Reino de Mallorca

Modelo:Xeografía políticaReino de Mallorca
Regne de Mallorca (ca)
Reino de Mallorca (es) Editar o valor en Wikidata

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata
CapitalPalma
Perpiñán Editar o valor en Wikidata
Poboación
Lingua oficiallatín vulgar Editar o valor en Wikidata
Relixióncatolicismo Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie49.922 km² Editar o valor en Wikidata
Datos históricos
Precedido por
Creación1229 Editar o valor en Wikidata
Disolución11 de xullo de 1715 Editar o valor en Wikidata
Sucedido porCaptaincy General of Mallorca (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Evento clave
Organización política
Forma de gobernomonarquía
monarquía constitucional Editar o valor en Wikidata

Mapa do reino na Coroa de Aragón.

O Reino de Mallorca foi un reino creado por Xaime I o Conquistador tras a súa conquista en 1231.

Historia

En 1262 morreu Afonso, o primoxénito do rei (quen ía herdar Aragón e Valencia). Entón, Xaime redactou un novo testamento polo que outorgaba Mallorca ao seu fillo Xaime. Esta disposición constitúe a orixe do Reino privativo de Mallorca, estruturado de forma definitiva no testamento de 1272. Así, cando Xaime I faleceu en 1276, a Coroa de Aragón quedou para o fillo máis vello, Pedro (coñecido como Pedro o Grande), e o reino de Mallorca para o seguinte, Xaime, que reinaría co nome de Xaime II.

O reino comprendía as illas Baleares: Mallorca, Menorca (aínda baixo o poder dun soberano musulmán aínda que tributaria desde 1231), Eivissa e Formentera. O rei era así mesmo señor dos condados do Rosellón e a Cerdaña e os territorios que o Conquistador conservaba en Occitania (o señorío de Montpellier, o vizcondado de Carlades, en Auvernia, e a baronía de Omelades, contigua a Montpellier). En virtude da posesión destes dominios continentais, os reis de Mallorca serían vasalos dos de Aragón.

A herdanza de Xaime era escasa e débil pero significativa: un enclave mediterráneo estratéxico e uns territorios entre dous grandes reinos, a Francia dos Capetos e a Coroa de Aragón, os cales estaban tamén en constante loita. Consciente da fraxilidade do reino de Mallorca, Xaime I proxectou a conquista de Sardeña para unila ao novo reino. Igualmente entrou en negociacións para concertar o matrimonio do seu fillo Xaime con Beatriz de Savoia, filla do conde Amadeo de Savoia. Ningún dos plans tivo éxito.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!