Gaspar Cassadó i Moreu, nado en Barcelona o 5 de outubro de 1897[1] e finado en Madrid o 24 de decembro de 1966, foi un importante violonchelista e compositor catalán de principios do século XX. Como concertista acadou renome internacional, sendo considerado un dos virtuosos máis destacados do seu tempo.[2]
Traxectoria
Gaspar Cassadó i Moreu naceu en Barcelona, terceiro dos cinco fillos do compositor, organista e director Joaquím Cassadó e de Agustina Moreu, seus irmáns chamábanse Agustí, David, Montserrat e Josep.[3] Comezou a recibir clases de violoncello aos sete anos. Cando tiña nove anos, tocou nun recital no que se atopaba Pau Casals, quen se ofreceu a darlle clases inmediatamente. A cidade de Barcelona concedeulle unha bolsa de estudos para que puidera estudar con Casals en París. Foi profesor da Accademia Musicale Chigiana de Siena, e dende 1958 ocupou a cátedra de perfeccionamento da Staatliche Hochschule für Musik de Colonia.[2]
Obra
Concertos
- Concerto para violonchelo en dó menor (1926)
- Esta obra, ao igual que a Suite para Cello Só, está influenciada pola música popular española e oriental, e polo Impresionismo.
Obras para violonchelo só
Obras para guitarra
- Canción de Leonardo
- Catalanesca
- Dos Cantos Populares Finlandeses
- Leyenda Catalana
- Préambulo y Sardana
- Sardana Chigiana
Obras para violoncello e piano
- Allegretto Grazioso
- Minuetto
- Pastorale
- Rapsodia del Sur
- 1925, La Pendule, la Fileuse et le Galant
- 1925, Serenade
- 1925, Sonata en La menor
- 1925, Sonata nello stile antico spagnuolo
- 1925, Toccata
- 1926, Danse du diable vert
- 1931, Lamento de Boabdil
- 1934, Requiebros
- 1935, Partita
- 1954, Archares
- 1957, Morgenlied
Música de cámara
- Piano Trio en do maior 1926/1929
- Quartet No. 1 in fa menor 1929
- Quartet No. 2 in sol maior 1930
- Quartet No. 3 in dó menor 1933
Transcricións
Transcricións para violoncello e piano
Transcricións de concertos
- Concerto para violoncello en fa maior, baseado co «Concerto n.º 3 en la maior, Wq.172» de Carl Philipp Emanuel Bach
- Concerto para violoncello en re maior, baseado no «Concerto para trompa n.º 3 en mi bemol maior, K.447» de Wolfgang Amadeus Mozart
- Concerto para violoncello en la menor, baseado na «Sonata para arpeggione e piano, D.821» de Franz Schubert
- 1940, Concerto para violoncello en mi maior, baseado nas «Pezas para piano, Op.72» de Piotr Ilich Tchaikovski
- Concerto para violoncello en re maior, baseado no «Concerto para clarinete n.º 2, en mi bemol maior, Op.74» de Carl Maria von Weber
- Concerto para violoncello en mi menor, baseado na «Sonata n.º 5, RV.40» de Antonio Vivaldi
Transcricións para violoncello só
- J.S. Bach - Suite para violoncello no.4, BWV 1010
- Cassadó transportou a suite en fa maior que orixinalmente é en mi bemol maior.
Notas