Fontán, Mañufe, Gondomar


Fontán

Camiño e lugar de Fontán
ParroquiaMañufe
ConcelloGondomar
Coordenadas42°06′48″N 8°46′13″O / 42.113472222222, -8.7701944444444
Poboación221 hab. (2019)
editar datos en Wikidata ]

Fontán é un lugar da parroquia de Mañufe, no concello de Gondomar na comarca do Val Miñor. Segundo o INE en 2019 tiña 221 persoas empadroadas (108 homes e 133 mulleres). Atópase no nordés de Mañufe, a 1 km do centro da vila de Gondomar e a 20 metros de altitude sobre o nivel do mar.[1]

Límites xeográficos

Ten unha superficie aproximada de 26,5 hectáreas e presenta os seguintes límites: a poñente, os barrios de A Ponte, A Texosa e Penalba, este ao pé do Monte de Eiró, todos pertencentes tamén a Mañufe; Vilarés e Fontenla, a norte, xa na parroquia de Vilaza, dentro do mesmo municipio; a levante co Portelo, en Vilaza, e As Gaiandas, en Gondomar, continuando ata chegar á Baixa Redonda, lugar situado nas Ribeiras do río Miñor. Este río dá nome ao Val e pecha polo sur o barrio que nos ocupa. Tanto Fontán como A Baixa Redonda son topónimos recollidos, na súa forma primitiva, nun documento de venda do século XII[2] no cal se describen os límites do couto de Vilaza, propiedade dos condes de Galicia Raimundo de Borgoña e Urraca de León. Ata A Baixa Redonda chegaba en forma de cuña a parroquia mencionada separando as de Gondomar e Mañufe. Hoxe o seu límite por este vento sitúase desprazado uns 400 m. en dirección norte, noutro punto que tamén en tempos foi de interese atópanse agora as tres parroquias.

Toponimia

Fontán é un hidrotopónimo que con variantes repítese na xeografía galega. Ten a orixe no substantivo latino fons/fontis.[3] Nomea tanto o lugar como o camiño así como ao Pazo ou Pousa de Fóntán, situado nesta zona.

Historia

Pegada de roda de carro no camiño de Fontán.

Fontán é atravesado de poñente a levante por un camiño que no medievo e despois, durante o Antigo réxime, tivo un carácter estrutural para estas terras. Tratábase dunha vía comercial, característica perdida hai case século e medio, procedente do norte de Portugal a través do Baixo Miño o cal ademais era, e aínda é, unha das variantes do Camiño Portugués de peregrinación a Santiago. O Camiño da Nosa Señora do Norte, nome asignado por Manuel Inácio Fernandes da Rocha, un dos seus máximos estudosos portugueses, sepárase do central de peregrinación en Barcelos -Portugal- e logo de pasar polos municipios de Viana do Castelo, Camiña e Vila Nova de Cerveira entra en Galicia por Goián. A primitiva barca tiña desembarcadoiro ao pé da Fortaleza de San Lourenzo e tras bordear o Pazo-Torre dos Correa a vía pasa a Estás e logo ao Mosteiro e O Seixo, en Tomiño, para continuar por Pousadela e Hospital, onde o topónimo fai referencia ao que existiu para peregrinos dende 1295, segundo referiu Hipólito de Sa. A continuación tira cara a Tebra e logo sobe por Cima de Vila para entrar no municipio de Gondomar pola Portela de Couso. Pasa pola capela dos Remedios e dende aí segue baixando ao pé da Forca de Lobos ata A Feira da Doce, na Estrada. Bordeando o Pazo do Conde de Gondomar continúa por Pousada ata aproximarse á parroquial de Mañufe e logo vai ao barrio da Ponte para atravesar o Río Miñor. Segue polo Cruceiro do Acordo, pasa pola Pousa de Fontán e xa entra na parroquia de Vilaza polo Cruceiro do Portelo. Continúa por diante do Pazo de Pampillón e chega á Areiña, lugar a partir do cal coincide coa estrada real de Baiona ao Porriño ata O Tumbio, en Vincios. A continuación polo barrio da Rocha chega ao Muíño Gaiteiro e dende alí, por detrás da Pasaxe, entra no actual concello de Vigo por Valadares. O camiño continúa polas Furnas e a zona alta da igrexa de Castrelos para cruzar a Gran Vía e por Romil, a Falperra e Afonso XII, chegar á Colexiata. Dende aquí segue polo Areal ata a vila de Redondela onde volve enlazar co camiño central a Compostela.[4].

Camiño de Fontán
Camiño de Fontán ao seu pazo pola pousa e pazo do mesmo nome.

O tramo que atravesa o barrio de Fontán do camiño referido probablemente coincida co que a profesora Ferreira di comunicar a ponte de posible orixe romana de Mañufe[5], a cal deu nome ao barrio arriba indicado, con A Paradela de Gondomar.[6] Ademais, Ferreira entende unha posible orixe romana para o camiño que durante a Idade Media e posteriormente comunicaba Tui con Baiona pasando por Santo Antoniño, en Couso, vía que a partir de A Feira da Doce, parroquia de Gondomar, coincidía no seu trazado co medieval de A Nosa Señora do Norte ata a Ponte de Mañufe, lugar no cal se bifurcaba: unha rama seguía a Baiona, o coñecido como Real, e a outra, unha vez cruzada a ponte, continuaba cara a Vilaza e Parada de Miñor. Quizais conveña lembrar aquí que o monte de O Picoto, a cuxo pé emprázase a actual vila de Gondomar, foi unha mina aurífera a ceo aberto de orixe romana posiblemente dotada cun castro mineiro; industria cuxa actividade probablemente se estendeu ata a Idade Media[7][8].

No punto onde o referido camiño procedente da Ponte sae de Fontán para entrar no Portelo de Vilaza, lugar no que existiu unha desviación, e aínda con dificultade pode verse, que xirando en dirección sueste baixaba por As Gaiandas. Era un camiño fondo coñecido como Matavacas que se dirixía á Paradela de Gondomar a través da granítica Ponte de Rosas, ou Rosa, a quen o historiador Espinosa catalogou de románica[9]. Esta, de cuxa traza unicamente se conserva un debuxo realizado en 1897 polo mencionado historiador, unha peza de perfil empenado composta por unha bóveda apuntada no centro e dous ocos planos, un en cada extremo, foi derrubada por unha enchente do río Vilaza en 1937. Esta parte do río nado na Serra do Galiñeiro cítase como Miñor no documento apuntado do século XII.

O tramo de camiño referido, que perdera o protagonismo a partir da segunda metade do século XIX coa construción da estrada de A Ramallosa-Gondomar-Guillarei, a cal acurtaba e melloraba esta comunicación, é seccionado sen posibilidade de tránsito a mediados do XX. Na década dos 40, tras a guerra propiciada polo alzamento militar do 36, decídese buscar substituto ao desaparecido campo de fútbol de As Cercas, levantado na segunda década do século en terras do condado de Gondomar, e constrúese o municipal de fútbol de As Gaiandas en terreos emprazados a ambas as dúas marxes da vía co conseguinte recheo desta[10]. Obras posteriores barraron a pegada restante dela dende o campo de fútbol ata a desaparecida Ponte de Rosa, substituída hoxe por unha pasarela peonil construída en aceiro e madeira.

Patrimonio

Pazo de Fontán
Ruínas do Pazo de Fontán.

No barrio de Fontán, formando parte do patrimonio material, arquitectónico mais exactamente, consérvanse as ruínas do antigo Pazo de Fontán, en tempos residencia dos condes de San Román. Unha casa da fidalguía do Antigo Réxime con varios escudos, nos que entre outros aparecen os emblemas dos Castro, Acuña, Mariño, Arines e Soutomaior, e unha capela con entrada directa dende o camiño comentado. Sábese que a casa, agora sen o carácter de pazo que lle debeu caracterizar como consecuencia das varias reformas a que foi sometida, xa existía en 1571 sendo ese o ano de fundación dun morgado sobre ela que presentaba a particularidade, por pouco usual, de ser de vinculación feminina[11]. As extensas terras desta casa grande, hoxe moi fraccionadas, incluían o lugar de A Baixa Redonda.

Existen outras dúas casas fidalgas no barrio, estas aínda en uso: a Pousa de Mera e a Pousa de Bermúdez, ambas reformadas; no segundo caso de xeito moi groseiro. A primeira foi fundada a mediados do XVI, segundo pedra de armas conservada no corredor exterior, posiblemente pola familia Pereira. A data da segunda, atendendo á inscrición conservada no lintel do portalón de acceso, sería 1757. Parece ter a súa orixe na familia Bermúdez. Na fachada oeste conserva un dobre escudo de armas. En 1995 déronse a coñecer as planimetrías das pousas de Fontán e Mera e sacáronse a luz pública por primeira vez a existencia da de Mera e Bermúdez[12].

Notas

  1. "Concello de Gondomar". Concello de Gondomar. Consultado o 06-05-2020. 
  2. Pallares Méndez, María Carmen; Portela Silva, E. (1971). EL BAJO VALLE DEL MIÑO EN LOS SIGLOS XII Y XIII. ECONOMIA AGRARIA Y ESTRUCTURA SOCIAL. Universidad de Santiago de Compostela. 
  3. González Chamorro, María Xosé (2002). OS NOMES DE GONDOMAR. Cadernos do IEM, nº 4. Instituto de Estudos Miñoranos. 
  4. Soliño Troncoso, Antonio, Antonio; Chamorro Sanromán, Juan (2018). Percorridos polo patrimonio cultural da vila e concello de Gondomar de Miñor. Gondomar: Instituto de Estudos Miñoráns. ISBN 978-84-09-06595-0. OCLC 1126495195. 
  5. Alvarado Blanco, Segundo (1991). Pontes históricas de Galicia. Colexio Oficial de Enxeñeiros de Caminos, Canais e Portos, Xunta de Galicia. ISBN 978-84-404-8256-3. OCLC 31207072. 
  6. Ferreira Priegue, E. (1988). "LOS CAMINOS MEDIEVALES DE GALICIA". Boletín Auriense (Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense) 9 (9). 
  7. As Covas de Sarmento. Mina Romana no Picoto. Ficha-Inventario da Consellería de Cultura da Xunta de Galícia.
  8. Hermida, Pascual. "LA MINERÍA ROMANA DEL VALLE DEL ROSAL AL VALLE MIÑOR.". Consultado o 20/05/2020. 
  9. Espinosa Rodríguez, José, 1880-1966 Talleres Gráficos Gutenberg (Vigo) (1957). Kaleidoscopio gondomareño. Galiciana: Biblioteca Digital de Galicia. OCLC 1080013937. 
  10. Soliño Troncoso, Antonio (2014). Gondomar, 1914-2014 : identidade e representación da vila condal a través da evolución dunha sociedade artístico deportiva. Instituto de Estudios Miñoranos. ISBN 978-84-617-3613-3. OCLC 1030673885. 
  11. Espinosa Rodríguez, José. (1951). Casas y cosas del Valle Miñor. [s.n.] OCLC 432013119. 
  12. Soliño Troncoso, Manuel ([1995?]). Gondomar : historia, arte e territorio. Ir Indo. ISBN 978-84-7680-224-3. OCLC 37238378. 

Véxase tamén

Bibliografía

  • Alvarado Blanco, S.; Durán Fuentes, M.; Nardíz Ortíz, C. (1991): Pontes históricas de Galicia. Colexio Oficial de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos / Xunta de Galicia. 3ª Edición.
  • Espinosa Rodríguez, J. (1951): Casas y cosas del Valle Miñor. Segunda edición. Vigo.
  • Espinosa Rodríguez, J. (1957): Kaleidoscopio Gondomareño. Talleres Gráficos Gutemberg. Vigo.
  • Ferreira Priegue, E. (1988): Los caminos medievales de Galicia. Boletín Auriense, nº. 9, Museo Arqueolóxico Provincial. Ourense.
  • González Chamorro, Mª. Xosé (2002): Os nomes de Gondomar. Cadernos do Instituto de Estudos Miñoráns, nº 4.
  • Pallares Méndez, Mª. Carmen; Portela Silva, E. (1971): El bajo valle del Miño en los siglos XII y XIII. Economía agraria y estructura social. Universidade de Santiago de Compostela.
  • Soliño Troncoso, M.; Mosquera Veleiro, J.L.; Soliño Troncoso, Alf.; Soliño Troncoso, Ant. (1995): Gondomar. Historia, arte e territorio. Ir Indo. Vigo.
  • Soliño Troncoso, A.; Pérez González, M. X.; Mouriño Pérez, R.; Alonso González, J. (2014): Gondomar 1914-2014. Identidade e representación da vida condal a través da evolución dunha sociedade artístico-deportiva. Deputación de Pontevedra.
  • Soliño Troncoso, A.; Chamorro Sanromán, J. (2018): Percorridos polo patrimonio cultural da vila e concello de Gondomar de Miñor. Instituto de Estudos Miñoráns.
  • As Covas de Sarmento. Mina Romana no Picoto. Ficha-Inventario da Consellería de Cultura da Xunta de Galícia.

Lugares e parroquias

Lugares de Mañufe

Lugares da parroquia de Mañufe no concello de Gondomar (Pontevedra)

O Barco | O Campo das Bestas | A Costa | Cristillón | A Cruz | Fontán | Galisteo | A Goldra | O Lameiro | A Moreira | Nande | Penalba | Piquetes | A Ponte | A Portavedra | Pousada | O Rapadouro | San Brais | San Sebastián | Santo André | Seidóns | A Sequiña | A Texosa | O Verdeal

Parroquias de Gondomar

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Gondomar

Borreiros (San Martiño) | Chaín (Santa María) | Couso (San Cristovo) | Donas (Santa Baia) | Gondomar (San Bieito) | Mañufe (San Vicente) | Morgadáns (Santiago) | Peitieiros (San Miguel) | Vilaza (Santa María) | Vincios (Santa Mariña)

Read other articles:

الصفحه دى يتيمه, حاول تضيفلها مقالات متعلقه لينكات فى صفحات تانيه متعلقه بيها. ليزلى هاريس (مخرجه افلام) معلومات شخصيه الميلاد سنة 1960 (العمر 62–63 سنة)  كليڤلاند  مواطنه امريكا  الحياه العمليه المهنه سيناريست،  ومخرجة افلام،  ومنتجة افلام  المواقع IMDB صفحتها ...

 

Pour les articles homonymes, voir Loi sur les services en français. Carte des régions ayant les services en français. En bleu foncé les régions entièrement bilingues, en bleu clair les régions ayant seulement des communautés désignées comme bilingues. La Loi sur les services en français (en anglais French Language Services Act) est une loi en vigueur dans la province canadienne de l'Ontario, visant à protéger les droits des Franco-Ontariens, c'est-à-dire la population francophon...

 

Das Stadtmuseum Simeonstift in Trier neben der Porta Nigra. Der Saal „Trebeta“ widmet sich der Stadtgeschichte Triers. Kreuzgang des ehemaligen Klosters Simeonstift, mit barocken Skulpturen von Ferdinand Tietz aus dem Palastgarten in Trier. „Trierkino“ Brunnenhof, Zentrum des vierflügligen Simeonstifts. Das Stadtmuseum Simeonstift Trier, früher „Städtisches Museum Trier“, befindet sich in den Gebäuden des ehemaligen Simeonstifts um den Brunnenhof direkt neben der Porta Nigra. ...

Brazilian guitarist This biography of a living person relies too much on references to primary sources. Please help by adding secondary or tertiary sources. Contentious material about living persons that is unsourced or poorly sourced must be removed immediately, especially if potentially libelous or harmful.Find sources: Heraldo do Monte – news · newspapers · books · scholar · JSTOR (April 2009) (Learn how and when to remove this template message) Her...

 

Eerste aanval op de haven van Oostende Onderdeel van de Eerste Wereldoorlog Datum 23 april 1918 Resultaat Duitse overwinning Strijdende partijen Verenigd Koninkrijk Duitse Keizerrijk Leiders en commandanten Hubert Lynes onbekend Eerste Wereldoorlog op de Noordzee 1e Slag bij Helgoland · Scarborough, Hartlepool en Whitby · Doggersbank · Jutland · 2e Slag bij Helgoland · Zeebrugge · 1e Aanval op Oostende · 2e Aanval op Oostende De eerste aanval op de haven van Oostende tijdens de Eerste ...

 

  لمعانٍ أخرى، طالع دين سميث (توضيح). هذه المقالة يتيمة إذ تصل إليها مقالات أخرى قليلة جدًا. فضلًا، ساعد بإضافة وصلة إليها في مقالات متعلقة بها. (مارس 2019) دين سميث معلومات شخصية الميلاد 21 أكتوبر 1928 (95 سنة)  تشامبيون  مواطنة كندا  الحياة العملية المهنة سياسي  اللغا

اضغط هنا للاطلاع على كيفية قراءة التصنيف داروينية حزمية   المرتبة التصنيفية نوع  التصنيف العلمي النطاق: حقيقيات النوى المملكة: نباتات الفرقة العليا: النباتات الجنينية القسم: النباتات الوعائية الشعبة: حقيقيات الأوراق الشعيبة: البذريات العمارة: كاسيات البذور الطائفة: ...

 

اضغط هنا للاطلاع على كيفية قراءة التصنيف ثعلب خفاشي الأذنين حالة الحفظ أنواع غير مهددة أو خطر انقراض ضعيف جدا[1] المرتبة التصنيفية نوع[2]  التصنيف العلمي النطاق: حقيقيات النوى المملكة: الحيوانات الشعبة: الحبليات الطائفة: الثدييات الرتبة: اللواحم الفصيلة: الكلبيات...

 

ヘブンズ・ドア HEAVEN'S DOOR監督 マイケル・アリアス脚本 大森美香原案 映画『ノッキン・オン・ヘブンズ・ドア』製作 宇田充関口大輔原藤一輝製作総指揮 豊島雅郎亀山千広藤島ジュリー景子出演者 長瀬智也福田麻由子撮影 小松高志編集 武宮むつみ製作会社 アスミック・エースフジテレビジョンジェイ・ストーム配給 アスミック・エース公開 2009年2月7日上映時間 106分...

Football clubSantos FCFull nameEngen Santos Football ClubNickname(s)The People's TeamFounded1982; 41 years ago (1982)GroundPoplar Avenue, Thornton, Cape TownCapacity1,000ChairmanGoolam AllieCoachFarouk AbrahamsLeagueABC Motsepe League2022–233rdWebsiteClub website Home colours Away colours old logo (−2003) old logo (2003–2011) Santos Football Club or simply Santos is a South African professional soccer club based in the Lansdowne,[1] a suburb of the city of Cape...

 

First World War battle in Romania Battle of MărăștiPart of the 1917 Romanian Campaign of World War IRomanian Model 1912 105 mm howitzers firing during the Battle of MărăștiDate22 July – 1 August 1917LocationMărăști, Eastern RomaniaResult Romanian-Russian victoryBelligerents  Romania Russia  German Empire Austria-HungaryCommanders and leaders Alexandru Averescu Dmitry Shcherbachev Friedrich von Gerok Franz Rohr von DentaUnits involved Romanian 2nd Army 4th Russian Arm...

 

Combining capacity of elements with other atoms For other uses, see Valence (disambiguation). See also: Polyvalency (chemistry) In chemistry, the valence (US spelling) or valency (British spelling) of an atom is a measure of its combining capacity with other atoms when it forms chemical compounds or molecules. Valence is generally understood to be the number of chemical bonds that each atom of a given element typically forms. For a specified compound the valence of an atom is the number of bo...

For related races, see 2012 United States gubernatorial elections. 2012 North Carolina gubernatorial election ← 2008 November 6, 2012 (2012-11-06) 2016 → Turnout67.30%   Nominee Pat McCrory Walter H. Dalton Party Republican Democratic Popular vote 2,440,707 1,931,580 Percentage 54.6% 43.2% County results Precinct resultsMcCrory:      40–50%      50–60%      60–70% &#...

 

Kongres Amerika Serikat ke-15Brick Capitol, kelak menjadi penjara Perang Saudara A.S. (sekitar 1861)Periode4 Maret 1817 – 4 Maret 1819Anggota42 senator185 anggota dewan3 delegasi tanpa suaraMayoritas SenatDemokrat-RepublikPresiden SenatDaniel D. TompkinsMayoritas DPRDemokrat-RepublikKetua DPRHenry ClayPres. Senat Pro TemporeJames BarbourSesiIstimewa: 4 Maret 1817 – 6 Maret 1817ke-1: 1 Desember 1817 – 20 April 1818ke-2: 16 November 1818 – 3 Maret 1819ke-14 ←→ ke-16 K...

 

2019 StarCraft II World Championship Series Global Finals2019Tournament informationSportStarCraft IILocationAnaheim, CaliforniaAdministratorBlizzard EntertainmentVenue(s)Anaheim Convention CenterPurse$700,000Final positionsChampionPark Dark Ryung WooRunner-upRiccardo Reynor Romiti← 2018 The 2019 StarCraft II World Championship Series (WCS) is the 2019 edition of the StarCraft II World Championship Series, the top esports tournament circuit for StarCraft II.[1] The tournamen...

This article needs additional citations for verification. Please help improve this article by adding citations to reliable sources. Unsourced material may be challenged and removed.Find sources: Arcada Theater Building – news · newspapers · books · scholar · JSTOR (July 2019) (Learn how and when to remove this template message) United States historic placeArcada TheatreU.S. National Register of Historic Places LocationMain Street (North Avenue), St Cha...

 

Display used in consumer electronics A full view of a typical vacuum fluorescent display used in a videocassette recorder A close-up of the VFD highlighting the multiple filaments, tensioned by the sheet metal springs at the right of the image Vacuum fluorescent display from a CD and dual cassette Hi-Fi. All segments are visible due to external ultraviolet illumination. Different VFD tubes 7 segments0 8 segments(Sharp EL-8) 16 segments0 A vacuum fluorescent display (VFD) is a display device o...

 

Karlstad, Sweden redirects here. For the city, see Karlstad. Municipality in Värmland County, SwedenKarlstad Municipality Karlstads kommunMunicipalityKarlstad Courthouse Coat of armsCoordinates: 59°23′N 13°32′E / 59.383°N 13.533°E / 59.383; 13.533CountrySwedenCountyVärmland CountySeatKarlstadGovernment • Chairman of City Executive BoardPer-Samuel Nisser (M) • Deputy Chairs of City Executive BoardLinda Larsson (S) and Maria Frisk (MP)Ar...

Type of specialist school in the United Kingdom SEN Colleges logo SEN Colleges, also known as Special Specialism Colleges, are specialist special schools in the United Kingdom. They were introduced in 2006 as part of the specialist schools programme following a successful trial in 2004.[1][2][3] The system enabled secondary and primary schools to specialise in certain fields. Specialization Specialist SEN Colleges were special needs schools that successfully applied to...

 

2005 studio album by Charlie SextonCruel and Gentle ThingsStudio album by Charlie SextonReleasedSeptember 13, 2005GenreRockLength44:09LabelBack Porch, Sony Music DistributionProducerLucinda WilliamsCharlie Sexton chronology Under the Wishing Tree(1995) ''Cruel and Gentle Things''(2005) Professional ratingsReview scoresSourceRatingAllmusic[1] Cruel and Gentle Things, released in 2005, is the fourth studio album released by singer/guitarist Charlie Sexton.[1] Track listi...

 

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!