o nome de Apolo varios deuses galos encargados especialmente das termas.[1][2]
Coñecido polos irlandeses, o seu nome pasaría ás novelas medievais. As «Baltené» eran unha das grandes festas irlandesas que se celebraban o 1 de maio e que proviñan do culto a esta divindade. Asocióuselle como compañeira a deusa Sirona.
En Asturias o seu nome quedou reflectido na toponimia local. Así, no concello de Poña atópase a localidade de Beleño, cuxo nome deriva do deus celta.
Belenos foi confundido tamén con outros deuses tales como con Grannus (o brillante), venerado en varios lugares, Siannus, patrón dos baños do Mont-Dourei en Puy de Dôme e Borvo.
Así mesmo foi coñecido con outros nomes como:
- Grannios e Borno da celtia continental
- Balor e Beltayne da celtia irlandesa
- Beli e Balor dos celtas galeses
- Bel e Belenos dos celtas da illa de Mann
- Bile e Belenos dos celtas escoceses
Cómics
Belenus fíxose un oco no coñecemento popular moderno xunto á deidade Tutatis grazas ás historietas de Astérix, de Goscinni e Uderzo.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas