George Arnott Walker-Arnott (ás veces grafado George Arnott Walker Arnott), nado en Edimburgo o 6 de febreiro de 1799 e finado en Glasgow o 17 de xuño de 1868, foi un botánico escocés.
George Arnott Walker-Arnott era fillo de David Walker Arnott of Arlary. Asistiu á Milnathort Parish School e despois obtivo o Mestrado en Artes na Universidade de Edimburgo en 1818, ingresando na Facultade de Dereito desa universidade en 1821.[1]
Máis tarde fíxose botánico, estudando esta disciplina en América do Norte con Sir William Hooker. Colaborou con Robert Wight nos estudos da flora da India.
A partir de 1821 traballou en París. Asistiu a Hooker nos estudos de espécimes recollidos durante a viaxe de exploración científica da HMS Blossom, comandada por Frederick W. Beechey. A partir de 1839, foi asistente de Hooker en Glasgow e obtén, en 1845, a cátedra real de Botánica da Universidade de Glasgow.
William J. Hooker e George Arnott W-Arnott revisaron o material vexetal recollido en Australia por Alexander Collie, que foi enviado ao Reino Unido despois da morte de Walker-Arnott.[2]
Colaborou na redacción de Illustrations of Indian Botany e de Prodomus floræ peninsulæ indiæ orientalis, e con Hooker, de novo, na sexta edición de British Flora (1850).
En 1831 casou con Mary Hay Barclay, tendo oito fillos (tres varóns e cinco fillas).