Herón de Alexandría

Modelo:BiografíaHerón de Alexandría

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(grc) Ἥρων ὁ Ἀλεξανδρεύς Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(grc) Ἥρων Editar o valor en Wikidata
c. 10 Editar o valor en Wikidata
Alexandría, Exipto Editar o valor en Wikidata
Mortec. 75 Editar o valor en Wikidata (64/65 anos)
Alexandría, Exipto Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoXeometría, mecánica, enxeñaría, óptica, matemáticas e xeodesia Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónmatemático, enxeñeiro, mechanical automaton engineer (en) Traducir, físico, inventor Editar o valor en Wikidata
Período de tempoGrecia Antiga Editar o valor en Wikidata
Período de actividade(Con vida en: século I Editar o valor en Wikidata)
Obra
Obras destacables

Descrito pola fonteReal'nyj slovar' klassicheskih drevnostej po Ljubkeru
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Dictionary of African Biography, Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1304497

Herón de Alexandría[1] (en grego: Ἥρων ὁ Ἀλεξανδρεύς, Heron ho Alexandreus), nado en Alexandría (Exipto) arredor do ano 10 e finado na mesma cidade arredor de 75, foi un enxeñeiro e matemático helenístico.

Foi considerado un dos científicos e inventores máis grandes da antigüidade[2] e o seu traballo é representativo da tradición científica helenista.[3]

En matemáticas é lembrado principalmente pola fórmula de Herón, un método de calcular a área dun triángulo usando só as lonxitudes dos seus lados.

Perdéronse gran parte dos escritos e deseños orixinais de Herón, mais algunhas das súas obras conserváronse, principalmente en manuscritos do Imperio Romano de Oriente, e unha parte máis pequena en traducións latinas ou árabes.

Traxectoria

Tralo período helenístico, a ciencia grega destacou na cidade de Alexandría, perdurando varios séculos ata a caída do Imperio Romano. Alí xurdiron periodicamente abrochos de xenialidade.

A orixe de Herón puido ser grega[2] ou exipcia helenizada.[4][5][6] É case seguro que Herón deu clases no Museion que incluía a Biblioteca de Alexandría, porque a maioría dos seus escritos aparecen como apuntamentos de aulas para cursos de matemáticas, mecánica, física e pneumática. Baseouse frecuentemente en Ctesibio, inventor grego do século III a.C., de quen se teñen noticias polo propio Herón e por Vitruvio. Describiu gran número de máquinas sinxelas e xeneralizou o principio da panca de Arquímedes.

Aínda que o campo non se formalizou ata o século XX, crese que o traballo de Herón, en particular os seus dispositivos automatizados, representan unha das primeiras investigacións formais en cibernética.[7] Tamén demostrou unha actitude premoderna para a mecánica, descubrindo, aínda que de forma arcaica, a lei de acción e reacción. Na súa obra Mecánica describiu os pantógrafos.[8]

Inventos e descubrimentos

Máquina de vapor

Eolípila de Herón.

Un dos seus maiores logros foi a descrición[9] da primeira máquina de vapor, coñecida como «eolípila», «aelópilo» ou «aelópila», e a fonte de Herón, cunha aplicación práctica que nos templos lle valeu o pseudónimo de «o Mago». A eolípila era unha máquina que consistía nunha esfera oca conectada a unha caldeira á que se lle adaptaban dous tubos curvos. O interior da esfera estaba repleto de auga que se facía ferver provocando que polos tubos arrincase o vapor, facendo virar a bóla moi rápido. Porén, unha das curiosidades do eolípilo é que nunca tivo un fin práctico en si. Algunhas fontes comentan que o invento non era máis que un xoguete coa finalidade de entreter os nenos.

Herón describiu, aínda que de forma arcaica mediante o eolípilo, a lei de acción e reacción de Isaac Newton, experimentando con vapor de auga. Xeneralizou o principio da panca de Arquímedes.

Peumática, hidráulica e robótica

Foi autor de numerosos tratados de mecánica, como Pneumática (πνευματικά), en que estuda a hidráulica, e Autómatas (Αυτοματοποιητική), primeiro libro de robótica da historia.[10] En Sobre a dioptra (Περί διόπτρας) describe o funcionamento deste aparello, semellante ao actual teodolito, empregado en observacións terrestres e astronómicas durante séculos. Tamén nese libro describe o hodómetro, utilizado para medir distancias percorridas por un viandante ou un vehículo.

Ademais, realizou unha descrición detallada do hýdraulis de Ctesibio, un órgano que funcionaba con auga.

Reconstrución do órgano de Herón

Unha das súas construcións foi a primeira máquina expendedora. Cando se introducía unha moeda pola parte superior da máquina, esta dispensaba unha cantidade de auga. Apareceu no seu libro Mécánica e óptica.[11] Tamén deseñou un órgano que funcionaba co vento, primeira máquina da historia activada mediante enerxía eólica.[12][13]

Óptica

En óptica, propuxo na súa Catóptrica (Κατοπτρικά) que a luz viaxa seguindo o camiño xeometricamente máis curto.

Matemáticas

Con todo, é coñecido sobre todo como matemático, tanto no campo da xeometría como no da xeodesia, rama das matemáticas que se encarga da determinación do tamaño e configuración da Terra.

Como matemático, escribiu Métrica (Μετρικά), obra en que estuda as áreas das superficies e os volumes dos corpos. Desenvolveu tamén técnicas de cálculo, tomadas dos babilonios e exipcios, como o cálculo de raíces cadradas mediante iteracións[14] e un método para calcular raíces cúbicas.[15]

O seu logro máis destacado no campo da xeometría é a denominada fórmula de Herón, en que se establece a relación entre a área dun triángulo e a lonxitude dos seus lados:

Obras

O libro Sobre os autómatas de Herón de Alexandría (edición de 1589)

As obras coñecidas escritas por Herón inclúen:

  • Pneumatica (Πνευματικά), descrición de máquinas que funcionan con ar, vapor ou presión da auga, incluídas o hydraulis ou órgano de auga[16]
  • Automata, descrición de máquinas que permiten accións nos templos por métodos mecánicos ou pneumáticos, como aperturas ou pechamentos de portas e estatuas que verten viño[17]
  • Mechanica, só se conserva en árabe, escrito para arquitectos, que contén medios para levantar obxectos pesados
  • Metrica, descrición de como calcular superficies e volumes de obxectos diferentes
  • Sobre a Dioptra, colección de métodos para medir lonxitudes, obra en que se describen o hodómetro e a dioptra, aparello que lembra o teodolito
  • Belopoeica, descrición de máquinas de guerra
  • Catoptrica, sobre a progresión da luz, a reflexión e o uso de espellos

As seguintes obras foron atribuídas a Herón, pero agora crese que probablemente fosen escritas por outros autores:[18]

  • Geometrica, colección de ecuacións baseadas no primeiro capítulo de Metrica
  • Stereometrica, exemplos de cálculos tridimensionais baseados no segundo capítulo de Metrica
  • Mensurae, ferramentas que se poden empregar para realizar medidas, baseadas en Stereometrica e Metrica
  • Cheiroballistra, sobre catapultas
  • Definitiones, contén definicións de vocábulos para a xeometría

obras que das que só se conservan fragmentos:

  • Geodesia
  • Geoponica

Recoñecementos

Notas

  1. Colera Jiménez, José; Oliveira González, María José; Colrea Cañas, Ramón; Santaella Fernández, Elizabeth (2015). Matemáticas I. Anaya. p. 113. ISBN 978-84-678-8339-8. 
  2. 2,0 2,1 Research Machines plc. (2004). The Hutchinson Dictionary of Scientific Biography. Abingdon, Oxon: Helicon Publishing. p. 546. Hero of Alexandria (lived c. AD 60). Greek mathematician and engineer, the greatest experimentalist of antiquity 
  3. Marie Boas, «Hero's Pneumatica: A Study of Its Transmission and Influence», Isis, vol. 40, n.º 1 (febreiro de 1949), p. 38 y supra.
  4. George Sarton (1936). "The Unity and Diversity of the Mediterranean World", Osiris 2, p. 406-463 [429]
  5. John H. Lienhard (1995). "Hero of Alexandria". The Engines of Our Ingenuity. Episodio 1038. NPR. KUHF-FM Houston. 
  6. T. D. De Marco (1974). "Gas-Turbine Standby-Power Generation for Water-Treatment Plants", Journal American Water Works Association 66 (2), p. 133-138.
  7. Kelly, Kevin (1994). Out of control: the new biology of machines, social systems and the economic world. Boston: Addison-Wesley. ISBN 0-201-48340-8. 
  8. Ceccarelli, Marco (2007). Distinguished Figures in Mechanism and Machine Science: Their Contributions and Legacies. Springer. p. 230. ISBN 978-1-4020-6366-4. 
  9. Hero (1899). "Pneumatika, Book ΙΙ, Chapter XI". Herons von Alexandria Druckwerke und Automatentheater (en grego e alemán). Wilhelm Schmidt (tradutor). Leipzig: B.G. Teubner. pp. 228–232. 
  10. "Carl Sagan: la Biblioteca de Alejandría e Hipatia en Cosmos". Arquivado dende o orixinal o 07 de abril de 2010. Consultado o 29 de marzo de 2010. 
  11. Humphrey, John W.; Oleson, John P.; Sherwood, Andrew N. (1998). Greek and Roman technology: A Sourcebook. Annotated translations of Greek and Latin texts and documents. Routledge Sourcebooks for the Ancient World. London e Nova York: Routledge. ISBN 978-0-415-06137-7. , pp. 66–67
  12. A.G. Drachmann, "Heron's Windmill", Centaurus, 7 (1961), pp. 145–151
  13. Dietrich Lohrmann, "Von der östlichen zur westlichen Windmühle", Archiv für Kulturgeschichte, Vol. 77, Issue 1 (1995), pp. 1–30 (10f.)
  14. Heath, Thomas (1921). A History of Greek Mathematics, Vol. 2. Oxford: Clarendon Press. pp. 323–324. 
  15. Smyly, J. Gilbart (1920). "Heron's Formula for Cube Root". Hermathena (Trinity College Dublin) 19 (42): 64–67. JSTOR 23037103. 
  16. McKinnon, Jamies W. (2001). Hero of Alexandria and Hydraulis. The New Grove Dictionary of Music and Musicians. Oxford University Press. 
  17. De gli automati, overo machine se moventi, Volume 2 (Venecia, 1589; repr. 1601), On Automaton; traducido do grego.
  18. O'Connor, J.J.; Robertso, E.F. "Heron biography". The MacTutor History of Mathematics archive. Consultado o 2006-06-18. 

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

Read other articles:

 Giro di Sardegna 2011Edizione29ª Data22 febbraio - 26 febbraio PartenzaOlbia ArrivoGesturi Percorso856,7 km, 5 tappe Tempo22h28'24 Media38,111 km/h Valida perUCI Europe Tour 2011 Classifica finalePrimo Peter Sagan Secondo José Serpa Terzo Damiano Cunego Classifiche minoriPunti Peter Sagan Montagna David Boily Traguardi volanti Arkimedes Arguelyes Cronologia Edizione precedenteEdizione successiva Giro di Sardegna 2010Giro di Sardegna 2020 Manuale Il Giro di Sardegna...

 

Ранні журавлірос. Ранние журавли Жанр драмаРежисер Болотбек ШамшиєвСценарист Чингіз АйтматовБолотбек ШамшиєвУ головних ролях Еміль БорончієвСуйменкул ЧокморовОператор Сергій ТараскінКомпозитор Олександр КнайфельХудожник Віктор АмельченковКінокомпанія Киргизфіль

 

?Nais communis Біологічна класифікація Царство: Тварини (Animalia) Тип: Кільчасті черви (Annelida) Клас: Clitellata Підклас: Малощетинкові черви (Oligochaeta) Ряд: Гаплотаксиди (Haplotaxida) Підряд: Tubificina Родина: Naididae Підродина: Naidinae Рід: Nais Вид: N. communis Біноміальна назва Nais communisPiquet, 1906 Посилання ITIS: 68950 NCBI: 18...

هذه المقالة يتيمة إذ تصل إليها مقالات أخرى قليلة جدًا. فضلًا، ساعد بإضافة وصلة إليها في مقالات متعلقة بها. (ديسمبر 2020) تشارلز أ. جنكينز   معلومات شخصية الميلاد 18 ديسمبر 1962 (61 سنة)  نورفولك، فيرجينيا  مواطنة الولايات المتحدة  الحياة العملية المدرسة الأم جامعة جيمس ماد

 

Tang dynasty conquest Conquest of KarasahrPart of Tang campaign against the oasis statesMap of the campaigns against the oasis states of the Tarim Basin, including the defeat of KarasahrDate644 and 648LocationTarim BasinResult Decisive Tang victory Tang military garrison installed in Karasahr Tang loyalist is enthroned as ruler and Tang control of Karasahr is re-established (648) Indo-European Tocharian influence in Central Asia declinesBelligerents Tang dynasty KarasahrWestern Turkic Khagana...

 

この記事は検証可能な参考文献や出典が全く示されていないか、不十分です。出典を追加して記事の信頼性向上にご協力ください。(このテンプレートの使い方)出典検索?: 神奈川県道727号川西線 – ニュース · 書籍 · スカラー · CiNii · J-STAGE · NDL · dlib.jp · ジャパンサーチ · TWL(2012年8月) 一般県道 神奈川県道727号 川西線 起

Dynamische-Pyramide-Weltmeisterschaft 2014 Austragungsort Taras, Kasachstan Eröffnung 18. September 2014 Endspiel 21. September 2014 Disziplin Dynamische Pyramide Sieger Kirgisistan Kanybek Sagynbajew ← 2013 2015 → Die Dynamische-Pyramide-Weltmeisterschaft 2014 war die vierte Austragung der Weltmeisterschaft in der Billarddisziplin Dynamische Pyramide. Sie fand vom 18. bis 21. September 2014 in Taras statt und damit zum zweiten Mal in Folge in Kasachstan.[1]...

 

Marquesado de Corpa Primer titular Luis Ibáñez de Segovia y PeraltaConcesión Carlos II de España12 de junio de 1683Linajes Ibáñez de SegoviaDe la PuenteGoyenecheActual titular José Manuel de Goyeneche y Moreno[editar datos en Wikidata] Juan José de la Puente e Ibáñez de Segovia, V Marqués de Corpa El marquesado de Corpa es un título nobiliario español concedido el 12 de junio de 1683, por el rey Carlos II, a Luis Ibáñez de Segovia y Peralta,[1]​ de familia afinc...

 

هذه المقالة بحاجة لمراجعة خبير مختص في مجالها. يرجى من المختصين في مجالها مراجعتها وتطويرها. يفتقر محتوى هذه المقالة إلى الاستشهاد بمصادر. فضلاً، ساهم في تطوير هذه المقالة من خلال إضافة مصادر موثوق بها. أي معلومات غير موثقة يمكن التشكيك بها وإزالتها. (ديسمبر 2018) هذه المقالة ...

American politician Catherine HanawayHanaway in 2016United States Attorney for the Eastern District of MissouriIn office2005–2009Preceded byJames MartinSucceeded byMichael Reap (Acting)69th Speaker of the Missouri House of RepresentativesIn office2003–2005Preceded byJim KreiderSucceeded byRod JettonMember of the Missouri House of Representativesfrom the 87th districtIn office1999–2005Preceded byRaymond W. Bill Hand[1]Succeeded byScott Muschany[2] Personal det...

 

Turkish footballer Alim Öztürk Öztürk in 2018Personal informationFull name Alim Öztürk[1]Date of birth (1992-11-17) 17 November 1992 (age 31)Place of birth Alkmaar, NetherlandsHeight 1.91 m (6 ft 3 in)[2]Position(s) DefenderTeam informationCurrent team SamsunsporNumber 5Youth career AFC '34 Hellas Sport Combinatie GroningenSenior career*Years Team Apps (Gls)2011–2013 Cambuur 13 (0)2013–2014 Trabzonspor 0 (0)2013–2014 → 1461 Trabzon (loan) 18 (...

 

Guangzhou Metro station Chen Clan Academy陈家祠Line 1 platformLine 8 Platform 3Chinese nameSimplified Chinese陈家祠站Traditional Chinese陳家祠站TranscriptionsStandard MandarinHanyu PinyinChénjiācí ZhànYue: CantoneseJyutpingcan4gaa1ci4 zaam6 General informationLocationLiwan District, Guangzhou, GuangdongChinaOperated byGuangzhou Metro Co. Ltd.Line(s)      Line 1      Line 8 Platforms4 (2 island platforms)Tracks4ConstructionS...

Ethnikis Antistaseos Square, view from Maizonos Street. Ethnikis Antistaseos Square (Greek: Πλατεία Εθνικής Αντιστάσεως) is a central square in the city of Patras, Greece. Location and history The square is defined by the Aratou Street in the northeast, Maizonos Street in the southeast, Kolokotroni Street in the southwest and Riga Feraiou Street in the northwest. Originally the square was intended as a market, but it was planted with trees and became a public square k...

 

Black AdamSutradara Jaume Collet-Serra Produser Dwayne Johnson Dany Garcia Hiram Garcia Beau Flynn Ditulis oleh Adam Sztykiel Rory Haines Sohrab Noshirvani BerdasarkanBlack Adamoleh Otto BinderC. C. BeckPemeran Dwayne Johnson Noah Centineo Aldis Hodge Sarah Shahi Quintessa Swindell Pierce Brosnan SinematograferLawrence SherPerusahaanproduksi New Line Cinema DC Films Seven Bucks Productions FlynnPictureCo. DistributorWarner Bros. PicturesTanggal rilis 19 Oktober 2022 (2022-10-19) (Ind...

 

Wales based men's choir Members of the choir in blazer and tie awaiting a bus (2008) Treorchy Male Choir, also known as Treorchy Male Voice Choir, is a choir based in Treorchy in the Rhondda Valley, Wales, United Kingdom. History Choirs have existed in the Rhondda Valley for more than a 150 years and Treorchy is one of the best known from the area. One of its first male choirs was formed in the Red Cow Hotel in the summer of 1883[1] and developed into a National Eisteddfod winner, cul...

Opening for air to enter car engines This article needs additional citations for verification. Please help improve this article by adding citations to reliable sources. Unsourced material may be challenged and removed.Find sources: Hood scoop – news · newspapers · books · scholar · JSTOR (October 2009) (Learn how and when to remove this template message) Functional hood scoop on a Subaru Impreza WRX A hood scoop (North American English) or bonnet scoop...

 

One or more generators which convert natural gas into electricity A cogeneration plant in Berlin Share of electricity production from gas 2019 world electricity generation by source (total generation was 27 petawatt-hours)[1][2]   Coal (37%)  Natural gas (24%)  Hydro (16%)  Nuclear (10%)  Wind (5%)  Solar (3%)  Other (5%) A gas-fired power plant, sometimes referred to as gas-fired power station or natural ga...

 

Political ideology representing the conservative wing of the liberal movement This article is about the political ideology representing the conservative wing of the liberal movement. For conservatism influnced by liberalism, see Liberal conservatism. This article may be written in a style that is too abstract to be readily understandable by general audiences. Please improve it by defining technical terminology, and by adding examples. (August 2016) Part of a series onLiberalism Schools Classi...

2017 Indian filmMOJOMOJO Kannada PosterDirected bySreesha BelakvaadiScreenplay bySreesha BelakvaadiProduced byGajanan Bhat Satish Pathak Santosh Patil Manayya BellignurStarringManu AnooshaCinematographyAnanth UrsEdited byRathanMusic byS. D. ArvindProductioncompanyPoorvi ArtsRelease date 27 October 2017 (2017-10-27) Running time110 minutesCountryIndiaLanguageKannadaBudget1.5 crore INR Mōjo is a 2017 Indian Kannada drama film written and directed by Sreesha Belakvaadi.[1]...

 

NJ Transit rail station For the historic train station in Indiana, see Morristown station (Indiana). MorristownThe station building in 2012General informationLocation132 Morris StreetMorristown, New Jersey, U.S.Platforms2 side platformsTracks2Connections NJ Transit Bus: 871, 872, 873, 874, 875, 880 Community Coach: 77ConstructionParking455 spacesAccessibleYesOther informationStation code430 (Delaware, Lackawanna and Western)[1]Fare zone14HistoryOpenedJanuary 1, 1838[2]Reb...

 

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!