Grupo funcional

Bencil acetato formado por un acetilo e un benziloxi unidos por enace éster.

En química orgánica, os grupos funcionais son grupos específicos de átomos ou enlaces que forman parte de moléculas, que teñen determinadas propiedades químicas que son responsables das reaccións químicas características que establecen ditas moléculas. Un grupo funcional realiza o mesmo tipo de reacción química (ou moi similar) independentemente do tamaño da molécula da que forma parte.[1][2] Porén, a súa reactividade relativa pode ser modificada por outros grupos funcionais próximos.

A palabra residuo ou resto (moiety) úsase ás veces como sinónimo de "grupo funcional", pero, segundo a IUPAC,[3] un "residuo" é unha parte dunha molécula que pode conter grupos funcionais completos ou partes deles como subestruturas.

A combinación dos nomes dos grupos funcionais co nome dos alcanos xera unha extensa nomenclatura sistemática en química orgánica.

Os átomos dos grupos funcionais están unidos uns cos outros e co resto da molécula por enlaces covalentes. Cando o grupo de átomos unidos por enlaces covalentes leva unha carga eléctrica neta, o grupo denomínase con máis propiedadde ión poliatómico ou ión complexo. Calquera subgrupo de átomos dun composto pode denominarse tamén radical (pero a IUPAC prefire modernamente "grupo funcional"), e cando rompe un enlace covalente homoliticamente, os radicais fragmentados resultantes, con electróns desapareados denomínanse radicais libres (ou, modernamente, simplemente "radicais").[4]

O primeiro átomo de carbono despois do carbono que se une ao grupo funcional denomínase carbono alfa; o segundo, beta, o terceiro, gamma etc. Se hai outro grupo funcional nun carbono, pode ser nomeado coa letra grega dese carbono, por exemplo, o grupo gamma-amino no ácido gamma-aminobutanoico está no terceiro carbono (o gamma) da cadea carbonada unida ao grupo ácido carboxílico.

Química sintética

As reaccións orgánicas son facilitadas e controladas polos grupos funcionais dos reactivos. En xeral, os alquilos non son reactivos e é difícil que reaccionen selectivamente nas posicións desexadas, con poucas excepcións. Polo contrario, os grupos funcionais carbonados insaturados, e os grupos carbono-oxíxeno e carbono-nitróxeno poden intervir en diversas reaccións que son tamén selectivas. Pode ser necesario crear un grupo funcional nunha molécula para facer que reaccione. Por exemplo, para sintetizar iso-octano (presente na gasolina) a partir do alcano isobutano non funcionalizado (un gas de 4 carbonos), o isobutano é primeiro deshidroxenado a isobuteno. Este contén o grupo funcional alqueno e pode agora dimerizarse con outro isobuteno para dar iso-octeno, o cal é despois cataliticamente hidroxenado a iso-octano utilizando gas hidróxeno presurizado.

Funcionalización

A funcionalización é a adición de grupos funcionais na superficie dun material por métodos químicos sintéticos. O grupo funcional engadido pode ser sometido a métodos comúns de síntese para unirse virtualmente a calquera composto orgánico.

A funcionalización emprégase para a modificacións de superficies de materiais industriais para conseguir as propiedades desexadas na superficie, como coberturas que repelan a auga nos parabrisas de automóbiles, ou que eviten a adhesión de organismos ás superficies, coberturas hidrofílicas nas lentes de contacto etc. Ademais, os grupos funcionais utilízanse para unir covalentemente moléculas funcionais á superficie de aparellos químicos ou bioquímicos como as micromatrices (microarrays) e sistemas microelectromecánicos.

Os catalizadores poden unirse a un material que foi previamente funcionalizado. Por exemplo, a sílice pode funcionalizarse cunha alquil silicona, na que o alquilo contén un grupo funcional amino. No grupo amino sintetízase un ligando como un fragmento de EDTA, e acompléxase un catión metálico no fragmento de EDTA. O EDTA non está adsorbido sobre a superficie, senón conectado por un enlace quimico permanente.

Os grupos funcionais tamén se usan para unir covalentemente moléculas como marcaxes fluorescentes, nanopartículas, proteínas, ADN, e outros compostos de interese para unha variedade de aplicacións como a detección de substancias ou a investigación química básica.

Táboa dos grupos funcionais comúns

As listas seguintes conteñen os principais grupos funcionais. Nas fórmulas, os símbolos R e R' adoitan representar un hidróxeno ou unha cadea hidrocarbonada de diversa lonxitude, pero ás veces pode referirse tamén a calquera grupo de átomos.

Hidrocarburos

Un hidrocarbilo é un grupo funcional que contén só carbono e hidróxeno, do que hai varios tipos que varían en tamaño, número e orde dos enlaces π. Cada un difire no tipo (e alcance) da súa reactividade.

Clase química Grupo Fórmula Fórmula estrutural Prefixo Sufixo Exemplo
Alcano Alquilo R(CH2)nH Alquilo alquil- -ano metano
Etano
Alqueno Alquenilo R2C=CR2 Alqueno alquenil- -eno etileno
Etileno
(Eteno)
Alquino Alquinilo RC≡CR' Alquino alquinil- -ino acetileno
Acetileno
(Etino)
Derivados do benceno Fenilo RC6H5
RPh
Fenilo fenil- -benceno Cumeno
Cumeno
(2-fenilpropano)
Derivados do tolueno Bencilo RCH2C6H5
RBn
Bencilo bencil- 1-(substituínte)tolueno Bromuro de becilo
Bromuro de bencilo
(α-Bromotolueno)

Hai tamén un gran número de aneis de alcanos ramificados que teñen nomes específicos, por exemplo, ter-butilo, bornilo, ciclohexilo etc.

Os hidrocarburos poden formar estruturas cargadas: carbocatións cargados positivamente ou carbanións cargados negativamente. Exemplos son o troflio, os catións trifenilmetilo catións e o anión ciclopentadienilo.

Grupos que conteñen halóxenos

Os haloalcanos son un tipo de moléculas que se definen por teren un enlace carbono-halóxeno. Este enlace pode ser relativamente feble (no caso dos iodoalcanos) ou bastante estable (como nos fluoroalcanos). En xeral, coa excepción dos compostos fluorados, os haloalcanos rapidamente sofren reaccións de substitución nucleofíilica ou reaccións de eliminación. No resultado da reacción pode influír a substitución no carbono, a acidez dun protón adxacente, as condicións do solvente etc.

Clase química Grupo Fórmula Fórmula estrutural Prefixo Sufixo Exemplo
Haloalcano halo RX Grupo haluro halo- haluro de alquilo Cloroetano
Cloroetano
(Cloruro de etilo)
Fluoroalcano fluoro RF Grupo fluoro fluoro- fluoruro de alquilo Fluorometano
Fluorometano
(Fluoruro de metilo)
Cloroalcano cloro RCl grupo cloro cloro- cloruro de alquilo Clorometano
Clorometano
(Cloruro de metilo)
Bromoalcano bromo RBr Grupo bromo bromo- bromuro de alquilo Bromometano
Bromometano
(Bromuro de metilo)
Iodoalcano iodo RI Iodo group iodo- ioduro de alquilo Iodometano
Iodometano
(Ioduro de metilo)

Grupos que conteñen oxíxeno

Os compostos que conteñen enlaces C-O posúen diferentes reactividades baseadas na localización e hibridación dos enlaces C-O, debido ao efecto da retirada de electróns do oxíxeno con hibridación sp (grupo carbonilo) e os efectos doantes do oxíxeno con hibridación sp2 (grupos alcohol).

Clase química Grupo Fórmula Fórmula estrutural Prefixo Sufixo Exemplo
Alcohol Hidroxilo ROH
Hidroxilo
Hidroxilo
hidroxi- -ol methanol
Metanol
Cetona Carbonilo RCOR' Cetona -oíl- (-COR')
ou
oxo- (=O)
-ona Butanona
Butanona
(Metil etil cetona)
Aldehido Aldehido RCHO Aldehido formil- (-COH)
ou
oxo- (=O)
-al acetaldehido
Etanal
(Acetaldehido)
Haluro de acilo Haloformilo RCOX Haluro de acilo carbonofluoridoíl-
carbonocloridoíl-
carbonobromidoíl-
carbonoiodidoíl-
-oíl haluro Cloruro de acetilo
Cloruro de acetilo
(Etanoíl cloruro)
Carbonato Carbonato éster ROCOOR Carbonato (alcoxicarbonil)oxi- carbonato de alquilo trifosxeno
Trifosxeno
(bis(triclorometil) carbonato)
Carboxilato Carboxilato RCOO
Carboxilato
Carboxilato

Carboxilato

carboxi- -oato Acetato de sodio
Acetato de sodio
(Etanoato de sodio)
Ácido carboxílico Carboxilo RCOOH Ácido carboxílico carboxi- ácido -oico Ácido acético
Ácido acético
Ácido etanoico)
Éster Éster RCOOR' Éster alcanoiloxi-
ou
alcoxicarbonil
alquil alcanoato Butirato de etilo
Butirato de etilo
(butanoato de etilo)
Hidroperóxido Hidroperoxi ROOH Hidroperoxi hydroperoxi- alquil hidroperóxido Metil etil cetona peróxido
Metil etil cetona peróxido
Peróxido Peroxi ROOR Peroxi peroxi- alquil peróxido Di-ter-butil peróxido
Di-ter-butil peróxido
Éter Éter ROR'
Éter
Éter
alcoxi- alquil éter Dietil éter
Dietil éter
(Etoxietano)
Hemiacetal Hemiacetal RCH(OR')(OH) Hemiacetal alcoxi -ol -al alquil hemiacetal
Hemicetal Hemicetal RC(ORʺ)(OH)R' Hemicetal alcoxi -ol -ona alquil hemicetal
Acetal Acetal RCH(OR')(OR") Acetal dialcoxi- -al dialquil acetal
Cetal (ou Acetal) Cetal (ou Acetal) RC(ORʺ)(OR‴)R' Cetal dialcoxi- -ona dialquil cetal
Ortoéster Ortoéster RC(OR')(ORʺ)(OR‴) Ortoéster trialcoxi-
Ortocarbonato éster Ortocarbonato éster C(OR)(OR')(ORʺ)(OR″) Ortoéster tetralcoxi- tetraalquil ortocarbonato

Grupos que conteñen nitróxeno

Os compostos que conteñen nitróxeno nesta categoría poden ter enlaces C-O, como no caso das amidas.

Clase química Grupo Fórmula Fórmula estrutural Prefixo Sufixo Exemplo
Amida Carboxamida RCONR2 Amida carboxamido-
ou
carbamoíl-
-amida acetamida
Acetamida
(Etanamida)
Aminas Amina primaria RNH2 Amina primaria amino- -amina metilamina
Metilamina
(Metanamina)
Amina secundaria R2NH Amina secundaria amino- -amina dimetilamina
Dimetilamina
Amina terciaria R3N Amina terciaria amino- -amina trimetilamina
Trimetilamina
Catión amonio cuaternario R4N+ Catión amonio cuaternario amonio- -amonio colina
Colina
Imina Cetimina primaria RC(=NH)R' Imina imino- -imina
Cetimina secundaria RC(=NR)R' Imina imino- -imina
Aldimina primaria RC(=NH)H Imina imino- -imina
Aldimina secundaria RC(=NR')H Imina imino- -imina
Imida Imida (RCO)2NR' Imida imido- -imida Succinimida
Succinimida
(Pirrolidina-2,5-diona)
Azida Azida RN3 Organoazida azido- alquil azida Fenil azida
Fenil azida
(Azidobenceno)
Composto azo Azo
(Diimida)
RN2R' Azo.pngl azo- -diazeno Laranxa de metilo
Laranxa de metilo
(ácido p-dimetilamino-azobencenosulfónico)
Cianatos Cianato ROCN Cianato cianato- alquil cianato Cianato de metilo
Cianato de metilo
Isocianato RNCO Isocianato isocianato- alquil isocianato Metil isocianato
Isocianato de metilo
Nitrato Nitrato RONO2 Nitrato nitrooxi-, nitroxi-

alquil nitrato

Nitrato de amilo
Nitrato de amilo
(1-nitrooxipentano)
Nitrilo Nitrilo RCN Nitrilo ciano- alcanonitrilo
alquil cianuro
Benzonitrilo
Benzonitrilo
(Fenil cianuro)
Isonitrilo RNC Isocianuro isociano- alcanoisonitrilo
alquil isocianuro
Isocianuro de metilo
Isocianuro de metilo
Nitrito Nitrosooxi RONO Nitrito nitrosooxi-

alquil nitrito

Amil nitrito
Isoamil nitrito
(3-metil-1-nitrosooxibutano)
Composto nitro Nitro RNO2 Nitro nitro-   Nitrometano
Nitrometano
Composto nitroso Nitroso RNO Nitroso nitroso-   Nitrosobenceno
Nitrosobenceno
Derivado da piridina Piridilo RC5H4N

4-pyridyl group
3-pyridyl group
2-pyridyl group

4-piridil
(piridin-4-il)

3-piridil
(piridin-3-il)

2-piridil
(piridin-2-il)

-piridina Nicotina
Nicotina

Grupos que conteñen xofre

Os compostos que conteñen xofre mostran propiedades especiais porque poden formar máis enlaces ca o oxíxeno, o seu elemento análogo máis lixeiro da táboa peiódica. A nomenclatura substitutiva (indicada como prefixo na táboa) é a preferida en vez da nomenclatura de clase funcional (indicada como sufixo na táboa) para os sulfuros, disulfuros, sulfóxidos e sulfonas.

Clase química Grupo Fórmula Fórmula estrutural Prefixo Sufixo Exemplo
Tiol Sulfhidrilo RSH Sulfhidrilo sulfanil-
(-SH)
-tiol Etanetiol
Etanetiol
Sulfuro
(Tioéter)
Sulfuro RSR' Grupo sulfuro substituínte sulfanil-
(-SR')
di(substituíntesulfuro
Dimetil sulfuro

(Metilsulfanil)metano (prefixo) or
Dimetil sulfuro (sufixo)
Disulfuro Disulfuro RSSR' Disulfuro substituínte disulfanil-
(-SSR')
di(substituíntedisulfuro
Dimetil disulfuro

(Metildisulfanil)metano (prefixo) ou
Dimetil disulfuro (sufixo)
Sulfóxido Sulfinil RSOR' Grupo sulfinil -sulfinil-
(-SOR')
di(substituíntesulfóxido DMSO
(Metanosulfinil)metano (prefixo) ou
Dimetil sulfóxido (sufixo)
Sulfona Sulfonilo RSO2R' Grupo sulfonilo -sulfonil-
(-SO2R')
di(substituíntesulfona Dimetil sulfona
(Metanosulfonil)metano (prefixo) ou
Dimetil sulfona (sufixo)
Ácido sulfínico Sulfino RSO2H sulfino-
(-SO2H)
-ácido sulfínico Hipotaurina
Ácido 2-aminoetanosulfínico
Ácido sulfónico Sulfo RSO3H Grupo sulfonil sulfo-
(-SO3H)
-ácido sulfónico Ácido bencenosulfónico
Ácido bencenosulfónico
Tiocianato Tiocianato RSCN Tiocianato tiocianato-
(-SCN)
substituínte tiocianato Fenil tiocianato
Fenil tiocianato
Isotiocianato RNCS Isotiocianato isotiocianato-
(-NCS)
substituínte isotiocianato Alil isotiocianato
Alil isotiocianato
Tiona Carbonotioílo RCSR' Tiona -tioíl-
(-CSR')
ou
sulfanilideno-
(=S)
-tiona Difenilmetanotiona
Difenilmetanotiona
(Tiobenzofenona)
Tial Carbonotioílo RCSH Tial metanotioíl-
(-CSH)
ou
sulfanilideno-
(=S)
-tial

Grupos que conteñen fósforo

Os compostos que conteñen fósforo mostran características químicas especiais debido á súa capacidade de formar máis enlaces ca o nitróxeno, que é o seu análogo máis lixeiro na táboa periódica.

Clase química Grupo Fórmula Fórmula estrutural Prefixo Sufixo Exemplo
Fosfina
(Fosfano)
Fosfino R3P Fosfina terciaria fosfanil- -fosfano Metilpropilfosfano
Metilpropilfosfano
Ácido fosfónico Fosfono RP(=O)(OH)2 Grupo fosfono fosfono- ácido substituínte fosfónico Ácido bencilfosfónico
Ácido bencilfosfónico
Fosfato Fosfato ROP(=O)(OH)2 Grupo fosfato fosfonooxi-
ou
O-fosfono- (fosfo-)
substituínte fosfato Gliceraldehido 3-fosfato
Gliceraldehido 3-fosfato (sufixo)
Fosfocolina
O-Fosfonocolina (prefixo)
(Fosfocolina)
Fosfodiéster Fosfato HOPO(OR)2 Fosfodiéster [(alcoxi)hidroxifosforil]oxi-
ou
O-[(alcoxi)hidroxifosforil]-
di(substituínte) hidróxeno fosfato
ou
ácido fosfórico; di(substituínteéster
ADN
O‑[(2‑Guanidinoetoxi)hidroxifosforil]‑L‑serina (prefixo)
(Lombricina)

Grupos que conteñen boro

Os compostos que conteñen boro mostran características químicas moi peculiares debido a que teñen octetes parcialmente completos, polo que actúan como ácidos de Lewis.

Clase química Grupo Fórmula Fórmula estrutural Prefixo Sufixo Exemplo
Ácido borónico Borono RB(OH)2 Borono- ácido substituínte borónico Bortezomib
Bortezomib
ácido ([(1R)-3-metil-1-({(2S)-3-fenil-2-[(pirazin-2-ilcarbonil)amino]propanoíl}amino)butil]borónico)
Éster borónico Boronato RB(OR)2 O-[bis(alcoxi)alquilboronil]- ácido substituínte borónico di(substituínte) éster
Ácido borínico Borino R2BOH Hidroxiborino- ácido di(substituínte) borínico
Éster borínico Borinato R2BOR O-[alcoxidialquilboronil]- ácido di(substituínte) borínico substituínte éster

Notas

  1. Compendium of Chemical Terminology (IUPAC "Gold Book") http://goldbook.iupac.org/F02555.html
  2. March, Jerry (1985), Advanced Organic Chemistry: Reactions, Mechanisms, and Structure (3rd ed.), New York: Wiley, ISBN 0-471-85472-7.
  3. IUPAC. Compendium of Chemical Terminology, 2nd ed. (the "Gold Book"). Compiled by A. D. McNaught and A. Wilkinson. Blackwell Scientific Publications, Oxford (1997). XML on-line corrected version: http://goldbook.iupac.org (2006-) created by M. Nic, J. Jirat, B. Kosata; updates compiled by A. Jenkins. ISBN 0-9678550-9-8. doi 10.1351/goldbook.M03968. http://goldbook.iupac.org/M03968.html
  4. IUPAC Gold Book radical (free radical) PDF Arquivado 06 de xullo de 2017 en Wayback Machine.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Read other articles:

Sekolah Menengah Atas Negeri 2 JemberInformasiDidirikan2 Februari 1978Nomor Statistik Sekolah301052402002Kepala SekolahHariyono, S.TPJumlah kelasKelas setiap tingkat : X : 10 Kelas, XI IPA : 8 kelas, XI IPS : 2 kelas, XII IPA : 8 kelas, XII IPS : 2 KelasRentang kelasX, XI IPA, XI IPS, XII IPA, XII IPSKurikulumKurikulum 2013Jumlah siswaIPA dan IPS (900-an)StatusRintisan Sekolah Bertaraf InternasionalAlamatLokasiJalan Jawa 16, Kabupaten Jember, Jawa ...

 

Para otros usos de este término, véase Casanare (desambiguación). Casanare Departamento de Colombia Virgen de Manare, Yopal, Orocué BanderaEscudo Lema: Trabajo y Libertad Himno: Himno de Casanare Ubicación de Casanare en Colombia Coordenadas 5°26′00″N 71°30′00″O / 5.4333333333333, -71.5Capital YopalEntidad Departamento de Colombia • País  ColombiaDirigentes   • Gobernador Representantes a la Cámara Diputados departamentales Salomón And...

 

Not to be confused with Lippo Group. Lippo LimitedFormerlyPublic Finance (H.K.) LimitedTypepublicTraded asSEHK: 226Founded30 January 1973; 50 years ago (1973-01-30)Headquarters24/F, Tower 1, Lippo Centre, Hong Kong Island, Hong KongKey peopleMochtar Riady(Hon. Chairman)Stephen Riady(Chairman)John Lee(MD & CEO)Revenue HK$3.857 billion (2015–16)Net income (HK$187 million) (2015–16)Total assets HK$17.457 billion (2015–16)To...

العلاقات البلغارية البوليفية بلغاريا بوليفيا   بلغاريا   بوليفيا تعديل مصدري - تعديل   العلاقات البلغارية البوليفية هي العلاقات الثنائية التي تجمع بين بلغاريا وبوليفيا.[1][2][3][4][5] مقارنة بين البلدين هذه مقارنة عامة ومرجعية للدولتين: وجه ال...

 

Film festival 23rd Berlin International Film FestivalFestival posterLocationWest Berlin, GermanyFounded1951AwardsGolden Bear (Ashani Sanket)Festival date22 June – 3 July 1973WebsiteWebsiteBerlin International Film Festival chronology24th 22nd The 23rd annual Berlin International Film Festival was held from 22 June to 3 July 1973.[1] The Golden Bear was awarded to the Indian film Ashani Sanket by Satyajit Ray.[2] Jury The following people were announced as being on the jury f...

 

画像提供依頼:車両の写真の画像提供をお願いします。(2018年7月) 阪神5001形電車(初代)基本情報運用者 阪神電気鉄道製造所 日本車輌製造・川崎車輛製造年 1958年製造数 2両引退 1977年主要諸元編成 2両編成軌間 1,435 mm起動加速度 4.5 km/h/s減速度(常用) 5.0 km/h/s台車 住友金属工業 FS204・FS205東芝 TT-7汽車製造 KS-55主電動機 東洋電機製造 TDK-857A東芝 SE-524主電動機出力 75 ...

Ini adalah nama Batak Angkola, marganya adalah Siregar. Abdul Firman Siregar gelar Mangaraja Soangkupon (1885—1946) adalah politisi asal Sipirok, Angkola dan anggota Volksraad Hindia Belanda. Dalam hal politik, dia adalah sekutu dari banyak tokoh nasional, yang setelah kemerdekaan, menjadi para pemimpin Indonesia, termasuk Mohammad Yamin dan M.H. Thamrin. Bahkan, ia sempat akan diusulkan menjadi Gubernur Sumatera.[1] Kehidupan awal Abdul Firman Siregar lahir di Sipirok pada 26 Desem...

 

Nama sistematis (IUPAC) (1S,2R,18R,19R,22S,25R,28R,40S)- 48- {[(2S,3R,4S,5S,6R)- 3- {[(2S,4S,5S,6S)- 4- amino- 5- hydroxy- 4,6- dimethyloxan- 2- yl]oxy}- 4,5- dihydroxy- 6- (hydroxymethyl)oxan- 2- yl]oxy}- 22- (carbamoylmethyl)- 5,15- dichloro- 2,18,32,35,37- pentahydroxy- 19- [(2R)- 4- methyl- 2- (methylamino)pentanamido]- 20,23,26,42,44- pentaoxo- 7,13- dioxa- 21,24,27,41,43- pentaazaoctacyclo[26.14.2.23,6.214,17.18,12.129,33.010,25.034,39]pentaconta- 3,5,8(48),9,11,14,16,29(45),30,32,34,36...

 

2018 Indian filmMadhuriDirected bySwapna Waghmare JoshiScreenplay byShiris Latkar, Sameer AroraStory byShiris Latkar, Sameer Arora, Swapna Waghmare JoshiProduced byMohsin Akhtar & Nirali ManekStarringSonali Kulkarni Sharad Kelkar Sanhita Joshi Akshay Kelkar Virajas KulkarniCinematographyPrasad BhendeEdited byKshitija KhandagaleProductioncompanyMumbapuri ProductionsDistributed byAA FilmsRelease date 30 November 2018 (2018-11-30) CountryIndiaLanguageMarathi Madhuri is an Indi...

Cultural festival in York, England This article reads like a press release or a news article and may be largely based on routine coverage. Please help improve this article and add independent sources. (April 2020) York Festival of IdeasPerformance in York Minster at the 2018 festivalGenreArts, humanities, science, literature, etc.DatesEach JuneLocation(s)York, England – Betty's, York, JORVIK Viking Centre, King's Manor, Merchant Adventurers' Hall, National Centre for Early Music, York Minst...

 

Abdurrahman SyihabNamaAbdurrahman SyihabMeninggal MedanKebangsaanIndonesia Abdurrahman Syihab (1910-1955) adalah seorang Politikus, Ulama, Pendidik, dan Tokoh Al Washliyah.[1] Ia Adalah anak ketiga dari H. Syihabuddin, Seorang Khadi Kerajaan Deli Serdang, Perantauan Mandailing, bermarga Rangkuti. Latar belakang Abdurrahman Syihab lahir di Kampung Paku Galang, Deli Serdang tahun 1910. Ia anak ketiga dari H. Syihabuddin, Seorang Khadi Kerajaan Deli Serdang, Perantauan Mandailing, bermar...

 

Illustrations of intracrine, paracrine, autocrine and endocrine Intracrine refers to a hormone that acts inside a cell, regulating intracellular events. In simple terms it means that the cell stimulates itself by cellular production of a factor that acts within the cell. Steroid hormones act through intracellular (mostly nuclear) receptors and, thus, may be considered to be intracrines. In contrast, peptide or protein hormones, in general, act as endocrines, autocrines, or paracrines by bindi...

هذه المقالة يتيمة إذ تصل إليها مقالات أخرى قليلة جدًا. فضلًا، ساعد بإضافة وصلة إليها في مقالات متعلقة بها. (يوليو 2019) إديث براون وايس معلومات شخصية الميلاد 19 فبراير 1942 (81 سنة)  سايلم  مواطنة الولايات المتحدة  الحياة العملية المدرسة الأم كلية هارفارد للحقوقجامعة ستانف...

 

Artikel ini bukan mengenai Radium. Rodium,  45RhBubuk, silinder, dan pelet rodium, masing-masing memiliki berat 1 gram Garis spektrum rodiumSifat umumNama, lambangrodium, RhPengucapan/rodium/[1] Penampilanmetalik putih keperakanRodium dalam tabel periodik Hidrogen Helium Lithium Berilium Boron Karbon Nitrogen Oksigen Fluor Neon Natrium Magnesium Aluminium Silikon Fosfor Sulfur Clor Argon Potasium Kalsium Skandium Titanium Vanadium Chromium Mangan Besi Cobalt Nikel Temba...

 

Artikel ini tidak memiliki referensi atau sumber tepercaya sehingga isinya tidak bisa dipastikan. Tolong bantu perbaiki artikel ini dengan menambahkan referensi yang layak. Tulisan tanpa sumber dapat dipertanyakan dan dihapus sewaktu-waktu.Cari sumber: The Royal Family of Broadway – berita · surat kabar · buku · cendekiawan · JSTOR The Royal Family of BroadwaySutradara George Cukor Cyril Gardner ProduserDitulis olehBerdasarkanTeater:Edna FerberGeorge S...

Artikel ini sebatang kara, artinya tidak ada artikel lain yang memiliki pranala balik ke halaman ini.Bantulah menambah pranala ke artikel ini dari artikel yang berhubungan atau coba peralatan pencari pranala.Tag ini diberikan pada Januari 2023. Gaurotes atripennis Klasifikasi ilmiah Kerajaan: Animalia Filum: Arthropoda Kelas: Insecta Ordo: Coleoptera Famili: Cerambycidae Genus: Gaurotes Spesies: Gaurotes atripennis Gaurotes atripennis adalah spesies kumbang tanduk panjang yang tergolong famil...

 

Video game series This article is about the series. For the first game in the series, see Dead Rising (video game). Video game seriesDead RisingGenre(s)Action-adventureDeveloper(s)Capcom (2006–2009)Tose (2009)Capcom Vancouver (2010–2017)Publisher(s)Capcom (2006–present)Microsoft Studios (2011–2017)Creator(s)Keiji InafunePlatform(s)iOSPlayStation 3PlayStation 4WiiWindowsXbox 360Xbox OneFirst releaseDead RisingAugust 8, 2006Latest releaseDead Rising 4: Frank's Big PackageDecember 5, 201...

 

Ancient Egyptian vizier KagemniVizierKagemniDynasty6th DynastyPharaohTetiWifeNebtynubkhet SesheshetBurialTomb LS10 in the Teti Cemetery in Saqqara Kagemni was a vizier from the early part of the reign of King Teti of the Sixth Dynasty of Egypt. Kagemni's wife Nebtynubkhet Sesheshet was a King's Daughter and likely the daughter of Teti.[1] Biography Kagemni held a great number of titles. He was an overseer of the two houses of gold and an overseer of the two treasuries. He also he...

This article needs additional citations for verification. Please help improve this article by adding citations to reliable sources. Unsourced material may be challenged and removed.Find sources: Austria's Next Topmodel season 6 – news · newspapers · books · scholar · JSTOR (April 2016) (Learn how and when to remove this template message) Season of television series Austria's Next TopmodelSeason 6Starring Melanie Scheriau Papis Loveday Michael ...

 

Miss Grand Indonesia 2018Nadia Purwoko, Miss Grand Indonesia 2018.Tanggal21 Juli 2018TempatJakarta Convention Center, Senayan, Jakarta PusatPembawa acaraEvan SandersMaya SepthaPengisi acaraJudikaSheryl SheinafiaRizky FebianSoundwavePenyiaranSCTVPeserta30Finalis/Semifinalis10PemenangNadia Purwoko BengkuluPersahabatanNi Komang Dian Maya Nusa Tenggara Barat2019 →lbs Miss Grand Indonesia 2018 adalah edisi perdana kontes kecantikan Miss Grand Indonesia[1] yan...

 

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!