Comezou a súa carreira en 1947 cantando en Sidney o papel principal de Dido and Aeneas, de Henry Purcell. Seguiu co repertorio barroco interpretando papeis de importancia en Samson de Händel e Judith de Goossens. En 1952 debutou en Europa cantando no Royal College of Music británico a Giorgetta de Il Tabarro de Puccini, e despois debutou na Royal Opera House, coa a primeira dama en Die Zauberflöte de Mozart. Esa interpretación foi un éxito e deseguido foi contratada para realizar máis papeis como Amelia en Un ballo in maschera, a sacerdotisa de Aida de Verdi, e mesmo a Clotilde de Norma xunto con Maria Callas no papel principal.[2]
Demostrou a súa valía como soprano na condesa de Le nozze di Figaro, mais continuou a ter papeis secundarios como Lady Rich en Gloriana de Britten ou Frasquita en Carmen de Bizet.
Carreira
En 1954, realizou papeis máis consistentes en óperas como Aida ou Agatha, e tamén cantou a Antonia de Les contes d'Hoffmann, o cal resulta curioso debido a que tiña o rango de soprano coloratura, moito mellor para outra personaxe da obra, Olympia. Anos máis tarde gravou os catro papeis feminios da obra xunto a Plácido Domingo.
Cantou na temporada londiniense papeis importantes como a Micaela de Carmen, a Gilda de Rigoletto ou a Desdémona de Otello, de Verdi. Aínda que a súa carreira estaba centrada en Europa, cantou tamén nos Estados Unidos papeis como a Donna Anna de Don Giovanni, de Mozart. Con todo, o punto de inflexión da súa carreira foi Lucia di Lammermoor, que cantou en febreiro de 1959 en Londres nunha produción de Franco Zeffirelli baixo a batuta de Tullio Serafin. O enorme éxito da representación, converteuna nunha diva, sendo Lucia o papel máis demandado en trinta anos.
Sutherland foi unha peza fundamental na carreira do mozo Luciano Pavarotti, a quen deu a oportunidade de protagonizar moitas das súas gravacións no período 1965-1975, como Lucia, La fille du régiment, Rigoletto, La traviata e Turandot onde o tenor gravou o seu primeiro "Nessun dorma". Tamén axudou a mezzosopranoMarilyn Horne coa que formou un dúo lendario entre outras en Norma e Semiramide.
Sutherland foi enterrado no cemiterio de Clarens VD. Xunto á súa tumba está o futuro lugar de descanso definitivo do seu viúvo.
Recoñecementos
Recibiu o rango de Dama do Imperio Británico DBE e a Orde Australiana ao Mérito. En 2004 recibiu o premio do Kennedy Center polo seu labor como cantante.