Der Ring des Nibelungen (en galego O anel do Nibelungo), é un ciclo de catro óperas épicas compostas entre 1848 e 1874 polo compositor alemán Richard Wagner, quen foi o autor da música e o libreto das catro óperas. As obras baséanse libremente en personaxes das lendas heroicas xermánicas, a saber, as sagas lendarias nórdicas e os Nibelungenlied. O compositor denominou o ciclo como "Bühnenfestspiel" (obra teatral do festival), estruturado en tres días precedidos por unha Vorabend ("noite preliminar"). A miúdo chámase ciclo do Anel, O Anel de Wagner ou simplemente O Anel.
Wagner escribiu o libreto e a música ao longo duns vinte e seis anos, de 1848 a 1874. As catro partes que constitúen o ciclo Anel son, en secuencia:
As obras individuais da secuencia adoitan interpretarse por separado,[1] e, de feito, as óperas conteñen diálogos que mencionan acontecementos nas óperas anteriores, de xeito que un espectador puidese ver calquera delas sen ter visto as partes anteriores e aínda comprender a trama. Non obstante, Wagner pretendía que se interpretasen en serie. A primeira representación en ciclo abriu o primeiro Festival de Bayreuth en 1876, comezando con Das Rheingold o 13 de agosto e rematando con Götterdämmerung o 17 de agosto. O director de escena da ópera, Anthony Freud, afirmou que Der Ring des Nibelungen "marca a cota máxima da nosa arte, o desafío máis grande que pode emprender calquera compañía de ópera".[2]
Título
O título de Wagner aparece literalmente como O anel do Nibelungo. O Nibelungo do título é o anano Alberich, e o anel en cuestión é o que fabrica a partir do Ouro do Rin. Polo tanto, o título indica "O anel de Alberich".
Notas
- Referencias
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas