O Gran Premio de Hungría de 2017, oficialmente o Formula 1 Pirelli Magyar Nagydíj 2017 foi unha carreira de Fórmula Un que se disputou o 30 de xullo de 2017, no circuíto de Hungaroring preto de Mogyoród, Hungría. Foi a undécima carreira da tempada de 2017 e a trixésima segunda carreira do Gran Premio de Hungría.
Sebastian Vettel comezou a rolda liderando o Campionato Mundial de Pilotos por un punto por diante do Mercedes de Lewis Hamilton. No Campionato de Construtores, Mercedes lideraba sobre Ferrari por cincuenta e cinco puntos.
Antecedentes
Paul di Resta substituíu a Felipe Massa no Williams despois de que Massa enfermara logo de práctica libre. Como consecuencia, esta carreira foi a primeira sen un piloto brasileiro desde o Gran Premio de San Marino de 1982.
Práctica
Daniel Ricciardo foi o máis rápido na primeira práctica.[1], establecendo un tempo de 1:18,486. Foi seguido polo Ferrari de Kimi Räikkönen e o Mercedes de Lewis Hamilton en segundo e terceiro lugar. Na segunda práctica[2] Ricciardo volveu establecer o tempo máis rápido seguido por Vettel e Bottas. A terceira e última práctica do sábado[3] foi coroada por Vettel, con Räikkönen segundo e Bottas terceiro. Vettel estableceu o tempo máis rápido das tres prácticas con 1:17.017.
O piloto de Williams Felipe Massa enfermou logo da práctica 3. Massa estivera doente e mareado[4] o venres, pero foi certificado como apto para competir na Práctica 3 polo persoal médico. Con todo, Massa non se sentiu mellor durante a práctica 3, e o seu asento tomouno o piloto reserva de Williams Paul di Resta para a cualificación e a carreira.
Cualificación
Na primeira quenda, o piloto de reserva Paul di Resta fixo a súa primeira saída desde o Gran Premio do Brasil de 2013 e rapidamente púxose ao día con pouca práctica previa. A única experiencia de Di Resta nun coche híbrido de F1 consistiu en 10 voltas nun coche coa especificación 2014 e nalgunhas voltas no simulador antes do Gran Premio de Australia[5]. Di Resta clasificouse 19º nun coche coa configuración de Massa, unha actuación que foi descrita como "incrible" polo xefe de Mercedes Toto Wolff[6]. Di Resta máis tarde admitiu que estaba "asustado, nervioso, [e] ansioso" de como o faría dado a súa falta de experiencia.
Na Q3, Sebastian Vettel conseguiu a pole position cun tempo de 1:16.276. O seu compañeiro de equipo Kimi Räikkönen obtivo o segundo lugar, dando así a Ferrari o seu primeiro 1-2 en Hungría desde 2004. Mercedes ocupou a segunda fila na grella, Red Bull pechou a terceira fila na grella, e McLaren Honda ocupou a cuarta fila da grella na súa mellor cualificación da tempada.
Carreira
Ao comezo da carreira, os compañeiros de equipo de Red Bull Max Verstappen e Daniel Ricciardo colisionaron na curva 2, despois de que os pneumáticos de Verstappen bloqueáranse. Isto fixo que o radiador de Ricciardo rompésese, forzándoo a retirarse. Foi a primeira retirada na primeira volta de Ricciardo na súa carreira na Fórmula 1. Verstappen recibiu posteriormente unha penalización de 10 segundos por causar o incidente. Ricciardo condenou a Verstappen e cualificou o incidente dun "erro de afeccionado" debido á falta de experiencia de Verstappen. Verstappen máis tarde desculpouse polo incidente logo da bandeira a cadros. Foi a primeira vez que Ricciardo non puido terminar en Hungría na súa carreira na F1.[7]
O coche de seguridade saíu case de inmediato para retirar o Red Bull de Ricciardo e para limpar o aceite da superficie da pista. O coche de seguridade entrou na volta 6, e pouco despois do reinicio, Vettel comezou a notar que a súa dirección tiraba á esquerda nas rectas. Foi instruído para evitar os bordos e os seus tempos de volta comezaron a aumentar, permitindo que o seu compañeiro de equipo Kimi Räikkönen e os dous Mercedes achegáranse.
Romain Grosjean entrou en boxes e saíu cunha porca da roda frouxa. O seu coche tivo que ser retirado e Haas F1 Team foi multado con 5.000 euros por deixar saír a Grosjean en condicións inseguras.
Räikkönen comunicoulle por radio a Ferrari que quería que Vettel o deixara parasr porque Vettel tiña problemas e Räikkönen realizaba tempos de volta máis rápidos. Ferrari ordenou a Vettel acelerar e Räikkönen seguiuno, e ambos aumentaron gradualmente a brecha con ambos Mercedes. A Hamilton permitiuselle adiantar ao seu compañeiro de equipo Bottas e déronlle 10 voltas para tratar de superar a Räikkönen. Mercedes prometeu que se Hamilton non podía pasar, cambiarían posicións de novo.
A nove voltas, Nico Hülkenberg viuse forzado a saír fóra da pista por Kevin Magnussen e posteriormente tivo que retirar o seu coche debido a problemas cos freos e a caixa de cambios. Magnussen recibiu posteriormente unha penalización de cinco segundos polas súas accións, que foron descritas como "desagradables" por Hülkenberg.[8] Hülkenberg criticou a Magnussen e chamouno "o piloto máis antideportivo da grella".
Coa proximidade de Verstappen, parecía coma se o cambio de posicións non ía suceder, pero saíndo da última curva na última volta, Hamilton desacelerou, permitindo pasar a Bottas para reclamar o podio. Hamilton terminou cuarto, con Verstappen en quinto lugar. McLaren-Honda obtivo os seus primeiros dobre-puntos finais da tempada con Alonso sexto e Vandoorne décimo. Este resultado moveunos fóra do último lugar na clasificación dos construtores. Carlos Sainz terminou sétimo para Toro Rosso. Force India conseguiu outro dobre-puntos terminando con Sergio Pérez oitavo e Esteban Ocon noveno.
Como resultado da carreira, Vettel ampliou a súa vantaxe no Campionato de Pilotos sobre Hamilton a 14 puntos. A vantaxe de Mercedes no Campionato de Construtores reduciuse a 39 puntos sobre Ferrari.[9]
Clasificación
Cualificación
Carreira
Posicións logo da carreira
- Clasificación no campionato de pilotos
|
- Clasificación do campionato de construtores
|
Notas