François Alexandre Pierre de Garsault, nado o 16 de abril de 1691 en Aix-en-Provence, e finado o 3 de agosto de 1778 en París, foi un botánico, zoólogo e ilustrador francés, que foi membro da Academia Francesa das Ciencias.
François-Alexandre de Garsault reibiu unha educación moi completa que lle permitiu escribir sobre unha ampla variedade de asuntos. Publicou varios libros sobre o tema ecuestre. Le Nouveau Parfait Maréchal, un traballo popular sobre o cabalo publicado en 1741, para o que tamén debuxa ilustracións, tivo un grande éxito durante o século XVIII.
Dotado cunha boa cultura científica, publicou tamén escritos sobre botánica (por exemplo, estaba moi interesado nas pteridófitas e nas espermatófitas),[1] e zooloxía, especialmente Figures des plantes et animaux d'usage en médecine en 1764. Participou en numerosas obras para o Academia das Ciencias de Francia sobre varios ofiocios.[2]
François-Alexandre de Garsault publicou numersoas obras co seu nome, ilustrou as obras científicas doutros autores e traduciu unha obra do inglés.
Algunhas das súas obras foron traducidas ao español, ao alemán e ao inglés.
A abreviatura Garsault emprégase para recoñecer a François Alexandre Pierre de Garsault como autoridade na descrición e clasificación científica en botánica,[3] e en zooloxía.