Fillo do emperador Nicolao I de Rusia e da princesa Carlota de Prusia (que tomaría o nome de Alexandra Feodorovna), naceu en Moscova o 29 de abril de 1818. Casou en 1841 coa princesa María de Hesse e do Rin. Deste matrimonio nacería o seu sucesor, Alexandre. Ao mes de quedar viúvo no 1880 casou en segundas nupcias coa princesa Catherine Dolgoruky, que tomaría o título de Princesa Iurievska. Os fillos habidos desta muller antes do matrimonio foron lexitimados ao pouco de casaren. Alexandre morreu asasinado en San Petersburgo o 13 de marzo de 1881.
Gran Duque de Finlandia
En 1863 Alexandre II volveu establecer a Dieta de Finlandia e puxo en marcha varias reformas que aumentaban a autonomía de Finlandia, incluíndo o establecemento dunha moeda propia, o marco finlandés. A liberación da empresa conduciu a un aumento do investimento estranxeiro e a un profundo desenvolvemento industrial. Para rematar, elevou o idioma finés a lingua nacional, equiparándoo ao sueco, posibilitando unha igualdade de oportunidades para unha maior proporción da sociedade. Alexandre II foi considerado como "O Bo Tsar" en Finlandia.
A actitude de Alexandre cara a Finlandia podería ser vista como unha verdadeira crenza de que as reformas serían máis fáciles de probar nun pequeno país homoxéneo que o conxunto de Rusia. O trato benevolente cara a Finlandia tamén pode ser visto como unha recompensa pola lealdade da poboación durante a guerra de Crimea e durante o levantamento polaco. Tamén podería ser un intento de debilitar os fortes lazos que Finlandia mantiña aínda con Suecia.
En 1866 houbo un atentado contra a vida do tsar en San Petersburgo, perpetrado por Dmitri Karakozov. O atentado produciuse no xardín de verán, sendo salvado o tsar por un home que apartou a tempo a arma do terrorista, impedindo así que o emperador recibira algunha ferida. Para conmemorar o feito, construíronse un gran número de capelas e igrexas en moitas cidades do Imperio.
Na mañá do 20 de abril de 1879, Alexandre II ía camiñando cara a Praza da Garda Persoal, cando foi atacado por un estudante chamado Aleksandr Soloviov. Tras ver un revolver nas súas mans, o tsar fuxiu. Soloviov disparou cinco veces, pero fallou e foi condenado a morte e aforcado o 28 de maio dese ano.
O estudante actuou pola súa conta, pero outros revolucionarios estaban desexosos de asasinar a Alexandre. En decembro de 1879, Narodnaia Volia (en rusoVontade do pobo), un grupo revolucionario radical que ideaba unha revolución social, organizou unha explosión no ferrocarril de Livadia a Moscova, pero non alcanzaron ao vagón do Tsar. Na noite do 5 de febreiro de 1880, o mesmo conxunto revolucionario levou a cabo un atentado nun salón do Palacio de Inverno, pero o tsar volveu a saír ileso, aínda que outras 67 persoas resultaron mortas ou feridas. O comedor tamén resultou danado.[1]
Alexandre tivo moitas amantes durante o seu matrimonio e foi pai de sete fillos ilexítimos recoñecidos. Estes inclúen a Antoinette Bayer (1856-1948), coa súa amante Guillermina Bayer; a Michael Bogdan-Oginski (1848-1909), coa condesa Olga Kalinóvskya (1818-1854); e a Joseph Raboxicz.
O 6 de xullo de 1880, menos dun mes despois da morte da tsarina María, ocorrida o 8 de xuño, Alexandre casou morganaticamente coa súa amante, a princesa Catalina Dolgorúkov, con quen xa tiña catro fillos:
Lincoln, W. Bruce. The Romanovs: Autocrats of All the Russias (1983) excerpt and text search
Moss, Walter G., Alexander II and His Times: A Narrative History of Russia in the Age of Alexander II, Tolstoy, and Dostoevsky. Londres: Anthem Press, 2002. onlineArquivado 12 de xaneiro de 2006 en Archive.is
Mosse, W. E. Alexander II and the Modernization of Russia (1958) onlineArquivado 13 de agosto de 2017 en Wayback Machine.
Pereira, N.G.O.,Tsar Emancipator: Alexander II of Russia, 1818–1881, Newtonville, Mass: Oriental Research Partners, 1983.