Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:
Galisteo.
Galisteo é un lugar da parroquia de Mañufe, no concello de Gondomar na comarca do Val Miñor. Segundo o INE en 2019 tiña 117 persoas empadroadas (65 homes e 52 mulleres).
Descrición
Atópase a 2 km do centro da vila de Gondomar e a 20 metros de altitude sobre o nivel do mar. Está constituída por un conxunto dunhas 90 leiras que limitan ao sur co barrio de San Sebastián, ao leste fai estrema coa Goldra, ao oeste coa Cruz e ao norte co Lameiro.[1]
Patrimonio
Pousa de Gómez. Nos seus estudos sobre o concello de Gondomar, o arquitecto Antonio Soliño Troncoso destácaa como outra “de tantas casas grandes do municipio practicamente desaparecidas por decadencia económica”. Engade que se atopa “vinda a menos e maltratada por sucesivas reformas, posuíu ata a segunda metade do XX un escudo de armas colocado na fachada, xusto sobre as escaleiras que conducen ao corredor. Algunha vez serviu de escenario cinematográfico.”[2]
Na recollida de toponimia realizada en 2015 polo Instituto de Estudos Miñoranos e o Concello de Gondomar, tamén recolleuse o microtopónimo A Fonte do Gómez, situada a 250 metros dirección sueste da pousa, nun pequeno outeiro.[3]
Notas
Lugares e parroquias
Lugares de Mañufe
Parroquias de Gondomar