Filipe VI de España
A Súa Maxestade Filipe VI de España (2024) | Nome orixinal | (es) Felipe VI |
---|
|
Nacemento | (es) Felipe Juan Pablo Alfonso de Todos los Santos de Borbón y Grecia 30 de xaneiro de 1968 (56 anos) Madrid, España |
---|
| Monarca de España |
---|
19 de xuño de 2014 – ← Xoán Carlos I de España | Xefe de Estado de España |
---|
19 de xuño de 2014 – | Comandante en xefe Forzas Armadas de España |
---|
19 de xuño de 2014 – | Gran Mestre da Orde de Santiago |
---|
O suxeito ten un papel: ex officio 19 de xuño de 2014 – | Príncipe de Asturias |
---|
22 de xaneiro de 1977 – 17 de xuño de 2014 – Lionor de Borbón → |
| |
Residencia | Palacio da Zarzuela Palacio Real de Madrid |
---|
Relixión | Catolicismo |
---|
Educación | Walsh School of Foreign Service - relacións internacionais (1993–1995) Universidade Autónoma de Madrid - dereito (1988–1993) Academia Xeneral do Aire (1987–1988) Escola Naval Militar de Marín (1986–1987) Academia Xeral Militar (1985–1986) Universidade de Georgetown Lakefield College School |
---|
Altura | 1,97 m |
---|
Cor dos ollos | Azul |
---|
|
Ocupación | monarca (2014–) |
---|
Período de actividade | 1986 - 2014 |
---|
|
Lealdade | España |
---|
Rama militar | Exército do Aire e do Espazo de España, Armada Española e Exército de Terra de España |
---|
Rango militar | Capitán Xeneral do Exército (2014–) Capitán Xeneral da Real Armada Española Capitán Xeneral do Exército do Aire Capitán xeneral |
---|
Comandante de (OBSOLETO) | Forzas Armadas de España |
---|
|
| 23 de xaneiro de 2018 | Encontro Anual do Foro Económico Mundial de 2018 | 1992 | Xogos Olímpicos de 1992 |
| |
Título | Rei de España (2014–) Rei de Castela (2014–) Rei de Navarra (2014–) Rei de Aragón (2014–) Rei de Mallorca (2014–) Rei de Valencia (2014–) Rei de Córsega Conde de Habsburgo Rei de Sardeña Rei de Alxeciras Rei das Illas Canarias Rei de Córdoba Rei de Murcia Arquiduque Conde de Flandres Conde de Gocíano Duque de Brabante Conde de Cerdanya Conde de Rosellón Marqués de Oristán Señor de Molina Conde do Tirol Rei das Dúas Sicilias Rei de Granada Rei de Sevilla Rei de Toledo Rei de León Rei de Galicia Señor de Biscaia Rei de Xaén Rei de Xerusalén Duque de Borgoña Conde de Barcelona Rei de Xibraltar Duque de Milán Duque de Atenas Duque de Neopatria Rei das Indias Orientais e Occidentais e das Illas e Terra Firme do Mar Océano |
---|
Familia | Casa de Borbón-Anjou |
---|
Cónxuxe | Letizia Ortiz (2004–) |
---|
Fillos | Lionor de Borbón, Sofía de Borbón |
---|
Pais | Xoán Carlos I de España e Sofía de Grecia |
---|
Irmáns | Elena de Borbón e Grecia Cristina de Borbón e Grecia |
---|
Parentes | Xoán de Borbón e Battenberg, avó paterno Afonso XIII de España, bisavó Afonso XII de España, tataravó María das Mercés de Borbón-Dúas Sicilias, avoa paterna Paulo I de Grecia, avó materno Frederica de Hannover, avoa materna |
---|
|
| 19 de xuño de 2014 | Proclamación de Filipe VI de España
|
| |
| Sinatura |
| | |
| |
Filipe VI de España, de nome completo Felipe Juan Pablo Alfonso de Todos los Santos de Borbón y Grecia, nado en Madrid o 30 de xaneiro de 1968, é o rei de España, título polo que ostenta a xefatura do Estado e o mando supremo das Forzas Armadas.
É o fillo máis novo de Xoán Carlos I de España e Sofía de Grecia. Logo da abdicación do seu pai o 2 de xuño de 2014, ascendeu ao trono o 19 do mesmo mes e ano co nome de Filipe VI, ao ser proclamado perante as Cortes Xerais.[1]
Está casado con Letizia Ortiz, raíña consorte de España, coa que ten dúas fillas, a princesa Lionor e a infanta Sofía.
Traxectoria
O 8 de febreiro de 1968 foi bautizado no Palacio da Zarzuela polo Arcebispo de Madrid, recibindo os nomes de Filipe Xoán Paulo Afonso de Todos os Santos de Borbón e Grecia; Filipe, por Filipe V, o primeiro Borbón que ocupou o trono de España; Xoán, polo seu avó paterno, Xoán de Borbón, conde de Barcelona, Paulo polo seu avó materno, o rei Paulo de Grecia, Afonso polo seu bisavó, o rei Afonso XIII, nese momento, o último rei que reinara en España, e de Todos os Santos, por tradición da casa real española. Os seus padriños foron o conde de Barcelona, Xoán de Borbón, e a raíña viúva Vitoria Uxía de España.
Ostentou por Real Decreto entre 1977 e 2014 os títulos históricos dos herdeiros dos diferentes reinos hispanos: Príncipe de Asturias, Príncipe de Xirona, Príncipe de Viana, Duque de Montblanc, Conde de Cervera e Señor de Balaguer como herdeiro dos Reinos de Castela, Aragón, Navarra, Cataluña, Valencia e Mallorca. As súas orixes proveñen de 1388, 1351, 1424, 1387, 1351, 1413, respectivamente. Tamén podía ostentar o título de Príncipe de Xaén. Tiña o tratamento de Alteza Real.
Recibiu a formación militar na Academia Xeral Militar de Zaragoza, a Escola Naval Militar de Marín e a Academia Xeral do Aire de San Javier, exercendo agora os cargos de Comandante do Corpo Xeral das Armas do Exército de Terra de Infantaría, Capitán de Corveta do Corpo Xeral da Armada e Comandante do Corpo Xeral do Exército do Aire. Tras finalizar o seu período militar comezou a súa formación académica (Dereito na Universidade Autónoma de Madrid e mestrado en Relacións Internacionais na Edmund Walsh School of Foreign Service da Universidade de Georgetown).
O 1 de novembro de 2003 anunciou o seu compromiso matrimonial coa xornalista asturiana Letizia Ortiz Rocasolano. A voda celebrouse o 22 de maio de 2004 na catedral de Santa María a Real da Almudena de Madrid. O 31 de outubro de 2005 ás 1:45 horas, Letizia Ortiz deu a luz a unha nena, Lionor de Borbón, primoxénita do herdeiro do trono e segunda na liña sucesoria da Coroa española.
O 29 de abril de 2007, naceu a súa segunda filla, bautizada como Sofía de Borbón de Todos os Santos. A nova infanta naceu por cesárea como Lionor, pesou 3,310 quilos e mediu 50 centímetros. Ocupa o primeiro lugar na sucesión ó trono de España.
O 19 de xuño de 2014 foi proclamado Rei polas Cortes Xerais, logo da aprobación da Lei pola que se aceptaba a abdicación do seu pai o Rei Xoán Carlos I.
Títulos, honores e nomeamentos
A Constitución Española, no seu título II, artigo 56, parágrafo 2, designa que o rei pode facer uso doutros títulos e dignidades, polo xeral referidas a entidades históricas, e que estiveron tradicionalmente asociadas á Coroa española:[2]
- Rei de España, de Galicia, de Castela, de León, de Aragón, das Dúas Sicilias (referidas a Sicilia e Nápoles), de Xerusalén, de Navarra, de Granada, de Toledo, de Valencia, de Sardeña, de Córdoba, de Córsega, de Murcia, de Xaén, dos Algarves, de Alxeciras, das Illas Canarias, das Indias Orientais e Occidentais, das Illas e Terra Firme do Mar Océano
- Arquiduque de Austria
- Duque de Borgoña, de Brabante, de Milán, de Atenas e Neopatria
- Conde de Habsburgo, de Flandres, do Tirol, do Rosellón, e de Barcelona
- Señor de Biscaia e de Molina
- Etc. [3]
- Rei Católico (ou A súa Católica Maxestade)
- Capitán Xeral das Forzas Armadas, das que ostenta o mando supremo;
- Soberano Gran Mestre da Insigne Orde do Vélaro de Ouro;
- Gran Mestre da Real e Distinguida Orde de Carlos III;
- Gran Mestre da Real Orde de Isabel a Católica;
- Gran Mestre da Orde do Mérito Civil;
- Gran Mestre da Orde de Afonso X o Sabio;
- Gran Mestre da Orde de San Raimundo de Peñafort;
- Gran Mestre das ordes militares de Montesa, Alcántara, Calatrava e Santiago, así como doutras ordes militares menores ou condecoracións de España.
- Cabaleiro da Orde de San Xavier, a Orde de San Xenaro, a Orde da Anunciación e a Orde da Xarreteira.
Ascendencia
| | | | | | | | | | | | | | | | |
| 16. Afonso XII, Rei de España |
|
| | | | |
| 8. Afonso XIII, Rei de España | |
|
| | | | | | | |
| 17. Arquiduquesa María Cristina de Austria |
|
| | | | |
| 4. Infante Xoán, Conde de Barcelona | |
|
| | | | | | | | | | |
| 18. Príncipe Henrique de Battenberg |
|
| | | | |
| 9. Princesa Vitoria Uxía de Battenberg | |
|
| | | | | | | |
| 19. Princesa Beatriz do Reino Unido |
|
| | | | |
| 2. Xoán Carlos I, Rei de España | |
|
| | | | | | | | | | | | | |
| 20. Príncipe Afonso, Conde de Caserta |
|
| | | | |
| 10. Príncipe Carlos de Borbón-Dúas Sicilias | |
|
| | | | | | | |
| 21. Princesa Antonieta das Dúas Sicilias |
|
| | | | |
| 5. Princesa María das Mercedes de Borbón-Dúas Sicilias | |
|
| | | | | | | | | | |
| 22. Filipe, Conde de París |
|
| | | | |
| 11. Princesa Luísa de Orleáns | |
|
| | | | | | | |
| 23. Princesa María Isabel de Orleáns |
|
| | | | |
| 1. Filipe VI, Rei de España | |
|
| | | | | | | | | | | | | | | | |
| 24. Xurxo I, Rei de Grecia |
|
| | | | |
| 12. Constantino I, Rei de Grecia | |
|
| | | | | | | |
| 25. Gran Duquesa Olga Constantinovna de Rusia |
|
| | | | |
| 6. Paulo I, Rei de Grecia | |
|
| | | | | | | | | | |
| 26. Frederico III, Emperador de Alemaña |
|
| | | | |
| 13. Princesa Sofía de Prusia | |
|
| | | | | | | |
| 27. Vitoria, Princesa Real |
|
| | | | |
| 3. Princesa Sofía de Grecia e Dinamarca | |
|
| | | | | | | | | | | | | |
| 28. Ernesto Augusto, Príncipe herdeiro de Hanover |
|
| | | | |
| 14. Ernesto Augusto III, Duque de Brunswick | |
|
| | | | | | | |
| 29. Princesa Tyra de Dinamarca |
|
| | | | |
| 7. Princesa Frederica de Hannover | |
|
| | | | | | | | | | |
| 30. Guillerme II, Emperador de Alemaña |
|
| | | | |
| 15. Princesa Vitoria Luísa de Prusia | |
|
| | | | | | | |
| 31. Princesa Augusta Vitoria de Schleswig-Holstein |
|
| | | | |
Notas
- ↑ Axencia Estatal Boletín Oficial do Estado (19 de xuño de 2014). "Ley Orgánica 3/2014, de 18 de junio, por la que se hace efectiva la abdicación de Su Majestad el Rey Don Juan Carlos I de Borbón". Boletín Oficial del Estado (148): 46396. ISSN 0212-033X.
- ↑ Royal Styles Spain. En heráldica.org
- ↑ Debido á gran cantidade de títulos asociados á Monarquía Hispánica, só se escribían os máis importantes, terminando a lista cun «etc.» Referíndose así a títulos secundarios e en desuso. Estes son:
Rei de Hungría, Dalmacia e Croacia
Duque de Limburgo, Lotaringia, Luxemburgo, Güeldres, Estiria, Carniola, Carintia e Württemberg
Landgrave de Alsacia
Príncipe de Suabia
Conde Palatino de Borgoña
Conde de Artois, Hainaut, Namur, Gorizia, Ferrete e Kyburgo
Marqués de Oristán e Gocíano
Margrave do Sacro Imperio Romano e Burgau
Señor de Salins, Malinas, a Marca Eslovena, Pordenone e Trípoli.
Véxase tamén
Outros artigos
|
|