Teodoro III Alekseievich de Rusia ou Feodor III (en ruso: Фёдор III Алексеевич Романов, Fiodor Alekseievich Romanov). Nado o 9 de xuño de 1661 e finado o 7 de maio de 1682. Sucedeu ó seu pai o Tsar Alexis I no trono. Durante o seu curto reinado (1676-1682) a influencia cultural no Kremlin alcanzou ó seu cumio.
Vida
Nado en Moscova en 1661, foi o fillo de maior idade vivo do tsar Alexis I de Rusia e da súa muller María Miloslavskaya. Ós quince anos, 1676, subiu ó trono tras a morte do seu pai.
Dotado dun fino intelecto e unha nobre disposición, recibiu unha excelente educación a mans de Simeón Polotski, o monxe eslavo máis ilustrado do momento. Sabía polaco e mesmo posuía un inusitado coñecemento do latín.
Quedou inválido, a causa dunha enfermidade, (posiblemente o escorbuto) que o desfigurou e paralizou a metade do seu corpo.
Pasou a meirande parte do seu tempo en compañía de nobres como Yazykov e Likhachov, os que máis tarde introducirían na corte rusa o idioma, vestidos e cerimonias polacas.
O 28 de xullo de 1680, casou cunha aristócrata ucraína, Agatha Gruszewska, e asumiu o trono. A súa natural enerxía foi reducida pola súa discapacidade. Foi o fundador da Academia de Ciencias no mosteiro Zaikonospassky, onde todo o non prohibido pola Igrexa ortodoxa, incluídas as linguas eslavas, o grego, o latín e o polaco, foron tratadas polos eruditos.
A principal diferenza entre as reformas de Teodoro e as de Pedro I, foi que mentres que as do primeiro estaban enfocadas, aínda que non exclusivamente, ó beneficio da igrexa, as de Pedro I tiveron como obxecto o estado.
Porén, a reforma máis notable levada a cabo por Teodoro III, foi a abolición da praza prioritaria que marcara a vida administrativa, civil e militar de Moscova.
Teodoro finou sen descendencia o 7 de maio de 1682. A noticia da súa morte moveu a Insurrección de Moscova dese ano.
|
---|
Grandes Príncipes | |
---|
Tsares | |
---|
Emperadores | |
---|