Hidróxido de sodio

Propiedades

Hidróxido de sodio

Xerais

Nome Hidróxido de sodio
Outros nomes Hidróxido sódico
Sosa cáustica
Lixivia de sosa
Fórmula química NaOH
Aparencia Escamas, lentellas ou perliñas brancas.
Basicidade (pKb) 0,2

Físicas

Masa molar 40,0 g/mol
Punto de fusión 596 K (323 °C)
Punto de ebulición 1390 K (1663 °C)
Densidade 2,1 ×103kg/m3 (2,1 g/cm3)
Solubilidade 111 g/100 mL de auga (a 20 °C)
Compostos relacionados NaCl, NaF, Na2SO4; KOH NH4OH, Ca(OH)2, Al(OH)3

Seguridade

Catalogado como: Cáustico
MSDS External MSDS
Número CAS [1310-73-2]

As propiedades sen referencia veñen dadas en condicións estándar(100 kPa, 25 °C), a non ser que se indique outra cousa.

O hidróxido de sodio (NaOH), tamén coñecido como sosa cáustica, é unha base cáustica. É amplamente utilizado na industria, sobre todo como base forte, na fabricación de pasta de papel, na industria téxtil, na potabilización da auga, e na industria dos deterxentes. A produción mundial en 1998 era duns 45 millóns de toneladas. É tamén a base máis comunmente empregada nos laboratorios químicos.

Características xerais

O hidróxido de sodio puro é un sólido branco, dispoñible en lentellas, escamas, ou perliñas, e tamén en disolución ó 50%. É moi delicuescente e tamén absorbe facilmente dióxido de carbono do aire, polo que debe ser almacenado en envases selados hermeticamente. É moi soluble en auga con liberación de calor. Tamén se disolve en etanol e metanol, aínda que exhibe unha solubilidade máis baixa nestes disolventes que o hidróxido de potasio. É insoluble en dietil éter e outros disolventes non polares. Unha disolución de hidróxido de sodio deixará unha mancha amarela sobre tela ou papel.

Propiedades químicas

O hidróxido de sodio é un composto iónico, que conten os ións sodio e hidróxido. O ión hidróxido fai do hidróxido de sodio unha base forte coa que reaccionan os ácidos formando auga e os sales correspondentes, por exemplo, co ácido clorhídrico, formase cloruro de sodio:

NaOH (aq) + HCl (aq) → NaCl (aq) + H2O (l)

En xeral tales reaccións represéntanse por unha ecuación iónica neta simple: OH (aq) + H+ (aq) → H2O

Este tipo de reacción é moi exotérmica cando se utiliza un ácido forte. Tales reaccións ácido-base poden utilizarse para titulacións, sendo esta a maneira máis común de determinar a concentración de ácidos. Ademais da xa mencionada reacción co dióxido de carbono, o hidróxido de sodio reacciona tamén con outros óxidos ácidos; por exemplo co dióxido de xofre (SO2) reacciona totalmente. Estas reaccións son de uso frecuente para eliminar os gases ácidos prexudiciais (como SO2 e H2S) e previr a súa emisión á atmosfera. :

2 NaOH + CO2Na2CO3 + H2O

O hidróxido de sodio reacciona lentamente co vidro formándose silicato de sodio, así que os empalmes de cristal e as chaves de paso expostas ao NaOH teñen tendencia a soldarse. Reactores químicos, conducións e aparatos de vidro son danados pola exposición ao hidróxido de sodio, especialmente en quente.

O hidróxido de sodio non ataca ao ferro nin ao cobre, pero moitos outros metais, por exemplo aluminio, zinc e titanio son atacados rapidamente. En 1986, no Reino Unido, un tanque de aluminio foi utilizado equivocamente para transportar a disolución de hidróxido de sodio ao 25%, causando dano ó tanque. Pola mesma razón as cazarolas de aluminio non se deben limpar con lixivia. :

2 Al (s) + 6 NaOH (aq) → 3 H2 (g) + 2 Na3AlO3 (aq)

Moitos non metais tamén reaccionan co hidróxido de sodio, dando sales. Por exemplo o fósforo forma hipofosfito de sodio, mentres que o silicio da silicato de sodio. A diferenza do NaOH, os hidróxidos da meirande parte dos metais son insolubles, e polo tanto o hidróxido de sodio pódese utilizar para precipitar os hidróxidos do metal. Un deses hidróxidos é o hidróxido de aluminio, utilizado como xel floculante para filtrar e eliminar partículas materiais no tratamento de augas. O hidróxido de aluminio prepárase na planta de tratamento pola reacción do sulfato de aluminio co NaOH:

6NaOH (aq) + Al2 (SO4) 3 (aq) → 2 Al (OH) 3 (s) + 3 Na2SO4 (aq)

O hidróxido de sodio reacciona facilmente cos ácidos carboxílicos para formar os sales correspondentes, e é mesmo unha base bastante forte como para formar sales co fenol O NaOH pode ser utilizado tamén como base indutora da hidrólise de ésteres (saponificación), de amidas e de haluros de alquilo. Agora ben, a baixa solubilidade do NaOH en disolventes orgánicos fai que moitas veces se empregue o KOH máis ca el.

Hidrólise básica dun éster (saponificación)

Fabricación

En 1998, a produción total no mundo era dunhas 45 millóns de toneladas, das que 14 correspondéronlle a Norteamérica e Asia e 10 millóns a Europa.

Métodos de produción

O hidróxido de sodio prodúcese (xunto co cloro e o hidróxeno) por electrólise dunha disolución acuosa de cloruro de sodio. O hidróxido de sodio acumúlase no cátodo, onde a auga dá lugar a hidróxeno gas e o ión hidróxido:

2 Na+ + 2 H2O de + 2 e → H2 + 2NaOH

Para producir NaOH é preciso evitar a reacción do NaOH co cloro. Isto faise tipicamente dunha das tres formas que seguen, das que o proceso da célula de membrana é, economicamente, o máis viábel.

  • Proceso da célula de mercurio; O sodio metal forma unha amálgama co mercurio situado no cátodo; este sodio faise reaccionar despois con auga obténdose NaOH. Houbo preocupacións por verteduras de mercurio, aínda que as plantas modernas adoitan ser seguras.
  • Proceso da célula de diafragma; utiliza un cátodo de aceiro, e a reacción do NaOH co Cl2 evítase empregando un diafragma poroso.
  • Proceso da célula de membrana; Este proceso é similar ao proceso da célula de diafragma, con membrana elaborada co copolímero Nafion, para separar as reaccións do cátodo e do ánodo. É menos custosa que o proceso da célula de diafragma, e produce un NaOH de máis alta calidade.

Un vello método para a produción do hidróxido de sodio era o proceso de LeBlanc, para a produción de carbonato de sodio. Este método xa non se utiliza, pero axudou a establecer o hidróxido de sodio como produto químico importante.

Usos

Un dos usos máis frecuentes no hidróxido de sodio é que con este se pode medir a concentración dos ácidos.

Aplicacións xerais

O hidróxido de sodio é a base forte de máis uso na industria química. Emprégase especialmente como disolución acuosa. Utilízase para reaccións químicas que necesiten o ión hidróxido e tamén para a neutralización de materiais ácidos. Pode ser utilizado tamén como neutralizante no refino do petróleo

Experimento

O hidróxido de sodio utilizouse xunto co zinc para a creación dos “peniques de ouro”. Férvese un penique ou unha moeda de 5 céntimos de euro nunha disolución de NaOH xunto cun pouco de zinc granulado, a cor do penique cambiará a cor prata en cerca de 45 segundos. Sostense entón o penique na lapa dun mecheiro durante algúns segundos e cambia a súa cor a dourada. A razón de que suceda isto é que o zinc granulado disólvese no NaOH para formar Zn (OH) 42-. Este ión, o zincato redúcese a cinc metálico na superficie de cobre do penique. O zinc e o cobre cando son quentados á elevada temperatura da lapa dan latón, de cor dourada.

Uso en análise químico

Dentro da química analítica, as disolucións do hidróxido de sodio son de uso frecuente para medir a concentración de ácidos; titulación. Posto que o NaOH non é un patrón primario, as disolucións deben estandardizarse por titulación contra un estándar, por exemplo ftalato de hidróxeno e potasio. (As buretas nas que se use NaOH deben aclararse inmediatamente despois do uso para evitar que a chave de paso se bloquee ó soldarse)

Fabricación de xabón

A fabricación do xabón por saponificación usando hidróxido de sodio é o proceso máis tradicional. Os árabes comezaron a producir xabón deste xeito no século VII, e o mesmo proceso básico aínda se emprega hoxe.

O biodiesel

O hidróxido de sodio utilízase como catalizador para a fabricación de biodiesel, por transesterification de metanol e de triglicéridos. Trabállase con hidróxido de sodio anhidro, porque a auga daría a volta o proceso e transformaría a graxa en xabón . O NaOH utilízase máis a miúdo que o hidróxido de potasio porque custa menos, e é necesaria unha cantidade menor para os mesmos resultados. Outra alternativa é o silicato de sodio.

Augaforte de aluminio

O aluminio disólvese debido ao ataque do hidróxido de sodio. Isto pode ser útil en gravar ao augaforte láminas de aluminio que pasan de puídas a satinadas.

Preparación de alimentos

As utilizacións alimenticias das disolucións de NaOH, (lixivias) inclúen o lavado e a peladura química de froitas e vexetais, procesamento do cacao, procesando, produción da cor caramelo, escaldado de aves de curral, procesado de xeados. As olivas empápanse a miúdo en lixivia de sosa para abrandalas. Alimentos especificamente procesados con lixivia de sosa inclúen:

  • Un manxar escandinavo de pescado, coñecido como lutefisk (de lut, lixivia, e fisk, peixe).
  • Millo tratado con disolucións de hidróxido de sodio fai que aumente de tamaño e poida ser procesados máis a fondo e salgado e cociñado en aceite quente permite formar "noces de millo".
  • Os pretzeles alemáns están escalfados nunha disolución de hidróxido de sodio na que se ferven antes de cocelos no forno, o que contribúe a súa codia única.

Veterinaria

O hidróxido de sodio emprégase para disolver restos animais, como cornos, escamas ou pelos.

Aplicacións domésticas

O hidróxido de sodio utilizase no fogar como un axente para desentullar tubos. Emprégase como produto sólido seco ou como xel. O mecanismo químico empregado é a conversión da graxa nunha forma de xabón que desta maneira é soluble en auga polo que será arrastrado por un chorro de auga. Substancias complexas, como proteínas e pelos tamén se descompoñen por este método. Estes desentulladores son altamente cáusticos e deben ser manexados con coidado. (véxanse as precaucións).

Precaucións

Ao manexar hidróxido de sodio é especialmente importante a protección de mans e ollos, polo que está recomendado o emprego de luvas e lentes protectoras polo perigo de causar queimaduras químicas, con lesión permanente, cicatrices ou cegueira. Un mantelo de PVC tamén está recomendado cando se utilizan as disolucións concentradas ou a forma sólida.

Debe ser almacenado lonxe de ácidos fortes, por exemplo do H2SO4. Pode crear bastante calor como para prender lume en substancias inflamables (por exemplo alcohois), así que debe ser agregado lentamente dentro dos procesadores de produción de biodiesel. O vinagre é un ácido suave que neutralizará as disolucións de NaOH, que é unha base forte, pero non se emprega vinagre nin ningún outro ácido para neutralizar unha base forte que tivese entrado en contacto coa pel; porque este proceso xerará calor e causará ademais unha queimadura por calor. Se as salpicaduras de lixivia de sosa entran en contacto coa pel, aclarar ben con cantidades copiosas de auga.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Read other articles:

Kemungkinan rute serangan yang melintasi Celah Fulda Celah Fulda (Jerman: Fulda-Lücke) adalah sebuah kawasan yang terletak di antara perbatasan Hessen-Thuringen (pernah menjadi perbatasan Jerman dalam) dan Frankfurt am Main yang memiliki dua jalur dengan topografi dataran rendah yang dapat dilintasi oleh tank yang dapat dikirim oleh Uni Soviet dan pasukan Pakta Warsawa untuk mengejutkan NATO dan mencapai kawasan Sungai Rhein. Celah yang dinamai dari kota Fulda ini merupakan kawasan yang ...

 

Teatro Municipal de Viña del Mar Monumento Histórico(Decreto n.º 435, del 23 de noviembre de 2009) LocalizaciónPaís Chile ChileDivisión Región de ValparaísoSubdivisión Provincia de ValparaísoLocalidad Viña del MarUbicación Plaza Vergara s/nCoordenadas 33°01′29″S 71°33′02″O / -33.02468889, -71.55052778Información generalEstilo HistoricistaDeclaración 23 de noviembre de 2009Parte de Anexo:Monumentos nacionales de la Región de ValparaísoConstrucció...

 

У цьому китайському імені прізвище (Лінь) стоїть перед особовим ім'ям. У Вікіпедії є статті про інших людей із прізвищем Лінь. Лінь ЦиньмяоЗагальна інформаціяНаціональність китаянкаНародження 16 лютого 1978(1978-02-16) (45 років)Зріст 163 смВага 56 кгСпортКраїна  Китайський Тайб...

Copa de la ReinaPenyelenggaraRFEFMulai digelar1983WilayahSpanyolJumlah tim52Juara bertahanBarcelona(gelar ke-9)Tim tersuksesBarcelona(9 gelar)Situs webrfef.es Copa de la Reina de Fútbol 2021–2022 Copa de la Reina (bahasa Indonesia: Piala Ratu) adalah kompetisi sepak bola wanita di Spanyol yang digelar tahunan. Nama lengkap kompetisi ini adalah Campeonato de España - Copa de Su Majestad la Reina (Kejuaraan Ratu Spanyol - Piala Ratu yang Mulia). Sejarah Kompetisi ini pertama kali digela...

 

Mini Skirt Sampul bukuPengarangHilman HariwijayaIlustratorSi JonNegaraIndonesiaBahasaIndonesiaSeri6GenreDrama KomediPenerbitPT. Gramedia Pustaka UtamaTanggal terbitApril 1993Jenis mediaSoft CoverHalaman176ISBNISBN 979-511-714-9Didahului olehBack Street Diikuti olehOlga dan TV Swasta  Mini Skirt' adalah buku seri Olga yang kelima karya Hilman Hariwijaya dan diterbitkan pertama kali pada bulan April 1993. Buku ini ditulis oleh Hilman yang terbagi menjadi 10 cerita ...

 

?МіктофовіЧас існування: Олігоцен — наш час Myctophum punctatum Біологічна класифікація Домен: Ядерні (Eukaryota) Царство: Тварини (Animalia) Тип: Хордові (Chordata) Підтип: Черепні (Craniata) Надклас: Щелепні (Gnathostomata) Клас: Променепері (Actinopterygii) Підклас: Новопері (Neopterygii) Інфраклас:

1997 Argentine horror film This article needs additional citations for verification. Please help improve this article by adding citations to reliable sources. Unsourced material may be challenged and removed.Find sources: Plaga Zombie – news · newspapers · books · scholar · JSTOR (August 2022) (Learn how and when to remove this template message) You can help expand this article with text translated from the corresponding article in Spanish. (Septe...

 

Artikel ini sebatang kara, artinya tidak ada artikel lain yang memiliki pranala balik ke halaman ini.Bantulah menambah pranala ke artikel ini dari artikel yang berhubungan atau coba peralatan pencari pranala.Tag ini diberikan pada Oktober 2022. Grafik kandil (istilah lain dari grafik kandil Jepang ) merupakan sebuah bentuk grafik keuangan yang digunakan untuk menggambarkan pergerakan harga dalam perdagangan saham, berjangka, cryptocurrency, atau pasar valuta asing . Setiap satu kandil umumnya...

 

2010 Thai filmOng-Bak 3Thai posterDirected by Tony Jaa Panna Rittikrai Written by Tony Jaa Panna Rittikrai Produced by Tony Jaa Panna Rittikrai Akarapol Techaratanaprasert Starring Tony Jaa Dan Chupong CinematographyNuttawut KittikunEdited by Saravut Nakajud Nuttawut Kittikun Music byTerdsak JanpanDistributed bySahamongkol Film InternationalRelease date May 5, 2010 (2010-05-05) Running time95 minutesCountryThailandLanguageThai Ong-Bak 3 (Thai: องค์บาก 3) is a 2010...

Este artículo se refiere o está relacionado con un evento de salud pública reciente o actualmente en curso. La información de este artículo puede cambiar frecuentemente. Por favor, no agregues datos especulativos y recuerda colocar referencias a fuentes fiables para dar más detalles. Artículo principal: Pandemia de COVID-19 en Perú Pandemia de COVID-19 en Pasco Parte de Pandemia de COVID-19 Provincias con casos confirmados de COVID-19. Provincias con muertos confirmados de COVID-...

 

Family of transport proteins This article is an orphan, as no other articles link to it. Please introduce links to this page from related articles; try the Find link tool for suggestions. (November 2016) YedZ (TC# 5.B.7) of E. coli has been examined topologically and has 6 transmembrane segments (TMSs) with both the N- and C-termini localized to the cytoplasm.[1] von Rozycki et al. 2004 identified homologues of YedZ in bacteria and animals. YedZ homologues exhibit conserved histidyl r...

 

Pembrokeshire MilitiaRoyal Pembroke RiflesRoyal Pembroke ArtilleryActive1661–16 March 1909Country England (1661–1707) Kingdom of Great Britain (1707–1800) United Kingdom (1801–1909)Branch MilitiaRoleInfantryGarrison ArtillerySizeRegimentGarrison/HQHaverfordwestFort Hubberstone, Milford Haven (from 1885)Military unit The Pembrokeshire Militia, later the Royal Pembroke Rifles, was an auxiliary[a] regiment reorganised from earlier precursor units in the Welsh count...

Artikel ini tidak memiliki referensi atau sumber tepercaya sehingga isinya tidak bisa dipastikan. Tolong bantu perbaiki artikel ini dengan menambahkan referensi yang layak. Tulisan tanpa sumber dapat dipertanyakan dan dihapus sewaktu-waktu.Cari sumber: Angin surya – berita · surat kabar · buku · cendekiawan · JSTOR Plasma pada angin surya bertemu di heliopause Angin surya adalah suatu aliran partikel bermuatan (yakni plasma) yang menyebar ke segala ara...

 

Disco album featuring the characters of Sesame Street Sesame Street FeverSoundtrack album and concept album by Sesame Street and Robin GibbReleasedAugust 1978RecordedMay 1978StudioCBS 30th Street Studio and Mediasound(New York, New York)GenreDisco, Children's musicLength32:02LabelChildren's Television WorkshopProducerJoe Raposo Sesame Street Fever is a concept album made by the cast of Sesame Street in 1978. It follows the characters as a love of disco sweeps Sesame Street. The album ...

 

كبلر-4 معلومات الرصد حقبة J2000      اعتدالان J2000 كوكبة التنين مطلع مستقيم 19س 2د 27.68ث[1] الميل °+50 ′8 ″8.7[1] القدر الظاهري (V) 12.6 القياسات الفلكية البعد 1631 س.ض الخصائص نوع الطيف G0 تفاصيل كتلة 1.092 ± 0.073[2] ك☉ نصف قطر 1.533 ± 0.040[2] نق☉ إضاءة 0.354 ± 0.1&#...

فقدان الذاكرة Amnesia معلومات عامة الاختصاص طب الجهاز العصبي من أنواع اضطراب معرفي،  واضطرابات الذاكرة،  ومتلازمة مرضية نفسية  [لغات أخرى]‏،  ومرض  الإدارة أدوية دونيبيزيل،  وميمانتين،  وبيراسيتام  حالات مشابهة انقطاع النفس النومي،  وأرق  التا...

 

Sailing at the Olympics Men's Star[1]at the Games of the XXVIII OlympiadLine drawing of the Star(Current Configuration)VenueAgios Kosmas Olympic Sailing CentreDatesFirst race: 21 August 2004 (2004-08-21)Last race: 28 August 2004 (2004-08-28)Competitors34 from 17 nationsTeams17Medalists Torben GraelMarcelo Ferreira  Brazil David Ross MacDonaldMike Wolfs  Canada Pascal RambeauXavier Rohart  France← 20002008 → ...

 

Rugby playerTom DeaconBirth nameJ. Thomas DeaconPlace of birthSwansea, WalesPlace of deathMorriston, WalesRugby union careerPosition(s) ForwardAmateur team(s)Years Team Apps (Points)?-18901890-? Morriston RFCSwansea RFC ()International careerYears Team Apps (Points)1891-1892 Wales 4 (0) Thomas Deacon (1868 – 21 July 1921)[1] was a Welsh international rugby union forward who played club rugby for Swansea and international rugby for Wales Rugby career Swansea born Deacon bega...

?Pipistrellus pipistrellus supraspecies Біологічна класифікація Царство: Animalia Тип: Chordata Клас: Mammalia Ряд: Chiroptera Підряд: Microchiroptera Родина: Vespertilionidae Рід: Pipistrellus Біноміальна назва Pipistrellus nathusii Проєкт Віківиди має дані за темою:Нетопир звичайний Нетопир звичайний — надвид кажанів родини лилико...

 

Ten artykuł dotyczy filmu z 2010. Zobacz też: inne znaczenia słowa „Maczeta”. MaczetaMachete Gatunek akcja Data premiery 1 września 201026 listopada 2010 (Polska) Kraj produkcji Stany Zjednoczone Język angielski, hiszpański Czas trwania 105 min Reżyseria Robert RodriguezEthan Maniquis Scenariusz Robert RodriguezAlvaro Rodriguez Główne role Danny TrejoMichelle Rodriguez Muzyka ChingonCarl ThielJohn Debney Zdjęcia Jimmy Lindsay Scenografia Christopher Stull Kostiumy Nina Proctor ...

 

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!