O barrio ou lugar da Ponte está situado na parroquia de Mañufe, Gondomar, comarca do Val Miñor. O seu nome vén dado pola ponte románica[1] que une este lugar coa Texosa. Atópase a 1 km da vila de Gondomar e a 45 metros sobre o nivel do mar[2]. Segundo o INE en 2019 tiña 34 persoas empadroadas (20 homes e 14 mulleres).
Xeografía
O territorio ten como límite norte o río Miñor, ao leste O Campo das Bestas, ao oeste O Verdeal e ao sur A Moreira. A meirande parte das terras de cultivo están espalladas na ribeira sur do Miñor atravesadas polo Camiño das Ribeiras ao leste e O Camiño do Lameiro até o cruzamento co Camiño do Verdal cara ao oeste.
A maior parte destas leiras están ocupadas por cultivos familiares de viñas, millo, patacas e pequenas hortas. O lugar ten un total de 24 vivendas construídas[3].
A ponte de Mañufe, que cruza o Miñor, é de orixe románica. Ten colocada unha inscrición co ano 1140 nun dos seus perpiaños[4].[5]. Está en discusión se a actual ponte se atopa no lugar doutra máis antiga de orixe romana.[6][1]
Trala recollida de toponimia levada adiante polo historiador Anxo Rodríguez Lemos, tamén foron recuperadas as localizacións doutras pequenas pezas patrimoniais, como un pequeno xogo de birlos no que hoxe é o aparcadoiro dun centro hostaleiro[7].
Ademais, recuperouse e foron obxecto de xeolocalización, un conxunto de casas tradicionais de valor etnográfico, entre elas A Casa Soleiro, A Casa da Moucha e A Casa do Xulián.[7]
Notas
↑ 1,01,1Soliño Troncoso, Antonio; Chamorro Sanromán, Juan (2018). Percorrido polo Patrimonio Cultural da vila e concello de Gondomar de Miñor. Instituto de Estudos Miñorano. p. 94. ISBN978-84-09-06595-0.
↑Soliño Troncoso, Antonio; Chamorro Sanromán, Juan (2018). Percorrido polo Patrimonio Cultural da vila e concello de Gondomar de Miñor. Instituto de Estudos Miñoranos. p. 94. ISBN978-84-09-06595-0.