Siegfried (tenor heroico)Brünnhilde (soprano dramática)Alberich (barítono baixo)Hagen (baixo)Gunther (barítono)Gutrune (soprano lírica)Waltraute (mezzosoprano)Tres Nornas (contralto, mezzosoprano e soprano)Woglinde (soprano lírica)Wellgunde (mezzosoprano)Flosshilde (contralto)Gibichungos[1]
Götterdämmerung (en galego O ocaso dos deuses, ou literalmente O crepúsculo dos deuses) é unha ópera en 3 actos cun prólogo, con música e libreto de Richard Wagner. É a última das catro óperas que compoñen o ciclo Der Ring des Nibelungen (O anel do Nibelungo). Tivo a súa estrea no Bayreuth Festspielhaus de Bayreuth o 17 de agosto de 1876, dentro da primeira representación completa da tetraloxía.
O título é unha tradución ao alemán da expresión Ragnarök, que en antigo nórdico e no contexto da mitoloxía xermánica se refería á profetizada guerra entre os deuses que conduciría á fin do mundo. Porén, como no resto das óperas do ciclo, a narración da apocalipse que fai Wagner, difire significativamente das antigas fontes nórdicas.
É a terceira xornada do anel chamada "Götterdammerung". Aquí os personaxes mitolóxicos que sostiveron a acción das xornadas anteriores ceden o seu posto aos homes, que proseguen na terra a loita iniciada na segunda escena de Das Rheingold, ao saber Wotan, polo relato de Loge, da existencia dos tesouros do Nibelungo. O mesmo título mostra que, aínda que Wotan non aparece en escena, tamén aquí a acción principal é a que se desenvolve na alma do deus, e tanto a música (co leitmotiv de Wotan, o da súa lanza, e o do poder dos deuses) coma os relatos dos personaxes, nos lembran permanentemente a presenza do deus.
Esta ópera segue no repertorio, aínda que non está entre as máis representadas; nas estatísticas de OperabaseArquivado 14 de maio de 2017 en Wayback Machine. aparece no posto nº 59 das cen óperas máis representadas no período 2005-2010, sendo a 16ª en Alemaña e a oitava de Wagner, con 75 representacións.
A partitura de Wagner require da utilización de:
clarinete baixo, 3 fagots.
trompeta baixa, 3 trombóns (tenor, baixo e contrabaixo), tuba.