Norma é unha ópera en dous actos con música de Vincenzo Bellini e libreto en italiano de Felice Romani (baseado na traxedia Norma, ou l'infanticide de Alexandre Soumet). Foi estreada no Teatro alla Scala de Milán o 26 de decembro de 1831. É considerada un exemplo da suprema altura da tradición belcantista. "Casta diva" foi unha das arias máis coñecidas no século XIX.
A personaxe de Norma é considerado un dos máis difíciles do repertorio para soprano. Este papel foi creado para Giuditta Pasta, que tamén encarnou, por primeira vez, a personaxe Amina na ópera La sonnambula. No século XX poucas cantantes o podían interpretar con éxito, entre elas destacaron as interpretacións de Rosa Ponselle nos anos '20, Joan Sutherland e Maria Callas nos anos '50 e '60. Máis recentemente impúxose a interpretación da soprano catalá Montserrat Caballé.
Personaxes
Notas
Véxase tamén