O xabón[1] ou xabrón[2] é un produto que se utiliza para a hixiene persoal e para lavar determinados obxectos,[3] inclusive utilizado para decorar. Encontrámolo en forma de pastillas, po ou cremas. En sentido estrito, existe unha grande diferenza entre xabón, un deterxente e un xampú. Hai tamén o xabón de lavandería, usado para lavar roupas.
↑Referencia en varios dicionarios galegos. A RAG recolle no seu dicionario xabrón como variedade. O termo xabonete utilizábase soamente para o xabón de mans (coma no portugués: sabonete). "xabón" no Dicionario de Dicionarios.