Iván IV de Rusia

Modelo:BiografíaIván IV de Rusia

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(ru) Іѡа́ннъ Васи́лїевичъ
(cu) Іѡанъ Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(ru) Иван Васильевич Editar o valor en Wikidata
25 de agosto de 1530 Editar o valor en Wikidata
Kolomenskoye (Gran Ducado de Moscova) Editar o valor en Wikidata
Morte18 de marzo de 1584 (Xuliano) Editar o valor en Wikidata (53 anos)
Moscova (Tsarato ruso) Editar o valor en Wikidata
Causa da morteenvelenamento Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCatedral do Arcanjo São Miguel (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Tsar of All Russia (en) Traducir
16 de xaneiro de 1547 – 1584
← sen valor – Teodoro I de Rusia →
Sovereign of all Russia (en) Traducir
3 de decembro de 1533 – 16 de xaneiro de 1547
← Basilio III de RusiaSupresión do cargo → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónCristianismo ortodoxo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico, raspevschik (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
ConflitoRusso-Kazan War of 1535-1552 (en) Traducir
Guerra de Livonia Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloTsar of All Russia (en) Traducir (1547–1584) Editar o valor en Wikidata
FamiliaDinastía Rurícovich Editar o valor en Wikidata
CónxuxeMaria Nagaya (1580–1584 (Xuliano))
Maria Dolgorukaya (1577–1577)
Vasilisa Melentyeva (1576–1577)
Anna Vasilchikova (1575–1576)
Anna Koltovskaya (1572–1575), nulidade matrimonial
Marfa Sobakina (1571–1571)
Maria Temriukovna (1561–1569)
Anastasia Romanovna (1547–1560) Editar o valor en Wikidata
FillosVasily Ivanovich
 () Maria Temriukovna
Ana Ivanovna da Rússia
 () Anastasia Romanovna
Demétrio Ivanoviche da Rússia
 () Anastasia Romanovna
Ivã Ivanovich da Rússia
 () Anastasia Romanovna
Teodoro I de Rusia
 () Anastasia Romanovna
Demétrio de Uglitch
 () Maria Nagaya Editar o valor en Wikidata
PaisBasilio III de Rusia Editar o valor en Wikidata  e Elena Glinskaya Editar o valor en Wikidata
IrmánsYuri of Uglich Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteRussian Biographical Dictionary (en) Traducir
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Enciclopedia militar Sytin Editar o valor en Wikidata
BNE: XX896329 Musicbrainz: 968eba57-0b3b-4812-b2da-411ff5c23632 Discogs: 3400302 WikiTree: Vasilyevich-1 Editar o valor en Wikidata

Iván IV Vasílievich (en ruso Иван IV Васильевич), nado en Kolomenskoe o 25 de agosto de 1530 e finado en Moscova o 18 de marzo de 1584, foi un soberano ruso coñecido como Iván o Terrible, o primeiro en adoptar o título de Tsar.

O seu reinado vai desde 1547 ata 1584. É considerado como un dos creadores do estado ruso. Chegou a casar unhas sete veces, pero o seu matrimonio máis importante foi con Anastasia Románovna Zakhárina no 1547. Entre os feitos sucedidos durante o seu reinado, destacan a conquista de Siberia, a creación dun novo código legal, o Sudiébnik, a centralización do poder na capital, a creación de institucións con participación popular, a conquista dos khanatos tártaros de Kazán e Astrakán, a destrución da Orde Teutónica e a reforma do exército.

Traxectoria

Neto do Gran Duque Iván Vasílievich III o Grande e Sofía Paleóloga e fillo de Basilio III de Moscova e Elena Glínskaya, pertence á liñaxe varega de Rúrik e princesa de Lituania. Foi coroado Gran Príncipe de Moscova con só tres anos ao morrer o seu pai. Porén, o reino foi administrado pola súa nai, que foi envelenada cinco anos despois da coroación polos clans boiardos que disputaban o poder. Foi sometido a humillacións dos boiardos, o que ensombreceu o seu carácter. Foi recluído no palacio do Kremlin vivindo case coma un mendigo. Isto xerou en Iván un grande odio cara aos boiardos, e tivo como consecuencia as constantes persecucións e matanzas que organizou contra estes clans. Nestes primeiros anos de vida, Iván sufriu desvaríos mentais, irreversibles, o que o levou a liberar a súa ira torturando e lanzando cans desde as torres. É sabido que tivo un irmán xordomudo do que non se coñece máis nada.

Aos 13 anos comezaron a respectalo e ordenou a un grupo de leais que capturasen o príncipe Andrei Shúiski para lanzalo aos cans, que o despedazaron. Con 16 anos xa destacaba na escritura e foi un gran lector, ademais de ser un mozo corpulento e musculoso. Estudou retórica a mans do bispo de Moscova, Makario. Durante esta época era xa profundamente relixioso.

Reinado

O tsar Iván o Terrible de Víktor Vasnetsov.

O 16 de xaneiro de 1547, Iván, que por aquel entón rondaba os 16 anos, foi coroado na Catedral da Dormición polo bispo Makario. De pé e fronte a Makario, Iván foi proclamado Tsar coroado por Deus e soberano de toda a Gran Rusia e logo recibiu as insignias reais, entre as que estaban a coroa de Monómaco (gorro de pel e pedrería empregado como coroa) e mailo cetro. A cerimonia estivo marcada polo protocolo de Constantinopla. De feito, o mesmo título de tsar ten resonancias bizantinas, pois na Idade Media os rusos chamaban césar -en ruso, Tsiézar- ós emperadores de Bizancio [1]

O 3 de febreiro de 1547, casa na Catedral da Asunción con Anastasia Romanovna Zakharina coa que terá cinco fillos: Ana Ivanova (1548-1550), María Ivanova (1551-?), Dimitri Ivanovich (1552-1553) primeiro tsarévich, Iván Ivanovich (1554-1581) segundo tsarevich e Teodoro Ivanovich terceiro tsarevich. Os primeiros anos do seu reinado adícaos a modernización de Rusia. Colocou nos postos importantes a xente máis modesta do que eran os boiardos. Estableceu un código de leis en 1550. Reorganizou o clero no 1551, crea un novo corpo de infantaría, os Streltsy que constitúen a súa garda persoal. Logo da chegada do chanceler inglés Richard Chancelor e de varios navegantes ingleses a Moscova en 1553, establece vínculos comerciais con Inglaterra. O tsar comezou a guerra con Livonia (actuais Estonia e Letonia), unha comunidade polaco-lituana no 1558, para conseguir unha saída ó Mar Báltico. Estaba defendido polos Irmáns Livonios da Espada. A conquista proporcionoulle a Rusia o porto de Narva, abrindo o comercio cos países do norte. Ademais con esta guerra derrotou e destruíu a Orde Teutónica. Pese a súa vitoria, Polonia, Lituania e Suecia atacaron a Rusia, prolongándose a guerra ata o 1583.

No ano 1560 morre a súa esposa Anastasia Romanova e Iván IV convértese nun gobernante psicópata, fanático da relixión e autoritario. Este cambio na súa personalidade non só se debe a morte da súa esposa senón que tamén a cando estivo a piques de morrer no 1553 por unha fatal enfermidade. Cando se recuperou, engadiu máis desconfianza ós boiardos a causa de que cría que estes envelenaran a súa esposa. Estes pensamentos derivaron nunha gran represalia contra estes e os seus aliados.

Trasladou a súa corte ó seu refuxio de Alexandrovskaia Sloboda, onde adicaba a maior parte do día a rezar. Após a traizón do príncipe Kurbski (comandante do exército occidental), creou os oprichnik, a súa garda persoal e policía estatal, a cal deu un uso represivo e de acción militar. Os oprichnik foron recrutados da pequena nobreza das rexións nororientais de Rusia, onde escaseaban os clans boiardos. Estas rexións tiveron administracións separadas e foron chamadas Oprichnina. Con esta garda executou a moitos boiardos e membros do clero entre 1564 e 1572, impedindo que se formase un réxime feudal en Rusia.

É a partir deste momento cando comeza a ser chamado o Terrible. En 1570, coa axuda dos oprichnik atacou a cidade de Nóvgorod, crendo que se ía sublevar na súa contra, acusándoa de traizón por unha suposta alianza con Lituania. Cun exército de 15000 homes devastou esta cidade, torturando, decapitando e empalando a moitos dos seus habitantes.

O 16 de novembro de 1580, golpeou mortalmente co seu bastón o seu fillo, o tsarevich Iván Ivanovich. Chorou amargamente a súa morte e tivo remordementos ata a súa morte, provocando que se tirase dos cabelos e da barba ou esgaduñase as paredes.

Matou, ademais, a varios dos seus amigos e inimigos, o que agraviou a súa tolemia, chegando a refuxiarse en crenzas pagás. Cara á fin da súa vida conquistou Siberia (1581-1583), para rematar de conquistar a cunca do río Obi, ocupando o khanato de Sibir, que lle deu ó nome.

Iván IV morreu a mañá do 18 de marzo de 1584, cando ía xogar unha partida de xadrez. Os seus restos foron soterrados na catedral de San Miguel Arcanxo. Foi sucedido polo seu fillo Teodoro I de Rusia.

Matrimonios e noivas

  • Anastasia Románovna Zakhárina (Анастаси́я Рома́новна Заха́рьина).
  • María Temriúkovna (Мари́я Темрю́ковна). Filla dunha nobre cristiá.
  • Marfa Vasílyevna Sobákina (Ма́рфа Васи́льевна Соба́кина), morta 16 días após a voda.
  • Ana Ivánovna Koltóvskaya (А́нна Ива́новна Колто́вская), casada o 28 de abril de 1572), foi encerrada nun convento dous anos despois.
  • Ana Grigórievna Vasílchikova (А́нна Григорье́вна Васи́льчикова), casada en 1575, foi tamén encerrada nun convento en menos dun ano despois da voda.
  • Vasilisa Meléntieva (Васили́са Меле́нтьева), sexta esposa (casada en 1579) tivo un amante, que foi empalado tras o adulterio; ela foi encerrada nun convento.
  • María Dolgorúkaya (Мари́я Долгору́кая), sétima noiva que non foi achada virxe por Iván e afogada ó día seguinte.
  • María Fiódorovna Nagaya (Мари́я Фёдоровна Нага́я).

Notas

  1. Revista National Geographic Historia. nº69. pax 82
Predecesor:
Basilio III
 
Príncipe de Moscovia

1533 - 1547
Sucesor:
Converteuse en Tsar
Predecesor:
Creación do título

Tsar de Rusia

1547 - 1584
Sucesor:
Teodoro I

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!